VOLTAMOS AO HORTO
Unha vez máis, visitounos Pablo para seguir a poñer en marcha o horto escolar.
Repartidos en grupos, fixemos as seguintes tarefas:
- Preparar os aspersores, para facilitar o rego dos nosos bancais:
Unha vez máis, visitounos Pablo para seguir a poñer en marcha o horto escolar.
Repartidos en grupos, fixemos as seguintes tarefas:
- Preparar os aspersores, para facilitar o rego dos nosos bancais:
Etiquetas CURSO 2025/26, HORTA ESCOLAR
Hoxe voltamos ao horto, esta vez tocounos cos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria. A orde do día era preparar os nosos bancais. Algúns, quitamos as malas herbas e as botamos no corredor central, outros as levamos ata o composteiro e o resto encargámonos de regar.
Etiquetas CURSO 2025/26, HORTA ESCOLAR, PERMACULTURA
O venres pasado, recibimos no cole a visita de Pablo Iglesias, un experto en cultivos ecosostibles que xa nos acompañou o curso anterior, para axudarnos a poñer en condicións o noso invernadoiro para este novo curso. E sabedes que? Hoxe, tocounos compartir o tempo de horto cos nosos compañeir@s de ciclo.
Durante preto dunha hora, recollimos follas e paus para poñer arredor do invernadoiro pola parte exterior para facer casiñas para os insectos de xeito natural, arrincamos malas herbas e tamén tivemos tempo para sementar.
Traballamos un montón!
Etiquetas CURSO 2025/26, HORTA ESCOLAR, PERMACULTURA
A partir de agora, todos os meses, contaremos coa visita de Pablo Iglesias, un experto en cultivos ecosostibles para ensinarnos como traballar o noso horto escolar.
A nós, tocounos cos nenos e nenas de 5 anos. Todos xuntos recollimos e espallamos follas nos pasillos do invernadoiro. Despois, quitámoslles as malas herbas aos nosos bancais e plantamos unhas cebolas pequenas.
Etiquetas CURSO 2024/25, HORTA ESCOLAR, PERMACULTURA
Pouco a pouco a nosa colleita comeza a medraR. Hoxe puidemos recoller o primeiro brócoli:
Etiquetas CURSO 2022/23, HORTA ESCOLAR
Agora que o noso horto xa está limpo de maleza, primeiro fomos a preparar os nosos bancais:
E uns días despois fomos a plantar:Etiquetas CURSO 2022/23, HORTA ESCOLAR
O venres pasado retomamos o horto escolar. Así estaba cando abrimos as portas do invernadoiro:
Etiquetas CURSO 2022/23, HORTA ESCOLAR
Hoxe voltamos ao horto. No bancal e medio que temos agora, coa axuda de Jorge, plantamos leitugas, fresas, cenorias, ...
Etiquetas CURSO 2021/22, HORTA ESCOLAR
Agora que xa temos os bancais listos é o turno de plantar. Así que nin curtos nin preguiceiros, hoxe fomos ao invernadoiro a plantar repolo e coliflor. Ollade que ben o facemos!
Etiquetas CURSO 2021/22, HORTA ESCOLAR, PLANTACIÓN
Etiquetas CURSO 2021/22, HORTA ESCOLAR
| 0 | ||||||||||||||||||||
|
