A segunda película que vimos dentro do programa de Cinensino foi "DO REVÉS" de Disney Pixar. Trátase dunha película moi útil para entender como procesa a nosa mente e como nos movemos e percibimos a realidade a través das emocións.
Comenzámola vendo un día en informática, pero por problemas técnicos, tivemos que rematar de vela na clase:
Serviunos para que o noso alumnado investigase sobre as emocións e compartise experiencias cos seus compañeiros e compañeiras, representando as súas conclusión a través de diversos produtos.
Este ano, os alumnos de quinto e sexto de educación primaria do cole, participamos no programa Cinensino, a través do Concello de Neda e o Concello de Fene.
"Cinensino é un programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e do comportamento no campo escolar a través dos meidos audiovisuais e as TIC.
O propósito deste programa é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento integral da persoa, implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social, coa finalidade de xenerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos".
Trátase de tres unidades didácticas para o curso escolar, unha por trimestre, baseadas e articuladas en función dunha película. Cada unidade componse dun "Manual do profesorado" e dun "Caderno do alumno" para traballar na clase en gran grupo. A diferencia doutros centros, temos a gran sorte que o visionado da película é no propio cole e que ademais podernos quedarnos con ela ata a seguinte sesión.
A primeira película que vimos foi: "Dios mío, que te hemos hecho" a partir da cal, traballamos distintos valores tanto positivos como negativos: tolerancia, respecto, interculturabilidad, tradición, familia, racismo, prexuizos, ...
Aquí vos deixamos o "trailer" oficial da película:
Na clase de valores imos ver unha serie de curtametraxes para traballar a autoestima, a confianza, a amizade, o respecto cara os demais, a non ser egoista, a tolerancia, a solidariedade, ...
Comezamos co curto de Pixar, "LA OVEJA PELADA".
Despois de visionar o curto, estas foron as conclusións as que chegaron Borja e Sergio Sosa sobre o mesmo:
BORJA: Eu saquei a conclusión que ninguén se pode deprimir polas cousas malas que lle pasen e que hai que estar sempre animado.
SERGIO SOSA: Para min, o que quere dicir é que hai que ser amigo de todas as persoas sexan da cor que sexan é dicir sexan como sexan por fóra.
E os demais, a que conclusións chegáchedes?
Deixade se queredes un comentario na entrada para que podamos coñecer tamén as vosas conclusións sobre o mesmo.