0 comments

UN ANO DE CINE

 Xa hai uns meses que temos na nosa clase o calendario que fixemos entre todos os cursos. Aquí volo deixamos para que vexades os bonitos debuxos que ten. Atopades os nosos?

0 comments

METEREÓLOGOS POR UN DÍA

En Ciencias Sociais andamos a voltas coa diferencia entre tempo e clima e cos elementos do clima. Para que nos quedara moi clariño decidimos convertirnos en metereólogos por un día e construímos diferentes instrumentos metereolóxicos:

Manuel, construiu un  PLUVIÓMETRO para medir as precipitacións e saber a cantidade de auga que cae (cando veña unha semana chuviosa poñerémolo fóra para ver o seu funcionamento);  Santi, construiu un BARÓMETRO para medir a presión atmósferica é dicir o peso da atmosfera sobre un punto da terra e así saber se vai vir bo ou mal tempo (cando hai altas presións o palliña sobe e con baixas presións a palliña baixa); Kevin, construiu un HIGRÓMETRO para medir a humidade do aire, é dicir, a cantidade de vapor de auga que contén o aire. Para iso utilizou nin máis nin menos cun pelo (cando hai humidade o pelo se estira e cando se seca se encolle); Quique, construiu un ANÉNOMETRO para medir a velocidade o vento e Anxo, un VIRAVENTOS para ver a súa dirección; e para rematar, David, contruiu un TERMÓMETRO para medir a temperatura, é dicir, a cantidade de calor que contén o aire.

O termómetro xa o probamos e vimos que funciona perfectamente. Cando o colocamos ao Sol da ventá, o alcol sobe pola palliña e case sae por fóra pero polas mañás cando chegamos a palliña non ten nada de líquido:


Cando chegamos pola mañá


Cando colocamos na ventá para que lle dea o Sol

0 comments

FESTA PIRATA

 Onte celebramos a festa do Entroido no cole, cada clase por separado por mor do COVID.

Primeiro  decoramos o recipiente onde iamos botar os gusanitos e as palomitas:

A continuación vimos a película de PAN (Viaxe a nunca xamais): 

E ao rematar fixemos unha rica merenda. Decoramos unha bandeira pirata, a pegamos nun pincho de madeira, colocámoslle unha loncha de queixo de vela, abrimos o pan (o casco do barco) e despois de quentalas no forno, metimos dentro de cada pan unha salchicha.

Uhmmm, que rico!


Ollade que ben fixemos todo:

0 comments

MANDATOS DO MECO: DÍA 5

 CHEGARÁS O VENRES A ENTROIDAR

CON TRAXE PIRATA PARA DESFILAR

0 comments

MANDATOS DO MECO: DÍA 4

 O XOVES VIRÁS BEN CONTENT@

PORTANDO O TEU COMPLEMENTO


0 comments

DÍA DE ROSALÍA

 

Hoxe 23de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para homenaxear a esta gran escritora galega, entre todas as clases creamos un bonito documental.

Aquí volo deixamos para que poidades gozar del:

0 comments

MANDATOS DO MECO: DÍA 3

 O MÉRCORES A MEDIO DISFRAZAR

UNHA PRENDA PIRATA TERÁS QUE LEVAR

0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR

Hoxe tivemos a segunda das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Durante unha sesión,  falounos das distintas situacións de acoso escolar e do importante que é o papel do testigo/a para que frene o acoso.



Vimos tamén un video onde se entrevistaba a dous rapaces que sufriron acoso escolar. Podedes velo na páxina web da Sexta premendo na imaxe:

0 comments

MANDATOS DO MECO: DÍA 2

 SE O MARTES QUERES DISIMULAR

NA CARA ALGO TERÁS QUE INVENTAR.



0 comments

MANDATOS DO MECO: DÍA 1

 O LUNS BAILANDO ENTRARÁS

E NA CABEZA UN PANO OU SOMBREIRO LEVARÁS



0 comments

MANDATOS DO MECO


 

0 comments

ENTROIDO PIRATA

 Un ano máis comeza a celebración do Entroido no cole. Este ano, o tema elexido é ..... OS PIRATAS.

Ollade que bonito está o  cole :





           



0 comments

DÍA DA AMIZADE


 


Polo día da amizade, seguindo unha idea que vimos en Internet, cada un de nós recortou cinco corazóns para escribir neles o que máis nos gusta de cada compañeiro de clase.

Despois, decoramos un sobre que poñía O que máis me gusta de ..., engadimos o noso nome e nel metimos  todos os corazóns que nos escribiron os nosos compañeiros.





0 comments

CAROUTAS DE ANIMAIS

 


Para decorar o cole,  decidimos facer unhas caroutas de animais en 3D. Seredes capaces de adiviñar que animal é cada un?






0 comments

Pasapalabra e Breakout sobre enerxía

 Para repasar o tema da enerxía que estamos a ver en Ciencias Naturais, a profe preparou unhas tarxetas feitas con Goconqr, un pasapalabra feito con Genmagic e un Breakout feito con Genial.ly  Non só aprendimos moito con eles, senón que tamén o pasamos de marabilla.



Estes son os tres recursos que utilizamos:


0 comments

EXPERIMENTOS CONSECUENCIAS DO USO DA ENERXÍA

 Estes días, na clase estamos a falar das consecuencias do uso da enerxía e entre elas, da chuvia ácida e do efecto invernadoiro.

Para que nos quedase máis clariño fixemos dous experimentos. Queredes velos?

- EXPERIMENTO CHUVIA ÁCIDA:

- EXPERIMENTO EFECTO INVERNADOIRO: