Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIÓNS. Amosar todas as publicacións
0 comments

VISITAMOS SOGAMA

 


Hoxe visitamos SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) en Cerceda. Esta visita permitiunos coñecer de primeira man a planta de tratamento de residuos máis importante de Galicia.

Alí tivemos unha charla informativa e formativa na aula educativa a través dunha presentación sobre as instalacións e a súa funcionalidade, vimos un video inmersivo das instalacións 360º cunhas lentes de realidade virtual, aprendimos a clasificar distintos residuos e fixemos un percorrido en bus polas instalacións realizando un repaso da funcionalidade de cada instalación. 

0 comments

IMOS DE EXCURSIÓN

 Hoxe fomos de excursión á Coruña. Primeiro visitamos a Casa das Ciencias. Comezamos vendo a película "Polaris" coa que aprendimos o misterio das noites polares. Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:

E despois de andar todas as salas investigando todo o que por alí había, marchámonos para o Domus, o primeiro museo interactivo do mundo adicado integramente ao ser humano.

Alí vimos outra película, esta vez relacionada co futuro do planeta Terra e nos divertimos coas diferentes actividades: realizar debuxos seguindo as instrucións dun compañeiro/a, xogar a un xogo que mide a actividade cerebral, probar o reflexos, saber cal é a velocidade do noso penalti, ...

Podes premer na imaxe para ver algunhas das fotos da xornada.



0 comments

DE EXCURSIÓN POLA COSTA DE DEXO

Hoxe fixemos unha visita guiada pola Reserva da Biosfera das mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, concretamente polo Monumento Natural da Costa de Dexo.

Tivemos moi mala sorte porque nos choveu todo o tempo, por iso a saída foi máis curta do esperado e quedáronnos moitas cousas por ver.



Tamén vimos a Illa da Marola, onde aniña o paxaro mariño máis pequeno, o paíño do mal tempo, un paxaro de apenas 28 gramos que vive na auga e no aire xa que só pousa na terra para aniñar ou para refuxiarse cando hai fortes temporais.


A que se vos parece esta illa?

0 comments

VISITAMOS SOGAMA

 Hoxe visitamos SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) un lugar no que se coida o medio ambiente a través da xestión sostible dos residuos municipais.

0 comments

DOMUS E CASA DAS CIENCIAS

Onte fomos de excursión a A Coruña. Primeiro visitamos a Domus. Alí fixemos un obradoiro chamado "Bocados" sobre hábitos alimenticios no que coñecimos diferentes cereais tanto a súa planta a  través de imaxes como a súa semente:

Fixemos un Kahoot con eles:


Practicamos papiroflexia en forma de frutas: bananas, sandías, plátanos ou mazás:


E por último fixemos falso caviar facendo esferificacións.


A continuación paseamos por todas as salas onde poidemos contemplar un parto real, relaxarnos para gañar nun xogo que mide a actividade cerebral, realizar debuxos seguindo instruccións verbais, medir a velocidade dun tiro de penalti, probar os reflexos e a axilidade, coñecer os nosos orixes, afinar a puntería cuns bisontes de Altamira e moitísimas actividades máis.

Despois de comer no Parque de Santa Margarida, visitamos a Casa das Ciencias.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:


Foi un día moi entretido e interesante.

0 comments

ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL POLA COSTA DE DEXO

 


Hoxe fixemos unha ruta guiada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo concretamente pola Costa de Dexo da man unha vez máis da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)..

Durante o percorrido, aprendimos a importancia e o valor natural e social deste espazo. Entre outras moitas cousas,  vimos a Illa de A Marola que é un importante refuxio para algunhas aves como o Paíño do mal tempo unha das aves mariñas máis pequenas que existen.  A nós , a illa se nos parece a unha muller acostada, a unha tartaruga, á metade dunha cenoria,... E a vós? A que se vos parece?

 As Furnas que son unhas cavidades mariñas  formadas pola acción do mar:



 E a Punta do Seixo Branco que debe o seu nome a unha gran veta de cuarzo branco que serpentea o cantil hacia o mar :


Aquí vos deixamos todas as fotos:

0 comments

COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

 Dentro do programa Coñece as túas institucións, hoxe fomos a Santiago. Primeiro visitamos o Parlamento 

y a continuación a Xunta de Galicia.

Ademais,  aproveitamos para facer unha visita  por toda a cidade subidos no tren turístico. Pasámolo fenomenal a pesar de que a última hora o tempo non nos acompañou moito.




E por si queredes ver máis fotos da excursión ...

0 comments

CHARLA: ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS

Ángel  da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) veu hoxe ao colexio a darnos unha charla aos nenos de  quinto e sexto de primaria.

