Amosando publicacións coa etiqueta HALLOWEEN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HALLOWEEN. Amosar todas as publicacións
0 comments

PRACTICAMOS RECTAS PARALELAS

Na clase de plástica estivemos practicando a facer rectas paralelas coa regra e tamén a man alzada. E como estamos de cheo no Samaín, que mellor que con estes debuxos que atopamos en The keeper of the cheerios:





2 comments

MORCEGOS DE ORIGAMI


O vindeiro 31 de outubro, celebraremos no cole a festa do Samaín ou Halloween para os ingleses. Como este ano decidiuse que todas as clases decoraran as súas portas, na clase de Plástica , comezamos facendo estes sinxelos morcegos utilizando a técnica do origami.

A que nos quedaron ben xeitosiños?

Queredes sabes como os fixemos? Aquí vos deixamos o titorial que seguimos para facelos:

0 comments

CELEBRANDO O SAMÁIN


Como o xoves 29 os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ían de excursión toda a mañá e o venres 30 non tiñamos clase porque a Xunta declarouno Día do Ensino, tivemos que adiantar a festa do SAMAÍN para o mércores 28.

Ao igual que o ano pasado, contamos coa colaboración da ANPA para a realización dalgunhas das  actividades como o Túnel do Terror e o Taller de Maquillaxe.

A media mañá, comezamos a celebración. Organizamos seis talleres distintos de 20 minutos de duración, polos que tiñan que pasar todas as clases.

A nós tocounos empezar pola BIBLIOTECA. Alí, cos nosos compañeiros de quinto, as luces apagadas e as persianas baixadas vimos un curto que nos puxo os pelos de punta: A MEIGA CHUCHONA. O resto das clases viron curtos máis axeitados á súa idade como A BRUXA REGAÑADENTES, FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS, SHREK CONTA HISTORIAS DE MEDO, ... Aquí vos deixamos a que vimos nós:



A continuación, fomos á AULA DE INGLÉS e aos corredores do lado para disfrutar dos xogos que nos tiña preparada a profe de inglés, Uxía : O popular xogo do vexo vexo con personaxes de medo (claro que era en inglés, I spy with my little eye ....), un xogo cunha grilanda con cabazas, pantasmas, ataúdes,... e tamén un labirinto. Pasámolo fenomenal.


O noso terceiro obradoiro foi .... O TÚNEL DO TERROR, organizado polas nais e pais no patio cuberto. Que medo pasamos alí dentro a escuras!!!!!!!!!


E despois de tan terrorífica experiencia, fomos á aula de Relixión onde nos agardaba ... UN TALLER DE MAQUILLAXE onde aprendimos a facer HORRIPILANTES CICATRICES.

Para descansar un pouquiño de tan terroríficas actividades, no XIMNASIO poidemos disfrutar de dous divertidos xogos; un xogo de bolos con forma de pantasmas e un xogo para construir unha cabaza coa axuda dun compañeiro. Que divertido!


E xa para rematar unha mañá tan completiña, na AULA DE INFORMÁTICA poidemos disfrutar de distintos xogos de Halloween e de Samaín, tanto nos ordenadores como na pizarra dixital.


QUE BEN O PASAMOS NA FESTA!!!!!!

0 comments

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, fomos levando ao cole,  cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición. Ollade que bonitas quedaron todas:





Hai que ver canta creatividade !!!!!!

Foi moi difícil elexir as  tres cabazas gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación por parte dos mestres e mestras, as tres cabazas gañadoras foron:

  1º  CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
  2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria
 3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.


NORABOA ÁS TRES !

Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e  as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:


GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!

0 comments

FELIZ SAMÁIN ou HALLOWEEN!!!!!!

7 comments

ESCRIBIMOS UNHA HISTORIA DE MEDO?

Esta é a nosa primeira aportación deste curso, para o proxecto "PALABRAS AZULES"

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Para celebrar a festa do Samaín, na clase de Lingua Castelá, escribimos unhas historias de medo.

PREPARACIÓN:

Empezar a escribir nunha folla en branco non é tarea sinxela, por iso, para axudarnos a profe preparou catro dados:

- COMEZOS: Nunha noite escura ía camiñando... , Sempre evitaba pasar por ... , Era unha noite de tormenta.Chovía..., Hai moito tempo .... , Contan os que lo viron que ... e Sempre me preguntei porque...

- PERSONAXES: unha momia, un monstruo, un científico loco, un ancián, unha meiga e unha pantasma.

- ESPAZOS: un bosque, un castelo en ruinas, un cemiterio, un barco pantasma, unha cova e unha casa abandoada.

- OBSTÁCULOS: O personaxe principal escoita un son estraño, o personaxe principal está eprdido e só, o personaje principal ten que salvar a alguén, o personaxe principal é atrapado, o personaxe principal é perseguido, o personaxe principal está abandoado.


DESENVOLVEMENTO:

1º) Por turnos, cada un de nos, foi tirando os dados e anotando nunha folla os resultados:


2º) A continuación fixemos un borrador da nosa historia. Cando estivemos contentos co resultado, escribímolas nunha das plantillas que xa estaban preparadas.

3º) Para finalizar, leímolas en voz alta. A profe gravounos coa gravadora dixital e editou os sons con Audacity, escaneou as nosas historias e subiunas a Calameo en forma de libro.

Aquí podedes ler e escoitar as nosas historias. Para poñelos a pantalla completa hai que clicar no símbolo de arriba á dereita e para escoitalas no icono de son que aparece en cada páxina:



E estes son os dados e plantillas que utilizamos: