0 comments

TODO SOBRE MIN

Outras das actividades que fixemos os primeiros días foi un globo aerostático en 3D para coñecernos mellor todos. Nel, ademais do noso retrato, o da nosa familia, o nome dos nosos amigos, a data do noso aniversario ,.. tamén escribimos a nosas cosas favoritas: mascotas, comidas, cancións, libros,... e por suposto os nosos soños e desexos. Estes son algúns dos que xa están rematados:






0 comments

POSTALES DE VERÁN



Unha das primeiras actividades que fixemos a principios de curso foi escribir postales entre os nenos e nenas de sexto e nós. A cada un de nós tocounos un compañeiro de sexto ao que lle escribimos e debuxamos unha postal na que lle contamos algunhas das cousas que fixemos este verán.

Estas son as nosas postais:



0 comments

EXCURSIÓN ONDAS DE ILUSIÓN


O ano pasado quedounos pendente unha excursión organizada por Ondas de Ilusións- escolas do mar- "unha campaña de sensibilización escolar que ten como obxectivo  o coñecemento do medio mariño, a contaminación dos plásticos no mar, o cambio climático e biodiversidade, a pesca sustentable e os recursos pesqueiros.Este proxecto está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e xestionado a través da Consellería do Mar da Xunta de Galicia"tal e como din na súa páxina web.

Así que hoxe, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 3º, 4º e 6º de Primaria, fomos á praia de Cabañas. Alí montamos en kaiak pola ría e fixemos un obradoiro medioambiental no que construímos un pasteurizador solar.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da saída:


E este video:


PASÁMOLO FENOMENAL!!!!!




0 comments

RESPONSABLE DA SEMANA

A diferencia doutros anos onde cada día tiñamos un encargado que se ocupaba de repartir o material, este ano temos o RESPONSABLE DA SEMANA. Este responsable é o primeiro en entrar cada día e o último en saír. Entre as súas tarefas atópase: abrir e pechar a porta, acender e apagar as luces, poñer a data, repartir o material, ...

Cada un de nós decorou un carteliño co seu nome para poñer no armario e saber así a quen lle toca de cada vez:



Estes son os carteles que decoramos cos nosos nomes:

Idea vista no blogue Con tus propias palabras

0 comments

EQUIPOS COOPERATIVOS

Durante este curso imos traballar con equipos cooperativos de catro membros. O primeiro día, cada equipo elexiu un nome e un logo que o identificara utilizando a estrutura 1,2,4. Primeiro individualmente cada un pensou un nome e debuxou un logo. A continuación por parellas escolleron un dos dous nomes e logo. Finalmente os catro integrantes do equipo puxeron en común as decisións de cada parella  e elexiron nome e logotipo. O nome e o logo elexidos utilizaranse para identificar a carpeta do equipo base. Nesta carpeta gardaranse todos os documentos e material que se vaia acumulando.

Presentámosvos aos dous equipos:

- OS GAÑADORES DO FORTNITE:


E o seu logo:


- OS NIKE:


E o seu logo:

0 comments

OS NOSOS MARCAPÁXINAS

Coma todos os anos, unha das primeiras actividades que facemos, é facer uns marcapáxinas para utilizar cos libros que temos na biblioteca de aula. Este ano fixémolos de animaliños.

Así de bonitos nos quedaron tanto aos de quinto como aos de sexto:




Gústanvos?

0 comments

NOVA PROMOCIÓN

Abrímosvos as fiestras da nosa clase para amosaros á nova promoción de quinto de primaria: oito rapaces e rapazas moi animados e con moitas ganas de aprender. Non si?


0 comments

NOVO CURSO ESCOLAR


Benvid@s ao novo curso escolar 2019/2020!