0 comments

FELIZ ANINOVO!!!!

Co video das campanadas deste ano, queremos desexarvos un MOI FELIZ ANINOVO!!!!!


0 comments

FELICES VACACIÓNS!!!!!

 


0 comments

SAN SILVESTRE

 


O derradeiro día de clase , todos o nenos e nenas do cole, celebramos a 3ª Carreira de San Silvestre acompañados dos profes e de todas as familias que puideron asistir.

Se queredes ver todas as fotos da xornada (que son moitísimas) só tedes que premer na seguinte ligazón:

SAN SILVESTRE 2022

0 comments

ATLETISMO

Hoxe tiñamos que ir ao Pinar de Cabañas para facer campo a través pero debido ao mal tempo, ao final en lugar de ir ao Pinar fomos ás  pistas de atlestimo de Río Seco en Narón.


0 comments

TARXETAS DE NADAL

 Estas son as tarxetas de Nadal que fixemos utilizando cinta de cobre e uns leds:






0 comments

INTERCAMBIO POSTAL COA GALIÑA AZUL

A semana pasada a gardería A galiña de Azul de Narón propoñía ao cole facer un intercambio postal dos nenos e nenas de infantil co seu alumnado.

Así que hoxe, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria axudamos aos máis pequerrechos do cole a facer a súa tarxeta navideña:


Ollade que bonitas

 

Podedes ver máis fotos na galería virtual do noso cole:

0 comments

OS NÚMEROS ENTEIROS

 


Estes días practicamos a facer operacións cos números enteiros e a utilizar as coordenadas cartesianas.

As operacións, con estes retos matemáticos que atopamos no blogue Recursos EP:


E as coordenadas cartesianas coa Ruleta de Ikea e este material de Susana Cantalapiedra que podedes descargar no seu drive de materiais (o link está na descrición do seu perfil na súa conta de Instagram) no que están as tarxetas da ruleta, plantillas de debuxos agochados,...

Tamén xogamos a Hundir a flota por parellas:





0 comments

ELECTRICIDADE ESTÁTICA E MAGNETISMO

 Na clase de Ciencias Naturais andamos a falar da electricidade estática. Utilizamos este simulador:

Simulador de electricidade estática

E fixemos dous sinxelos experimentos cun globo: atraer anaquiños de papel e levantar os pelos. 



Tamén fixemos un compás caseiro cunha agulla imantada para que sempre nos indique o norte:


Despois, subimos todas as fotos ao noso muro virtual de experimentos:


Hecho con Padlet

0 comments

APADRIÑAMENTO LECTOR EN 4 ANOS

Se o outro día lle fomos a ler aos nenos e nenas de 5 anos, hoxe tocoulle o turno aos de 4. Pasámolo fenomenal léndolles e cremos que eles tamén.

Ollade, ollade, que atentos estaban todos/as:



0 comments

O AXUDANTE DE PAPA NOEL

 


Onte, grazas á ANPA, puidemos disfrutar  do espectáculo "O axudante de Papá Noel" de Moc Moc espectáculos.

Durante preto dunha hora, todo o cole, disfrutamos dunha sesión de contacontos, malabares, acrobacias,... coa que non só nos rimos un montón senón na que tamén aprendimos a importancia e o beneficio de compartir cos demais.

Podedes ver todas as fotos da xornada, na seguinte ligazón:

O AXUDANTE DE PAPÁ NOEL

0 comments

A MALETA CLIMÁTICA

O mes pasado chegou a nosa clase esta maleta:



Tod@s nos preguntabamos que habería dentro así que a abrimos e ...


descubrimos que estaba cargadiña de libros relacionados co medio ambiente e o clima, o noso proxecto deste ano.

Así que cada un de nós elexiu uns dos libros e comezamos a lelos:

0 comments

ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL POLA COSTA DE DEXO

 


Hoxe fixemos unha ruta guiada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo concretamente pola Costa de Dexo da man unha vez máis da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)..

Durante o percorrido, aprendimos a importancia e o valor natural e social deste espazo. Entre outras moitas cousas,  vimos a Illa de A Marola que é un importante refuxio para algunhas aves como o Paíño do mal tempo unha das aves mariñas máis pequenas que existen.  A nós , a illa se nos parece a unha muller acostada, a unha tartaruga, á metade dunha cenoria,... E a vós? A que se vos parece?

 As Furnas que son unhas cavidades mariñas  formadas pola acción do mar:



 E a Punta do Seixo Branco que debe o seu nome a unha gran veta de cuarzo branco que serpentea o cantil hacia o mar :


Aquí vos deixamos todas as fotos:

0 comments

OBRADOIRO DE MANUALIDADES NAVIDEÑAS



A ANPA organizou hoxe para todo o centro uns obradoiros de manualidades navideñas. A nós tocounos no primeiro turno xunto cos nosos compañeiros de quinto.
Ollade canto traballamos:


0 comments

DECORACIÓN DE NADAL

 




Para axudar a decorar o cole, a nosa clase fixo  fermosas casiñas con paíños de madeira.

Que vós parecen?




0 comments

PLANTAMOS

 Agora que o noso horto xa está limpo de maleza, primeiro fomos a preparar os nosos bancais:

E uns días despois  fomos a plantar:


Agora xa só nos queda esperar pola colleita

0 comments

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro e na clase ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.

Fixemos murais e carteis reivindicativos:




Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saímos os alumnos de 5º e 6º de EP:

E rompendo a cadea da violencia dixital:



E tamén na marcha Contra a Violencia de Xénero que organizou o Concello de Neda: