1 comments

SAMAÍN

 

O venres,  celebramos no cole o Samagostín unha mestura de Samaín e Magosto. Uns días antes, entre todas as clases, decoramos os corredores e as ventás. Aos de sexto tocoulles facer gatos negros, aos de segundo pantasmas pequeniñas, casiñas encantadas aos de cuarto e grandes pantasmas espirais aos de terceiro. 

E que nos tocou a nós? Pois ben a nos tocouns facer arrepiantes cabazas con tiras de papel. Así de ben as fixemos:

Este é o noso corredor principal:



E esta a entrada das aulas de quinto e sexto de primaria:




Algúns ata viñemos disfrazados:


FELIZ NOITE DE SAMAÍN!



0 comments

ONDE VIVEN OS MONSTRUOS?

O nenos de quinto, gravamos coas nosas voces o precioso conto: "ONDE VIVEN OS MONSTRUOS" ilustrado e escrito por Maurice Sendak e llo amosamos aos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.


Ollade que atentos estaban:


0 comments

NOVO PROXECTO: MACIÑEIRA DE CINE

Sabedes que? Hai uns días, cando entramos  na clase estaba a caixa do Mago Macín (a mascota da nosa biblio) encima da mesa de Santi. Santi, abriu a caixa e dentro dela...



Había unha nova carta de Macín. Na carta, Macín nos contaba que este ano o proxecto que imos levar a cabo todos os nenos e nenas do cole e ... "MACIÑEIRA DE CINE". Si, si, oíchedes ben, imos facer un proxecto sobre o cine.
Para empezar, e tendo en conta que nuns días ía celebrarse o día das Bibliotecas escolares, pediunos que nuns papeis con forma de película cinematográfica, puxeramos o nome da nosa peli favorita. Queredes saber cales puxemos? Ollade, ollade.


Cos títulos de todas as películas, adornamos as fiestras e os corredores do cole. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra:



1 comments

CESTOS PARA O MAGOSTO

 Estes días estivemos a facer uns cestiños con cartóns de leite para meter as castañas asadas que un ano máis nos proporcionará a ANPA. Por mor do COVID as celebracións serán en cada aula burbulla e non poderemos xuntarnos todos coma outros anos.




A que nos  quedaron chulísimos?

0 comments

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

Hoxe por fin visitamos as Fragas do Eume. Primeiro fixemos unha ruta circular polo río . Durante a mesma puidemos disfrutar da bonita paisaxe, da flora (os fentos xigantes e os máis pequenos, castiñeiros, carballos, ...) e tamén da fauna (o caracol de Quimper que ten a cuncha plana, unha pequena rá, eirugas, opilion - araña de patas longas-, ...).


Despois dun pequeno descanso para merendar, visitamos o que queda do Mosteiro de Caaveiro do século X.II, e grazas ao guía do mesmo e ao noso monitor Ángel, aprendemos moitas cousas sobre el.

Queredes ver algunhas fotos da saída?

0 comments

Programa D’tec – Proxecto escolar “Factoría de Novos Materiais”

 


A principios de mes, apuntámonos ao Programa D´tec - Proxecto escolar "Factoría de Novos materiais" dirixido ao alumnado de quinto e sexto de primaria e tivemos a gran sorte de ser un dos trinta colexios seleccionados de toda Galicia.
Este proxecto, como eles din, consiste na achega aos estudiantes dos novos materiais que existen na actualidade a través de actividades amenas e prácticas buscando despertar a curiosidade pola innovación e a investigación. Entre outros, os contidos que se traballan son:

- Conceptos básicos sobre os novos materiais e as súas propiedades. Vantaxes e inconvintes do seu uso.

- Detectives de materiais: experimentacion coa pintura máis negra do mundo, cinta adhesiva inspirada no animal Gecko, area hidrofóbica e hidroxeles.

- Investigación sobre os polímeros mediante a fabricación de pelotas saltarinas e obxectos con plástico termo moldeable.

- Creación de biomateriais experimentando coa fabricación de materiais orgánicos biodegradables utilizando leite.

Para poder acadar estes contidos e os obxectivos do programa, uns días despois recibimos no centro, un kit con todos os materiais necesarios para desenvolver as actividades anteriores. Estes son algúns dos materiais que recibimos:

0 comments

O ESPAZO

 En Ciencias Sociais estamos co tema do espazo. Para que nos quedara moi clariño, fixemos distintas actividades:

- Tarxetas dos planetas:


- Un mural do Sistema Solar no que non podían faltar os dous cintos de asteroides:


- Unha roda coas fases da Lúa:


- Unha maqueta para entender ben as eclipses:


- Este despregable que comparte no seu blog a Mademoiselle du Fle e que podedes descargar na súa páxina facendo clic na imaxe:


So que nós o pasamos ao galego para poder utilizalo:


- E este chaveiro que atopamos no blog Recursos de una PT-AL e que está dispoñible en cinco idiomas:

</

E ademais un montón de videos e actividades interactivas que temos no noso curso de CCSS de Moodle.

0 comments

CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de EP tivemos unha charla a cargo de Ángel Prieto que traballa para a asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta asociación tal e como eles anuncian na súa páxina, "promove a educación ambiental así como o intercambio científico e cultura, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido".

Ángel, a través dunha pequeña presentación, falounos de xeito sinxelo e ameno das características dun espazo natural protexido que temos preto de nós, "As fragas do Eume" e tamén dalgunhas medidas que podemos tomar nós para preservalo.









A vindeira semana veremos en vivo e en directo moitas das plantas e dos animais que nos amosou Ángel na presentación. Estamos desexando ir.

0 comments

SAÍMOS NO XORNAL!!!!

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2021/10/13/estudiando-belelle/00031634147903297640120.htm

0 comments

O RÍO BELELLE AO NATURAL

O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro.

Primeiro deunos unha charla sobre o ecosistema do río:




Ao finalizar, agasallounos cun exemplar da súa guía e non só iso senón que tamén nolo asinou a tod@s:


 Pero a cousa non quedou aí. A
 continuación levounos ao río onde nos convertimos en científicos por un día. 

Primeiro baixamos á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, collimos distintos invertebrados. Despois utilizamos estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.

Tamén dimos un pequeno paseo no que collimos follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificamos todas as follas e tamén as clasificamos. Lois contounos que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos:


PASÁMOLO FENOMENAL!