Amosando publicacións coa etiqueta GRADUACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GRADUACIÓN. Amosar todas as publicacións
0 comments

ATA PRONTO, CHIC@S!

O 10 de xuño celebramos a nosa cerimonia de graduación. Íamos coa barriga chea de nervios e cunha mestura fermosa de alegría e tristura. Uns días antes redactamos cada un, unha carta de agradecemento para o profesorado que nos acompañou desde Infantil ata Primaria. Ao lela, caéronnos máis ca unha bágoa pola emoción… tamén á profe, que estaba tan nerviosa coma nós.

A profe preparounos unha presentación moi agarimosa, cunha foto actual e outra de cando eramos pequenos/as. ¡Que barbaridade o que medramos! Ao remate, entregounos a orla e o diploma que acreditan o noso paso polo cole. Foi unha cerimonia moi emocionante!


Si que foi unha cerimonia moi emocionante, rapaces e rapazas. Na nova etapa que comezades, seguide sendo curiosos, valentes e boa xente. Non vos rindades aínda que sexa difícil. O cole seguirá sendo a vosa casa: cando queirades, volvede a contarnos como vos vai. Unha gran aperta.



0 comments

GRADUACIÓN

 Hoxe tivemos unha mañá moi emotiva xa que nos graduamos xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Infantil. Nela non faltaron os aplausos  cando entramos no patio cuberto,  a entrega da orla e dun diploma, a lectura das cartas de despedida que fixemos e por suposto moitas fotos para o recordo.


Botarémolos moito de menos  pero estamos seguros de que lles irá moi ben nesa nova etapa que comezan.

0 comments

DESPEDIDA


Con moita pena pola separación pero tamén con moita ledicia polo futuro brillante que lles espera , teño que despedir á miña promoción destes dous últimos anos, uns anos marcados pola COVID que ainda que nos permitiu facer esa marabillosa excursión de final de curso que esperabamos con tanta ilusión polo menos si nos deixou celebrar a cerimonia de Graduación (iso si con limitación de aforo).

Desde aquí quero desexarvos a todas e a todos, o mellor nesa nova etapa que comezades. Perseguide os vosos sonos e loitade por eles, veredes como máis tarde ou máis axiña, estes faranse realidade.

Sabedes que aquí estou para todo o que necesitedes e lembrade que temos unha cita pendente. Encontrarémonos de novo en xuño do 2027 para abrir a CÁPSULA DO TEMPO e ler a cartas que escribimos os últimos días de clase.

UNHA GRAN APERTA

0 comments

GRADUACIÓN E DESPEDIDA


O 5 de xuño fixemos a cerimonia de Graduación. Estabamos todos moi nerviosos e alegres e tristes á vez. Uns días antes entre todos escribimos unha carta de agradecemento para todos os mestres e mestras que tivemos durante estes anos tanto en infantil como en primaria.Mentras a líamos a algúns caeunos máis dunha mágoa pola emoción incluída a profe que estaba tan ou máis nerviosa ca nós. 


A profe púxonos unha bonita presentación cunha foto actual e outra de cando eramos pequenos. Hai que ver como medramos!!!!!! E deunos unha orla e un diploma acreditativo do noso paso polo cole:


Foi unha cerimonia moi emocionante. E con moita mágoa témosvos que dicir ... ATA PRONTO, NON NOS OLVIDEDES!!!!


Por suposto que non vos olvidaremos e os botaremos moito de menos,  eu a primeira. Grazas por estes tres anos nos que compartimos tantísimas aventuras. Deséxovos moi boa sorte nesta nova etapa que comezades e que sempre teñades esas gañas de aprender e boa disposición que sempre me amosáchedes.
 Seguide así rapaces e rapazas e vos irá moi ben.

Unha grandísima aperta!!!!!!