0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este mes,  recuperamos unha actividade que tiñamos olvidada por mor do COVID: O APADRIÑAMENTO LECTOR.

Así que hoxe, antes do recreo, aproveitando o bo tempo, fomos ao patio de infantil a lerlles uns bonitos contos aos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos.

Foi unha experiencia fantástica na que todos disfrutamos un montón. Ollade, ollade:












0 comments

DÍA DO LIBRO

 

Polo día do libro, todo o centro fixemos un mural no que colocamos por unha banda o último libro que limos e pola outra o que nos gustaría ler.

Estes son os últimos libros que limos. Non vos soan de algo?


E estes os que nos gustaría ler:



Así os pegamos no mural:






0 comments

MACÍN E O DÍA DO LIBRO


Xa había moitos días que non tíñamos noticias de Macín. Pois ven, o outro día cando entramos na clase, vimos a caixa de Macín. Esta vez, encima da mesa de Manuel.
Cando Manuel abriu a caixa, viu como non unha carta do noso mago favorito e tamén unhas tiras de cores. Na carta, Macín nos dicía que como o día do libro estaba moi preto, quería que cada un de nós collese dúas tiras e nelas escribise o nome do último libro que leu e na outra, o título ou a colección do próximo libro que nos gustaría ler para así poder facer un bonito mural.
Así que puxémonos a obra e como ademais facía moi bo tempo, que mellor que aproveitar as mesas que temos fóra no patio para facelo, non si?




0 comments

TRANVÍAS FERROL-NEDA

Este xoves, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, baixamos andando á Casa das Palmeiras, para ver a exposición de debuxos a color de Xulio Ferrín sobre a liña de tranvía Ferrol-Neda. A exposición consta de 26 láminas que ilustran a historia deste medio de transporte entre o ano 1924, cando botou a andar a primeira liña e 1961 data da súa derradeira viaxe.
Gustounos moitísimo!

0 comments

NOVA PLANTACIÓN

 Hoxe voltamos ao horto. No bancal e medio que temos agora, coa axuda de Jorge, plantamos leitugas, fresas, cenorias, ...







A ver que tal se nos da esta nova colleita!!!!!


0 comments

RECOLLIDA DA COLLEITA

 Antes das vacacións de Semana Santa, tivemos que levantar todos os bancais do invernadoiro para botarlle boa terra e arar un pouquiño.

Así estaba a nosa plantación:









E así levamos para casa todo o que poidemos: