Amosando publicacións coa etiqueta CURSO PRIMEROS AUXILIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO PRIMEROS AUXILIOS. Amosar todas as publicacións
0 comments

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 


Onte recibimos no cole a visita de Amaya, enfermeira de pediatría do Centro de Saúde de Neda e catro das súas residentes de 1º ano de Enfermaría Familiar e Comunitaria. As cinco viñeron a darnos un pequeno cursiño de primeiros auxilios a nos e aos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de primaria.

Durante preto de hora e media, aprendimos e practicamos a posición lateral de seguridade, a RCP (reanimación cardiopulmonar) tanto a adultos como a nenos e lactantes, como utilizar un DESA (desfibrilador semiautomático) e por último e non menos importante, que facer en caso de atragantamento.

Gustounos moitísimo e aprendimos un montón. Esperamos que veñan a vernos moitas máis veces.

MOITAS GRAZAS A TODAS!!!!!

Nesta presentación podedes ver algunhas das fotos que sacamos practicando todo o aprendido.

obradoiro primeiros auxilios.pdf de Ana

Na Galería da páxina web do cole, podedes  todas as fotos de ámbalas dúas clases.

1 comments

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS



O venres pasado, os nen@s de sexto, tivemos un pequeno curso de primeiros auxilios e D.E.A. xunto cos nosos compañeiros/as de terceiro de primaria grazas á Asociación de Buceo Medioambiental  "Los Delfines" de Neda coa colaboración do doutor J.R. Couce.

Ao longo de tres sesións, aprendimos RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) ,  como usar un desfibrilador semiautomático, que facer en caso de atragantamento, cal é a mellor posición para colocar a un ferido deixando libre as vías aéreas,... Quedounos moi clariño que en caso de urxencia debemos ter en conta estas tres iniciais: P A S:  P de protexer, A de avisar e S de socorrer.

Aquí tedes algunhas imaxes da xornada: