0 comments

NOVAS DE MACÍN

 

Hoxe cando entramos na clase atopamos unha caixa enorme  que poñía 5º de EP e tiña unha imaxe do Mago Macín a mascota da biblioteca do cole.

Como Anxo era hoxe o encargado, tocoulle abrila. Dentro había un divertido cómic, os carnets da biblioteca para que os levemos cando vaiamos e podamos facer os empréstitos de libros, unha carta e uns rectángulos en branco.

Na carta, Macín dicíanos que os rectángulos brancos eran marcadores para colocar nas estanterías cando collamos un libro e que estaban en branco para que os decorásemos ao novo gusto.

Así que dito e feito, puxémonos a decorar os marcadores e ... ASÍ NOS QUEDARON. 

Sabedes de quen é cada un? 

Pois de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Kevin, Quique, Manu, David, Santi e Anxo.


0 comments
0 comments

MARCAPÁXINAS PARA A BIBLIOTECA DE AULA

 Unha das cousas que fixemos a principio de curso foron estes fermosos marcapáxinas mandala cos nosos nomes. Gústanvos?


Para facelos, utilizamos a fonte KEYZHA (Mandala Font) que podedes descargar clicando na seguinte imaxe:



0 comments

PASAPALABRA SOBRE MIN

 

Para coñecernos un pouco mellor, fixemos este Pasapalabra sobre min no que cada un tiña que escribir cousiñas sobre  súa  vida. Ao revés que no xogo orixinal, non era a resposta a que empezaba coa letra senón a pregunta. Por exemplo, polo A, Adxectivo que me describe, polo B, Bebida favorita, ... A idea orixinal vinna en Instagram pero non lembro a conta onda a vin, se alguén sabe de quen é o recurso que nolo diga e o incluímos na entrada.

Os roscos están tal cual os escribiron, sen correxir nadiña:







0 comments

NOVO CURSO ESCOLAR

Comezamos un novo curso escolar cunha nova promoción: estes  seis rapaciños de quinto de primaria con moitas gañas de aprender e de pasalo ben.