Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH. Amosar todas as publicacións
3 comments

EXPOSICIÓN DE VAN GOGH

Para que toda a comunidade escolar poidese ver as nosas obras sobre Van Gogh, expuxémolas todas no corredor principal do cole. Ollade que bonito estaba:



 GÚSTAVOS?

Ademais coloreamos un autorretrato do Pintor para facer a portada do noso proxecto. E así é como nos quedou finalmente:








0 comments

VAN GOGH: CAMPO DE TRIGO CON CORVOS


Algúns opinan que o derradeiro cadro que pintou Van Gogh antes de morrer foi: "CAMPO DE TRIGO CON CUERVOS" así que quixemos finalizar o noso proxecto representando o mesmo cadro.

Para que nos fose máis doado pintalo, utilizamos este titorial que atopamos na red:

Utilizamos ceras brandas, duras, rotuladores, ... e así nos quedaron :










Algunhas fotos do proceso:



0 comments

A SOLIDARIEDADE EN DON QUIXOTE


No noso libro de lingua castelá, ven  unha lectura sobre Don Quixote e Sancho Panza que se titula  "Un leal escudero" que é un fragmento do Capítulo X da Primeira Parte do Quixote..

Comezamos léndoa entre todos en voz alta e unha vez que rematamos aproveitamos para falar da SOLIDARIEDADE,  do importante que é axudar aos demais sen esperar nada a cambio e  pedir axuda cando a necesitemos. Falamos das cousas que podiamos facer nós para ser solidarios como consolar aos nosos amig@s e compañeir@s cando están tristes ou se fan dano, donar os nosos xoguetes de cando eramos máis pequenos e a roupa que xa non nos serve as persoas necesitadas, deixando o asento do autobús ás persoas maiores, axudando nas tarefas de casa,... Tamén de se algunha vez alguén precisou a nosa axuda e de como fixemos para axudar.

A continuación comentamos a lectura. Describimos brevemente a Don Quixote (alto, delgado, loiro) e a Sancho Panza (baixo, gordo e moreno), falamos dos amigos que eran os dous e de que por iso se axudaban en todas as situacións ás que se enfrontaban a pesar de que ás veces os resultados non eran os esperados e tamén de que ainda que tivesen puntos de vista diferentes, isto non constituía un obstáculo para a lealtade mutua e a amizade. Buscamos  información sobre outros episodíos do Quixote onde un dos personaxes axudaba ao outro e descubrimos que isto sucedía en case todos.

Aproveitamos a lectura para facer distintas actividades entre elas aprender a RESUMIR. Así que fixemos un pequeno resumo do que acabábamos de ler e o ilustramos cun debuxo alusivo:

2 comments

DON QUIXOTE NA NOITE ESTRELADA DE VAN GOGH


Continuando co noso proxecto do Quixote e tamén co de Van Gogh, mesturamos os dous proxectos facendo a nosa cuarta obra de arte: " NOITE ESTRELADA E DON QUIXOTE":










Asi de ben traballamos:


0 comments

"ALMENDROS EN FLOR"

Outro dos cadros que traballamos de Van Gogh no noso proxecto sobre este gran pintor, foi "ALMENDROS EN FLOR":



Nós quixemos facer a nosa particular visión deste cadro dun xeito distinto. Primeiro pintamos unha lámina con témpera azul mezclada con branca:


A continuación botamos pintura marrón nun goteiro e mezclámola con auga para que estivese máis líquida. Collimos unha palliña e ... a SOPRAAAAAAR!


Despois de repasalos cun rotulador permanente negro, así ían quedando:


Para rematar, faltábannos as flores. Para iso collimos pintura amarela e branca, unha pinza un pompón e ...


Aquí tedes o resultado:


0 comments

CADROS DOS TULIPÁNS REMATADOS

Lembrades que xa hai tempo vos amosamos como estaban a quedar os nosos cadros de tulipáns do proxecto de Van Gogh (VAN GOGH E OS TULIPANS)?


Pois ben, por fin xa todos os rematamos e podemos ensinarvos os bonitos que nos quedaron:










Xa case estamos rematando outros dous grandes cadros de Van Gogh. Nuns días veredes como nos están a quedar. Cando os rematemos, faremos unha exposición na entrada do colexio para que todos os nosos compañeiros poidan ver as nosas obras.

0 comments

VAN GOGH E OS TULIPÁNS

A Van Gogh gustáballe moito pintar ao aire libre paisaxes, flores, árbores,...  Entre os cadros que pintou hai un titulado: "CAMPO DE TULIPÁNS", un precioso cadro dos campos holandeses onde o pintor nos amosa un campo cheo de tulipáns amarelos, vermellos, azuis, laranxas, brancos ,...



Precisamente en Holanda, en honor a Van Gogh, no 125 aniversario da súa morte, o parque Keukenhof de Lisse, famoso por poseer o xardín floral máis grande do mundo, creou o rostro do pintor co tulipáns.

Así estaba cando os plantaron:


 E así de bonito está esta primavera:


Nós  tamén quixemos pintar un cadro de tulipáns, así que nos puxemos mans á obra e ... aquí tedes  os nosos tulipáns ao estilo Van Gogh. Ollade como nos están a quedar:



2 comments

AUTORRETRATÁMONOS COMO VAN GOGH


Continuando co noso proxecto de Van Gogh, como xa vos dixemos noutra entrada anterior, ademais de coñecer a súa vida estamos a coñecer a súa obra. Comezamos cos seus AUTORRETRATOS. Sabiades que Van Gogh pintou 27 autorretratos? Si, si como o ledes. Ninguén sabe realmente cal deles é o máis parecido á realidade por iso é coñecido como "o pintor das mil caras".
Comezamos vendo este video de Philip Scott Johnson no que podemos apreciar os distintos cambios na fisonomía do pintor:

   

 E a continuación centrámonos nestes dez autorretratos para poder apreciar ben o seu xeito de pintar: as cores que utilizaba como amarelo, laranxa ,marrón,  azul ou verde e tamén os seus trazos enérxicos con liñas  curtas ben marcadas e/ou remuíños:


E para rematar, fixemos o noso AUTORRETRATO AO ESTILO VAN GOGH. Collimos unha foto nosa en branco e negro e a "tuneamos" pintándoa con ceras duras e brandas. Ollade que ben nos quedaron:





QUE VOS PARECEN?

Se tedes curiosidade, podedes ver os autorretratos que se fixo Van Gogh clasificados por data, clicando na imaxe de abaixo: