FELIZ SAMAÍN

31 outubro 2020

 

Fonte da imaxe

Onte no centro celebramos a festa do SAMAGOSTÍN pero por mor do Coronavirus non foi unha celebración coma sempre.

No lugar de xuntarnos todos, celebramos a festa cada un na súa clase. Nós comezamos a mañá vendo a película de "Pesadillas", unha película de medo para nenos e nenas de máis de 7 anos. Aquí vos deixamos o trailer da película:


Continuamos facendo unha manualidade dunha meiga. Ollade que bonitiñas nos quedamos:


Se queredes facelas, nós seguimos o titorial que atopamos en KIDEAREA. O único que cambiamos é que en lugar de utilizar papel de seda utilizamos lá grosa de cores.

E para rematar fixemos unha terrorífica merenda cada un no seu sitio claro está. Para que veixades que medo dábamos todos quitamos esta foto diante das CATRINAS que decoramos estes días.


Fixáchesvos nos pompóns? 

Tamén os fixemos nós con papel de seda seguindo estas instruccións. 

A que nos quedaron bastante ben?

MOI FELIZ NOITE DE SAMAÍN PARA TODOS E TODAS!!!!!


REPASAMOS CCNN CON GOCONQR

29 outubro 2020

Para repasar o primeiro tema de CCNN volvimos a utilizar estas fichiñas que  fixemos con GOCONQR: Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 outubro 2020

Polo día das bibliotecas escolares os nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria fixemos este video cunha visita virtual pola biblio xa que por mor da situación actual non puidemos facela en directo: 

Tamén fixemos un mural cos nosos libros favoritos. Nel cada un describiu ao personaxe que máis lle gustou do libro. Ollade que bonito quedou:

Se queredes ver os murais que fixeron nas outras clases non dubidedes en visitar o blog da biblioteca:

BIBLIOMACI

REPASAMOS LINGUA CASTELÁ

07 outubro 2020

 


Para repasar o tema 1 de Lingua Castelá fixemos un concurso no que tiñamos que pasar unha primera ronda, unha segunda, unha terceira e por último a ronda final.

O concurso fixémolo con Power Point seguindo este videotitoral de PREGUNTAS  do profe Víctor o cal modificamos ao noso gusto por exemplo engadindo un cronómetro personalizado que fixemos seguindo estoutro videotitorial CRONÓMETRO de Soporte TI CCNA.

Facendo clic na imaxe superior ou no enlace de abaixo podedes acceder ao recurso.

https://docs.google.com/presentation/d/17VOi9XD3WaeTjxS0tvCN50efKLin8A25JyEkA5q_Rjs/edit?usp=sharing

 Esperamos que vos resulte útil.

REMATA O DEBUXO

05 outubro 2020

Ollade que debuxos máis creativos fixemos a partir desta lámina:




E destoutra:






GÚSTANVOS?

ACENTUACIÓN DE PALABRAS

01 outubro 2020

Despois de ver unha entrada no blogue La mademoiselle du FLE na que repasaba acentuación utilizando unha ruleta de Ikea e imaxes de palabras, ocurríusenos facer a mesma actividade cambiando a ruleta de Ikea por unha ruleta que preparamos online coa App Sorteos:

https://app-sorteos.com/wheel/E2GGG
 
Por turnos, cada neno/a fixo xirar a ruleta, descubriu a palabra que lle tocaba, escribiuna co seu rotulador (por isto no coronavirus) na pizarra , rodeou a sílaba tónica e clasificouna en agudas, graves e esdrúxulas.