0 comments

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 Hoxe celebramos o día da Paz. En relixión e valores estivemos vendo a Película: "Cadena de Favores":

Na clase estivemos a facer a nosa propia cadea de favores (idea orixinal do blogue Una pizca de Educación)






E todos xuntos na pista, bailamos a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Morat e Álvaro Soler:

0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR EN 1º DE PRIMARIA

 Hoxe tocounos ir a lerlles aos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria.

Foi unha gran experiencia ler para eles. Pasámolo moi ben tod@s xunt@s.




0 comments

BANDEIRA DA UNIÓN EUROPEA: REALIDADE AUMENTADA CON QUIVER

 En Ciencias Sociais estamos aprendendo moitísimas cousas sobre a Unión Europea como a súa historia, os países que a integran, os seus símbolos, ... 

Lembramos que a súa bandeira ten o fondo de cor azul e doce estrelas douradas en círculo que representan a unidade, a solidariedade e a harmonía.

Gustounos tanto que nos puxemos a debuxala nunha plantilla que atopamos en Quivervisión. A continuación capturámola coa tablet utilizando a seguinte aplicación:


e por arte de maxia, as nosas bandeiras non só apareceron en Realidade Aumentada senón que tamén se movían co vento.

0 comments

ELECTROIMÁNS

 


Hoxe Mencía, trouxo a clase un electroimán que fixo co seu tío e amosóunolo a todos.

Observamos como cando o cable está conectado á pila,  a barra de ferro actúa como un imán pero cando o cable está desconectado ao rato deixa de actuar como un imán.



0 comments

NOVAS DE MACÍN

 


Hai uns días, cando chegamos a clase, atopamos de novo a caixa de Macín.

Esta vez a encargada de abrila foi Mencía. Dentro da caixa tan só había unha carta e un papel moi raro.

Na carta, Macín decíanos que como o 23 de febreiro se celebra o día de Rosalía,  para commemoralo, cada clase debe inventar un poema e escribilo nun papel especial feito con sementes que plantaremos despois todos xuntos.

Así que temos que poñernos mans á obra

0 comments

FELIZ DÍA DE REIS