Durante preto dunha hora, a través dunha breve presentación e dun xeito moi ameno,  falounos de dous espazos naturais protexidos da provincia de A Coruña como son a Costa de Dexo e a Illa e o Castelo de Santa Cruz. 

Aprendimos o importante que é protexelos, a gran riqueza que posúen, os problemas ambientais que sofren e que podemos facer nós para preservalos.

A semana que vén iremos á Illa e ao Castelo de Santa Cruz para ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos hoxe.


0 comments

EXCURSIÓN Á CAPELA

 O venres, os nenos e nenas de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria, fomos de excursión A Capela.

Primeiro visitamos o Museo Etnográfico e vimos como era unha casa antiga e as cousas ás que se adicaban os nosos avós e  bisavós.

E despois o Muíño do Pouso.


 Incluso puidemos ver como se moía o millo! 

Podedes ver todas as fotos da xornada na galería da páxina web do cole ou premendo no enlace de abaixo:

0 comments

EXCURSIÓN A MADRID

 

A semana pasada, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, acompañados do profe Felipe e da profe Mónica, en lugar da profe Ana que non poido ir porque colleu o COVID, fomos de excursión de final de curso  a Madrid.

Foron catro días fantásticos no que disfrutamos de actividades de arborismo no Guadarrama, o musical O Rei Leon, o Parque Europa, por suposto a Warner e unha estupenda visita por Segovia.

Están todas as fotos da viaxe na galería da páxina web do  cole e tamén podedes premendo na imaxe de abaixo:

0 comments

EXCURSIÓN AO ROQ PARK DE VIVEIRO

 


Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos de excursión ao Roq Park de Viveiro.

Pasámolo fenomenal facendo arborismo e disfrutando dos karts. Foi, sen dúbida, un gran día.

Podedes ver as fotos na galería da páxina web do cole ou clicando na ligazón de abaixo:

0 comments

BRINQUEDOS NA CAPELA


Hoxe fomos de excursión ao colexio de A Capela para ver o seu museo de xoguetes tradicionais e xogar a distintos xogos populares.

Primeiro fixemos uns xoguiños de quecemento cos nosos anfitrións de terceiro e cuarto de educación primaria para romper o xeo como a cadea ou caldeiro (o xogo do stop). A continuación, dividímonos en seis grupos e fomos rotando polos distintos xogos:

- Tres en raia:


- A rá:
- Os zancos:
- O peón:
- Os aros:
- As lombas:

Pasámolo fenomenal!!!!!!!

1 comments

VISITA AO ARSENAL DE FERROL: BAUTISMO DE MAR

O pasado martes, todos os profes e alumnos do centro fomos de visita ao Arsenal de Ferrol onde ademais de visitar unha fragata por dentro (a F105: "Cristobal Colón") fixemos o noso Bautismo de Mar a bordo dun remolcador o Y126.
Nada máis chegar ao Arsenal, dividímonos en dous grupos: Infantil e Primeiro Ciclo por unha banda e Segundo e Terceiro Ciclo pola outra.
 Nós comezamos co Baustismo de Mar, así que unha vez equipados cos chalecos salvavidas reglamentarios, fixemos un precioso percorrido ata a entrada da Ría de Ferrol:



E despois de tan bonita viaxe, tocounos o turno de visitar a fragata por dentro:





Pasámolo moi ben e cando chegamos a clase, a profe quitounos unha foto cos  diplomas que acreditan o noso BAUTISMO DE MAR:


0 comments

EXCURSIÓN A MARCELLE E AVIFAUNA

O martes pasado fomos cos nosos compañeiros de sexto,  todo o día de excursión. Pola mañá, visitamos AVIFAUNA, o único parque zoolóxico ornitolóxico situado en Outeiro de Rei (Lugo) no que poidemos disfrutar da visión de 600 aves dos cinco continentes : cisnes negros e brancos, bufos, a pita do monte (especie en perigo de extinción), flamencos, avestruces, emús, gansos, pavos reais, o casuario común que non chamou moitísimo a atención, o faisán Viellot que parecía que levaba unha máscara e moitísimos máis.






E ao mediodía e pola tarde, visitamos o parque zoolóxico de MARCELLE tamén en Outeiro de Rei, onde ademais de ver animais como cebras, búfalos, osos, lobos,... practicamos o tiro ao arco.


Primeiro identificámonos cunha pegatina e comimos todos xuntos á sombriña:


A continuación fomos co noso monitor J.J. a ver os animais:




QUE BEN O PASAMOS!!!!!