Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
0 comments

INVENTANDO E RECITANDO POEMAS DIAMANTES


Polo Día da Poesía, no cole celebramos o II RECITAL DE POESÍA do CEIP de Maciñeira. Cada clase inventou ou preparou uns poemas en galego para recitalo ao resto dos compañeir@s.

Na nosa clase preferimos inventalos, así que a profe ensinounos a facer POEMAS DIAMANTE cos que ademais de desenvolver a nosa creatividade literaria, lembramos algúns conceptos gramaticais como verbos, adxetivos e nomes.

Para os que non o saibades, dirémosvos que os Poemas Diamante, son poemas de sete versos que non teñen rima e seguen a seguinte estrutura:

1ª liña: un nome (persoa, animal, cousa)
2ª liña: dous adxectivos que describan ao nome da primeira liña.
3ª liña: tres verbos relacionados coa primeira liña.
4ª liña: catro nomes: dous relacionados coa primeira liña e dous coa sétima.
5ª liña: tres verbos relacionados coa sétima liña.
6ª liña: dous adxectivos relacionados coa sétima liña.
7ª liña: un nome contrario ou antónimo ao da primeira liña.

Nós eleximos nomes contrarios como:PAI/FILLA, POLICÍA/LADRÓN, GATO/RATO, SOL/LÚA, PAZ/GUERRA, VERÁN/INVERNO, MODERNIDADE/ANTIGÜIDADE,  HOME/MULLER, AUGA/LUME, BRANCO/NEGRO e a partir deles escribimos o noso poema utilizando como base esta plantilla que adaptamos dunha que atopamos en PROUD TO BE PRIMARY. Ollade que bonitos nos quedaron:


E se queredes ver o ben que os recitamos ...



Se vos gustan este tipo de poemas, podedes facelos como o fixemos nós, ou tamén con esta aplicación de http://www.readwritethink.org:

http://www.readwritethink.org/files/resources/interactives/diamante_poems_2/

ANIMÁDEVOS A FACER UN?

0 comments

ILUSTRANDO POESÍAS


Un ano máis, participamos no concurso Poesía e Imaxe convocado polo Concello de Ferrol dende  a área de Normalización Lingüística, que este ano vai xa pola XVII edición.

Este concurso que  "ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centros de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia" ( Álvaro Montes, concelleiro de Normalización Lingüística), consiste en poñer imaxe a unha poesía elexida de entre 30 de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas.

Estas son as que escollimos e ilustramos nós:


0 comments

DÍA DO LIBRO

Este sábado foi o día do libro. Como o venres non tiñamos clase, celebrámolo entre o xoves e hoxe luns. O xoves, a nivel de centro,fíxose un apadriñamento lector dos nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto aos nenos e nenas de educación infantil.
Nós,  acompañados de catro rapaces e rapazas de quinto, lémoslles contos aos nenos da clase da profe Lidia, os de tres e catro anos:




Eles, agasalláronnos cunha fermosa flor que fixeron e nós non quixemos ser menos e agasallámolos con estes bonitos marcapáxinas de animais:


Para lembrar este momento, cada peque sacou unha foto co seu "padriño" lector e os agasallos:

 


Na nosa clase, como nos gustaron moito os marcapáxinas de animais, decidimos facer un igualiño para levarnos ás nosas casas. Ollade que bonitiños nos quedaron:


Tamén escribimos un poema nun cadrado, o pegamos no fondo dunha caixiña que fixemos con origami e despois os intercambiamos cos nosos compañeiros e compañeiras.


E hoxe a última hora fixemos o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente, cada rapaz e rapaza podiamos traer ao cole un ou dous libros polos que recibiamos un vale para cambiar por outro/s no mercadillo.



MOI FELICES LECTURAS!!!!!!!!