Encendidas:
FELIZ NADAL!!!!
22 decembro 2019
Encendidas:
Publicado por
Ana Martínez
en
18:13
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2019/20, NADAL
FESTIVAL DE NADAL
20 decembro 2019
Hoxe celebramos no cole, o tradicional Festival de Nadal. Nós actuamos cos nosos compañeiros e compañeiras de sexto coa obra: "Navidad en la casa de los tres cerditos".
Deixámosvos a obra para que vexades que ben o fixemos:
Publicado por
Ana Martínez
en
16:30
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2019/20, NADAL
MANUALIDADES DE NADAL
19 decembro 2019
Queremos amosaros as manualidades de Nadal que fixemos para axudar a adornar o centro e para vender no II Mercadillo de Nadal de Maciñeira. Esperamos que vos gusten:
Publicado por
Ana Martínez
en
19:30
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2019/20, MANUALIDADES, NADAL
PLAN PROXECTA: XOGADE
18 decembro 2019
Hoxe fomos ao polideportivo de "Campo da Serra" en Narón para xogar ao Cólpbol xunto con outros rnenos e nenas de distintos centros da comarca como "O Feal" e a "Jorge Juan".
Publicado por
Ana Martínez
en
00:53
0
comentarios
Etiquetas: COLPBOL, CURSO 2019/20, PLAN PROXECTA, XOGADE
25N: VOANDO LIBRES
25 novembro 2019
Hoxe participamos xunto co CEIP de San Isidro e o Instituto Fernando Esquío na Marcha pola Igualdade que un ano máis organizou o Concello de Neda.
A semana pasada, na clase coñecimos a historia das irmás Mirabal, tamén coñecidas como as "Irmás Bolboreta" e en honor a elas fixemos un gran mural en forma de bolboreta:
Algúns detalles do mural:
Uns broches de goma eva para levar hoxe:
E tamén unhas bolboretas de origami con frases e palabras alusivas:
Despois da andaina, fomos á Casa da Cultura. Alí celebrouse un fermoso acto , tomamos chocolate quente con bola e estampamos a nosa man escribindo ao lado o nome dunha víctima da Violencia de Xénero.
Neste video podedes ver a nosa actuación:
Publicado por
Ana Martínez
en
06:00
0
comentarios
Etiquetas: 25N, CURSO 2019/20, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
APRENDEMOS A FACER UNHA CROMATOGRAFÍA
14 novembro 2019
Publicado por
Ana Martínez
en
19:58
0
comentarios
Etiquetas: CROMATOGRAFÍA, CURSO 2019/20, EXPERIMENTOS, PLANTAS
A FOTOSÍNTESE
11 novembro 2019
Seguindo co noso tema das plantas, ademais de aprender a clasificar follas, tamén descubrimos como fabrican o seu propio alimento a través da fotosíntese. Para iso fixemos e pegamos este esquema de Chris Kesler na libreta:
Publicado por
Ana Martínez
en
19:19
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2019/20, FOTOSÍNTESE, PLANTAS
COMO CLASIFICAR FOLLAS
08 novembro 2019
Na clase estamos a estudar as plantas. Unha das prácticas que fixemos foi clasificar follas que trouxemos da casa seguindo esta ficha da Editorial Anaya:
Primeiro puxémonos por parellas. A uns tocounos como poden ser (simples ou compostas), a outros como pode ser o bordo (liso ou irregular), a outros como poden ser os nervios (paralelos ou ramificados) e ao último grupo como poden ser segundo a forma do limbo (de agulla, de escama, de ovo, de óvalo, de corazón, de fita, palmeada, de punta de lanza,...)
Aquí tedes o resultado da nosa clasificación que agora pendura da caixa das persianas da nosa clase:
Publicado por
Ana Martínez
en
19:09
0
comentarios
Etiquetas: CCNN, CURSO 2019/20, PLANTAS
SAMAGOSTÍN 2
03 novembro 2019
Ollade que terroríficos estabamos para celebrar o Samagostín:
Podedes ver algunhas fotos dos talleres que fixemos ese día clicando no enlace de abaixo:
Publicado por
Ana Martínez
en
22:03
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2019/20, SAMAÍN
SAMAGOSTÍN
30 outubro 2019
Este ano no cole, celebramos xuntos o Samaín e o Magosto. Coma sempre no Magosto, disfrutamos e saboreamos ricas castañas asadas e ricos bocadillos de pan de Neda con chourizo. Uhmmmm, estaban boísimos!!!!!
Na clase fixemos uns bonitos cestiños para poñer as nosas castañas:
Ollade que ben o pasamos:
Na páxina Web do cole pódense ver máis fotos:
Publicado por
Ana Martínez
en
17:00
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2019/20, MAGOSTO