Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2016/17. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2016/17. Amosar todas as publicacións
0 comments

SAMAÍN 2017

O pasado 31 de Outubro, celebramos a festa do Samaín no cole.

Ollade que requeteguap@s vimos tod@s!

As primeiras horas, fixemos un taller monstruoso de pasta de sal cos nosos compañeiros de sexto de Educación Primaria:


E a continuación, participamos nos distintos obradoiros:

- Túnel de medo:


-  Taller de maquillaxe:


- Curtos terroríficos:


- Xogos de habilidade:

- Xogos informáticos:


Dende aquí queremos darlle as grazas a ANPA pola súa colaboración organizando un ano máis, o obradoiro de Maquillaxe e o do Túnel do Medo.

0 comments

FELICES VACACIÓNS!


Vémonos en setembro!!!!!!

0 comments

FESTA FIN DE CURSO

O derradero día, grazas a Carmen, a profe de Educación Física que o organizou todo, fixemos uns obradoiros de xogos populares.

Xogamos ao brilé:


A xogos de mesa:


A carreiras de sacos, tirasoga e petanca:


Ás cadeiras musicais:


Ao balón asasiño:


E e non podían faltar os globos e pistolas de auga:


PASÁMOLO FENOMENAL!

0 comments

OBRADOIRO DE CUPCAKES E DE CHAVEIROS

A derradeira semana antes de rematar as clases, xunto cos nosos compañeir@s de 3º e a súa profe Carmen, fixemos un obradoiro de cupcakes e outro de decoración de chaveiros de madeira e ademais tamén fixemos as caixas para gardar tanto unhas cousiñas como as outras.

Dividímonos en catro grupos. Mentras un grupo decoraba os chaveiros, outro facía as caixas, o terceiro amasaba e o cuarto decoraba as madalenas. Pasámolo fenomenal.




Aquí podedes ver unhas pouquiñas fotos dos obradoiros:



A que teñen moi boa pinta, non si?

0 comments

AS MACIOLIMPIADAS


Para rematar o proxecto sobre as Olimpiadas, celebramos no cole unhas ... MACIOLIMPIADAS ás que invitamos a todas as familias.

Cada clase, fixo unha exhibición do deporte que estivo a traballar co seu titor/a na aula e a practicar cos seus profes de Educación Física:

E.I. 3 anos:

E.I. 4 e 5 anos:
1º de E.P.
2º de E.P.
3º de E.P.
4º de E.P.
5º de E.P.
6º de E.P.

E como en todas Olimpiadas que se precien, non podía faltar o ACTO DE CLAUSURA que levaron a cabo os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria recollendo a CHAMA OLÍMPICA e o alumnado de 2º de Educación Primaria apagando o PEBETERO.


Para rematar, os nenos e nenas desde 3º a 6º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía que practicaron co profe Fernando e a profe Carmen dentro do programa SUMA SAÚDE, ACTÍVATE:



Podedes ver todas as fotos dese día na Galería de Fotos da páxina web do cole. Clicade na imaxe para acceder:


0 comments

AS NOSAS MÁQUINAS


No derradeiro temas de Ciencias Naturais estivemos aprendendo cousiñas sobre as máquinas simples e compostas. E como non hai mellor xeito para aprender que coa experimentación e manipulación, cada un de nós fixemos unha máquina utilizando materiais reciclados e despois expuxémolas todas na entrada do cole.

Estas son as nosas maquetas:

- ENMA: Un balancín

- ADRIÁN: Unha tartaruga xiratoria


- ALBA: Dúas versións de norias de auga


- YAGO: Un muíño de vento


- PAZ: Unha balanza


- AINOA: Un tobogán


- CARMEN: Unha catapulta


- AITANA: Un carro


- SHEILA: Unha atracción de canicas:


- MIGUEL: Un pozo


Moitísimas grazas a todas as familias pola súa colaboración

0 comments

ÉPOCA ROSA DE PICASSO


Continuando co noso proxecto sobre Picasso, despois da Época Azul, vimos a Época Rosa. Nesta época que vai dende 1904 ata 1907,  Picasso que está moi feliz e enamorado de Fernande Olivier, entra nun período máis alegre e pinta esceas de pallasos e circos cun colorido máis brillante.
Estas son algunhas das obras que traballamos, onde podemos ver como cambiaron as cores azuis e frías por cores máis cálidas:


E así é como recreamos nós algunhas delas:






QUE VÓS PARECEN?

0 comments

OS CORPOS XEOMÉTRICOS


No último tema de matemáticas, estivemos observando e analizando distintos corpos xeométricos e os seus principais elementos como vértices, aristas, caras laterais e bases.

Primeiro utilizamos as figuras que tiñamos na clase. A profe repartiunos un corpo xeométrico a cada un de nós. Mirámolo, remirámolo, apuntamos na libreta cales elas os seus elementos e cando xa o tiñamos dominado, explicámosllelos aos nosos compañeiros. Faltan Yago e Enma porque ese día non viñeron a clase.

Ollade que ben o fixemos.


Na segunda sesión, fixemos e decoramos corpos xeométricos en 3D utilizando cartolina branca:


O desenvolvemento dos corpos sacámolo de AQUÍ

E xa na terceira sesión, utilizamos escarvadentes para facer as aristas e plastilina para facer os vértices. Estas son algunhas das moitas figuras que fixemos.



 



Para axudarnos, utilizamos unhas plantillas que atopamos na páxina de Mumuchu:


Ollade que ben traballamos: