NOVO PROXECTO: GALICIA MÁXICA
Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno á GALICIA MÁXICA e SERES MITÓLOXICOS que habitan nela.
A principios de curso, apareceu una carta enriba da mesa de Ainoa: era do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca.
Nela nos dicía que este ano iamos aprender moitísimas cousas sobre os Seres Mitolóxicos galegos e para empezar e aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, pedíanos dúas cousas:
1º) Que resolvésemos unas adiviñas para saber que seres mitolóxicos imos a coñecer.
2º) Que entre todos debuxásemos á personaxe da nosa clase e que escribísemos a adiviña sobre ela para o mural colectivo do proxecto.
Para atopar as adiviñas, a profe fixo unha caza do tesouro por todo o colexio. Primeiro preparou unas tarxetas que tivemos que escanear co seu teléfono móvil e a aplicación I-nigma: