Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO PEÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO PEÓN. Amosar todas as publicacións
0 comments

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS NO CAMIÑO

Os nenos e nenas de sexto, fomos hoxe á clase de EI 4 anos para ver unha exposición de buxainas. Eran todas moi bonitas e  moi orixinais:

Pero non só as vimos, tamén puidemos probalas:




Moitísimas grazas a todos os nenos e nenas de 4 anos por deixarnos ir a ver a súa exposición.

1 comments

DÍA DO PEÓN


Hoxe celebramos o día do Peón no cole. Ao longo da semana, nas clases estivemos a decorar uns peóns pequeninos para montar o peón grande que decora a porta do centro e ademais uns peóns de madeira utilizando rotuladores:

PEÓNS DE SEXTO

PEÓNS DE QUINTO

E hoxe pola mañá, fomos por grupos ao patio cuberto  A nós tocounos ir cuarto, quinto e sexto no mesmo grupo. Alí estaban algunhas nais e pais que nos ensinaron como poñer a corda, como agarralo e por suposto como bailalo. A algúns saiunos á primeira, outr@s bailáronos de cú e tamén houbo quen non foi capaz de bailalo pero ... sabedes que? Foi divertidísimo!!!!



4 comments

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


Como xa vos contamos nunha entrada anterior na que vos amosabamos os nosos cestiños, o día 13 deste mes celebramos  a festa do Magosto. Gracias a ANPA, poidemos disfrutar non só de riquísimas castañas asadas polo profe Antonio, senón tamén de boísimos bocadillos de chourizo con delicioso pan de Neda.

Aquí vos deixamos algunhas das fotos da xornada:


E tamén celebramos o día do Peón. Todos os nenos e nenas que quixeron, trouxeron da súa casa un peón para bailar ese día: