Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO CINE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO CINE. Amosar todas as publicacións
0 comments

CARTELEIRA MULLERES DE CINE

 


Polo día da muller traballadora, e dado que estamos co proxecto do cine, entre todas as clases creamos unha carteleira de mulleres de cine. Cada clase investigou sobre unha ou varias mulleres (dependendo da clase) relacionadas co cine: directoras, actrices, guionistas,...

A nós, tocounos a actriz Mariana Fernández Pérez e as actrices, directoras de cine e guionistas Sonia Méndez Alonso e Olaia Sendón Ogando. 

Primeiro agrupámonos en parellas e buscamos información en Internet:



A continuación pasamos toda a información á ficha:




E así de ben nos quedaron:



0 comments

UN ANO DE CINE

 Xa hai uns meses que temos na nosa clase o calendario que fixemos entre todos os cursos. Aquí volo deixamos para que vexades os bonitos debuxos que ten. Atopades os nosos?

0 comments

DÍA DE ROSALÍA

 

Hoxe 23de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para homenaxear a esta gran escritora galega, entre todas as clases creamos un bonito documental.

Aquí volo deixamos para que poidades gozar del:

0 comments

NOVAS DE MACÍN

 


Hai uns días cando entramos na clase atopamos de novo a caixa do Mago Macín, esta vez enriba da mesa de Quique.

Quique abriuna con cuidado e viu que dentro había unha carta e varias revistas.

Na carta, Macín nos poñía que nos deixaba unhas cantas revistas para a clase e tamén nos pedía que fixéramos dous debuxos relacionados co cine: películas, personaxes,... para como cada ano facer un calendario para todo o cole.

Así que nos puxemos mans á obra e fixemos os dous debuxos entre todos.

Un, sobre Harry Potter e as súas películas:


E outro sobre Minecraft:


GÚSTANVOS?

0 comments

NOVO PROXECTO: MACIÑEIRA DE CINE

Sabedes que? Hai uns días, cando entramos  na clase estaba a caixa do Mago Macín (a mascota da nosa biblio) encima da mesa de Santi. Santi, abriu a caixa e dentro dela...



Había unha nova carta de Macín. Na carta, Macín nos contaba que este ano o proxecto que imos levar a cabo todos os nenos e nenas do cole e ... "MACIÑEIRA DE CINE". Si, si, oíchedes ben, imos facer un proxecto sobre o cine.
Para empezar, e tendo en conta que nuns días ía celebrarse o día das Bibliotecas escolares, pediunos que nuns papeis con forma de película cinematográfica, puxeramos o nome da nosa peli favorita. Queredes saber cales puxemos? Ollade, ollade.


Cos títulos de todas as películas, adornamos as fiestras e os corredores do cole. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra: