Amosando publicacións coa etiqueta RECICLAXE b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECICLAXE b>. Amosar todas as publicacións
RECICLANDO ANILLAS DE LATAS
Posted by
Ana Martínez
en
01:31
En Plástica esta semana, estivemos a reciclar anillas de latas de bebida e con elas fixemos nin máis nin menos que este fermoso chaveiro:
Para aprender a facelo, aparte das explicacións da profe, vimos este titorial:
Case todos queriamos aproveitar para regalarllo aos nosos pais polo día do pai, así que con cartón ondulado fixemos unhas bonitas caixas almofada:
Para iso, utilizamos a seguinte plantilla:
GÚSTAVOS?
Etiquetas CURSO 2015/16, MANUALIDADES, RECICLAXE
FELICIDADES MAMÁ!
Posted by
Ana Martínez
en
00:30
Esperamos que vos gustasen os colares que con tanto agarimo preparamos para vós.
Por se queredes saber como os fixemos, vos deixamos esta imaxe:
Etiquetas CURSO 2014/15, DÍA DA NAI, RECICLAXE
VISITAMOS SOGAMA
Posted by
Ana Martínez
en
22:07
Primeiro, unha das nosas guías, explicounos como era o complexo a través dunha gran maqueta:
A continuación fomos a unha sala onde vimos unha presentación na que nos quedou moi clariña a REGRA DAS TRES 5: reducir, reutilizar, reciclar.
Cando rematou a charla e a presentación, equipámonos adecuadamente con casco, marcarilla e chaleco refrectante e realizamos á visita ás instalacións:
Foi unha visita moi instructiva na que aprendimos o que se fai coas bolsas de lixo das nosas casas.
Etiquetas CURSO 2014/15, RECICLAXE, SAÍDAS
RECICLAMOS LATAS DE REFRESCOS
Posted by
Ana Martínez
en
00:00
Collimos as latas e con elas fixemos un pequeno cuenco que nos pode servir de cinceiro, de portavelas , de portachaves ou de calquera outro uso que lle queramos dar.
Ollade que concentrados estabamos facéndoo:
E que bonitos nos quedaron:
Unhas sinxelas instruccións para facelos:
Como podedes ver, primeiro coa axuda dun cúter cortamos a parte superior da lata. Retocamos coas tesoiras para que quede toda a parte de arriba o máis igualada posible e non corte. A continuación lles facemos uns cortes de aproximadamente un centímetro ou centímetro e medio hacia a base da lata. Abrimos hacia fóra e agora só nos queda ir poñendo cada tira por encima da seguinte e procurando que quede por debaixo da terceira. Así ata chegar ao final. Para que nos quede ben rematado pola parte de atrás hai que ir dobrando cara atrás cada un dos trozos de tira que asoman.
QUE VÓS PARECEN?
Etiquetas CURSO 2014/15, PLÁSTICA, RECICLAXE
APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE
Posted by
Ana Martínez
en
22:48
A semana pasada, concretamente o xoves, tivemos a sorte de contar no cole, con dous profesionais de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que viñeron a explicarnos por que debiamos de reciclar e a ensinarnos como facelo dentro da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor".
Durante a charla lembramos que a regra dos tres R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR; axúdanos de maneira importante a conservar os recursos naturais, a disminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio. Tamén lembramos en que colector temos que reciclar cada envase:
- COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)
- IGLÚS VERDES: aquí se depositan os envases de vidro pero non as tapas nin os vasos que non son envases.
- COLECTORES AZUIS: son para o papel e os cartóns. Non serven as servilletas nin os panos da man porque teñen restos orgánicos e non se poden reciclar.
Estivemos todos moi atentos:
Se queredes seguir aprendendo, na páxina de SOGAMA podemos atopar xogos e outros recursos para fomentar o coidado do Medio Ambiente como:
Para PRIMARIA: Xogo de Secuencias
Etiquetas CHARLAS, CURSO 2014/15, MEDIO AMBIENTE, RECICLAXE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















.png)















