Outra das actividades que fixemos no noso Obradoiro de Escritura Creativa foron uns Caligramas de outono.
Como xa sabedes, os caligramas son poemas visuais no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, un paisaxe ou calquera obxecto imaxinable.
Pois ben, nós en vez de facelos con poemas, fixémolos con ADIVIÑAS DE OUTONO, "debuxando" coas letras a solución da adiviña.
Outras das actividades que fixemos na semana do Samaín, no Obradoiro de Escritura Creativa, foi a actividade QUE TIPO DE MONSTRO SON? que coñecimos grazas a Encarni do blog Biblioteca Gregorio Marañón que á súa vez descubriuna no blog de Isabel Bermejo, El lapicero mágico.
A actividade consiste en descubrir que tipo de monstruo somos según a nosa data de nacemento e a inicial do noso primeiro apelido buscando nesta táboa preparada por Isabel:
Foi divertidísimo buscar que tipo de monstro eramos. Saíronnos respostas das máis variadas: "Duende come ollos", "Vampiro queima xeonllos", "Zombi tritura dentes" ,... A continuación tiñamos que describir como eramos e facer un debuxo.
Quedáronnos unas descricións do máis terroríficas HA HA. Ollade, ollade:
Continuando, co noso taller de escritura creativa dos luns, na seguinte sesión fixemos unha historia "obrigada". A idea orixinal, vímola nun Taller de Escritura Creativa que atopamos por internet.
Como actividade previa, comezamos cunha minihistoria oral. Agrupámonos en parellas e a profe nos repartiu a cada un dous papeliños de distinta cor. Nun deles tiñamos que escribir o noso nome e no outro, o nome dun lugar que nos gustaría visitar. A continuación, tivemos cinco minutos para preparar un miniconto de xeito oral (SEN ESCRIBIR NADA) onde os protagonistas fósemos nós e no que tiñan que aparecer os nomes dos dous lugares que escribimos.
A continuación, tivemos que contar o noso conto, de xeito improvisado, ao resto da clase procurando que tivese unha PRESENTACIÓN, un NÓ e un DESENLACE.
Así nos quedaron as nosas historias improvisadas:
Creo que despois de vernos, quedounos clariño que non debemos repetir tanto a palabra ENTONCES.
Despois disto, comezamos a segunda parte da actividade pero ... esa contáremola máis adiante noutra entrada cando xa todos a teñamos rematada.
Este ano, en sexto, temos unha hora de libre configuración na que imos facer un OBRADOIRO DE LINGUA enfocado hacia a escritura creativa.
Na primeira sesión, comezamos facendo un cartel de "SE BUSCA" que vimos no blog EL LAPICERO MÁGICO de Isabel Bermejo.
Así nos quedou:
Esta mesma actividade podemos facela utilizando diferentes recursos TIC. Aquí vos propoño unhas cantas ideas por si queredes probar en casa.
- Coa APP, WANTED POSTER MAKER, válida para IPAD,IPHONE e ANDROID que é gratuita e nos permite elexir tanto o texto como a imaxe que queremos utilizar e que ten a vantaxe que todo pode estar escrito na lingua que prefiramos:
- Na páxina de GLASSGIANT, podemos facer un cartel similar no que podemos cambiar o nome da persoa ou persoas buscadas, o motivo polo que se lles busca e tamén a cantidade de recompensa.
- Noutras páxinas como FOTOEFECTOS ou IMAGE CHEF con só subir unha foto podemos facer un cartel ao instante. A primeira só permite engadir foto e a segunda deixa ademais engadir o nome: