Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO QUIXOTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO QUIXOTE. Amosar todas as publicacións
0 comments

A SOLIDARIEDADE EN DON QUIXOTE


No noso libro de lingua castelá, ven  unha lectura sobre Don Quixote e Sancho Panza que se titula  "Un leal escudero" que é un fragmento do Capítulo X da Primeira Parte do Quixote..

Comezamos léndoa entre todos en voz alta e unha vez que rematamos aproveitamos para falar da SOLIDARIEDADE,  do importante que é axudar aos demais sen esperar nada a cambio e  pedir axuda cando a necesitemos. Falamos das cousas que podiamos facer nós para ser solidarios como consolar aos nosos amig@s e compañeir@s cando están tristes ou se fan dano, donar os nosos xoguetes de cando eramos máis pequenos e a roupa que xa non nos serve as persoas necesitadas, deixando o asento do autobús ás persoas maiores, axudando nas tarefas de casa,... Tamén de se algunha vez alguén precisou a nosa axuda e de como fixemos para axudar.

A continuación comentamos a lectura. Describimos brevemente a Don Quixote (alto, delgado, loiro) e a Sancho Panza (baixo, gordo e moreno), falamos dos amigos que eran os dous e de que por iso se axudaban en todas as situacións ás que se enfrontaban a pesar de que ás veces os resultados non eran os esperados e tamén de que ainda que tivesen puntos de vista diferentes, isto non constituía un obstáculo para a lealtade mutua e a amizade. Buscamos  información sobre outros episodíos do Quixote onde un dos personaxes axudaba ao outro e descubrimos que isto sucedía en case todos.

Aproveitamos a lectura para facer distintas actividades entre elas aprender a RESUMIR. Así que fixemos un pequeno resumo do que acabábamos de ler e o ilustramos cun debuxo alusivo:

2 comments

DON QUIXOTE NA NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH


Continuando co noso proxecto do Quixote e tamén co de Van Gogh, mesturamos os dous proxectos facendo a nosa cuarta obra de arte: " NOITE ESTRELADA E DON QUIXOTE":










Asi de ben traballamos:


0 comments

REFRANEIRO NO QUIXOTE

Como xa vos contamos nunha entrada anterior, este ano participamos no proxecto colaborativo EL QUIJOTE Y LAS TICS así que na clase montamos un recuncho para poñer nel todos os materiais que temos sobre o mesmo. Comezamos cunha estantería do Quixote que a profe conseguiu dunha amiga súa que ten unha librería. Alí  puxemos un libro que temos da biblioteca: "Mi primer Larousse del Quijote" así como dous cómics, un libro redondo de adiviñas con forma de Sancho Panza e tamén un xogo de memoria cos personaxes do libro. Todavía fáltanos por colocar dous libros que trouxo Sergio da 1ª e 2ª parte do Quixote e tamén un póster que nos trouxo Manuel.

O día do libro, na clase, ademais do programa de radio, estivemos "lendo" entre todos o larousse do Quixote. Falamos dos personaxes que aparecían no libro e descubrimos que a Sancho Panza lle gustaban moitísimo os ditos e os refráns.

Así que seleccionamos uns cuantos refráns , anotamos que personaxe o dicía e averiguamos en que capítulo saía. A continuación, repartímonos os personaxes e cada un anotou os refráns nunha folla xunto co autor e o capítulo. E ademais, cada un de nós debuxou ao seu personaxe.

Xa só nos faltaba poñerlle unha portada, e cando así o fixemos, con todas as nosas follas elaboramos o noso ... LIBRO DE DICHOS Y REFRANES EN EL QUIJOTE. 

Aquí volo deixamos para que vexades que ben nos quedou.Que vos parece?


Presentación feita con flipsnack