Amosando publicacións coa etiqueta DEREITOS DA INFANCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEREITOS DA INFANCIA. Amosar todas as publicacións
0 comments

OS NOSOS DEREITOS

 


Mañá celébrase o día dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. Na clase estivemos a falar do tema. Falamos non só dos dereitos senón tamén dos deberes que todos os nenos e nenas deben cumprir.

A continuación, de entre todos os dereitos, eleximos seis deles para representalos. Estes son os que eleximos cada un:

- DAVID: Dereito a ter un fogar


- QUIQUE : Dereito a ter unha familia


- SANTI: Dereito a xogar


- MANU: Dereito a ter un nome e unha nacionalidade


- KEVIN: Dereito a non ser explotado


-  ANXO: Dereito á protección contra o abandono


E finalmente, con todos estes dereitos fixemos "A casa dos nosos dereitos" na que colocamos detrás de cada fiestra e porta os dereitos que debuxamos:


QUE VOS PARECE?

0 comments

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NEN@S


Como a maioría xa sabedes, todos os anos, o 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@. Como nos din en UNICEF, "é un día para chamar a atención sobre a situación dos nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os dereitos da infancia lembrándoos que todos os nen@s teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran".

Na clase, estivemos vendo cales eran eses dereitos e entre todos montamos un gran libro acordeón no que reflexamos algúns deles. Sheila encargouse do Dereito a ter un fogar, Carmen do Dereito a ter unha familia, Aitana do Dereito a xogar, Yago do Dereito a vivir en paz, Adrián do Dereito a que nos queiran e nos protexan, Paz do Dereito á saúde, Alba do Dereito a ter un nome, Ainoa e Miguel do Dereito á educación e Enma do Dereito a expresarnos libremente.

Nestas fotos podedes velo máis polo miúdo:

A portada:


E as páxinas de dúas en dúas:




Esperamos que vos guste tanto como a nós.


5 comments

COÑECES OS TEUS DEREITOS?




Como mañá celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, ao longo desta semana estivemos a traballar os nosos dereitos.

Sabedes cales son? Ollade este video:


Nós, repártimosnos dez dos dereitos que cada neno e nena deberían ter e os ilustramos. Mirade que ben o fixemos:






Agora estas fotos están no corredor do noso cole xunto aos demais traballos dos outros nenos e nenas do cole.

2 comments

OS NOSOS DEREITOS


Mañá 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@ por iso ao longo desta semana e da próxima falaremos de cales son os dereitos e deberes de todos os nenos e nenas. E que mellor xeito de empezar que aprendendo algúns dos nosos dereitos: