Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto escolar “Factoría de Novos Materiais”. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto escolar “Factoría de Novos Materiais”. Amosar todas as publicacións
1 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: BOLSAS SOLUBLES

 Nos últimos anos, a contaminación por residuos plásticos é un dos principais problemas medioambientais do noso tempo. Por exemplo, unha bolsa de plástico dura uns 55 anos de media e unha botella de auga ... pode durar máis de 1000 anos!!!!! Por sorte para nós, os científicos están investigando para conseguir novos tipos de plásticos que axuden a resolver parte deste problema. 

Na clase, estivemos a experimentar cun destes novos tipos de plásticos: as bolsas solubles. 

Primeiro, comparamos unha bolsa normal e unha bolsa soluble. Observamos que a bolsa normal era pesada, áspera e transparente mentras que a bolsa soluble era lixeira, suave e traslúcida. 

Despois recortamos dous cadrados de 10 cm de lado de cada unha e mergullámolos en auga. 

Aos poucos minutos puidemos comprobar como a bolsa normal permanecía igual mentras que a outra bolsa iase disolvendo pouco a pouco.

 Isto sucedeu porque a segunda bolsa estaba fabricada cun plástico chamado PVA que é soluble en auga mentras que a primeira estaba fabricada con polímeros insolubles ao auga.

Ainda que isto é un avance moi importante para a redución de plásticos non é a solución ao problema. Todos temos que poñer o noso gran de area e podemos empezar seguindo a regra das tres erres: reducindo, reciclando e reutilizando materiais.

0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: HIDROXELES

Continuando co noso proxecto de novos materiais, hoxe chegoulle o turno aos hidroxeles máis coñecidos como órbits. Sabiades que son capaces de absorber moita auga? Para comprobar como o fan fixemos distintos experimentos. Primeiro, collimos vintecinco boliñas de hidroxel e pesámolas cunha pesa electrónica. Só pesaban un gramo.



Despois mergullamos dez boliñas en auga, dez en zume e dez en coca cola. Ao día seguinte,pesamos as boliñas que estaban mergulladas en auga e puidemos ver que menos boliñas pesaban seis gramos máis cas de onte:


Tamén descubrimos que as boliñas que estiveron na auga eran bastante máis grande cas que estiveron no zume e na coca cola:


Outra das cousas que fixemos foi poñer unhas boliñas brancas nun recipiente e outras tantas de cor noutro. Ao día seguinte, as boliñas brancas ... ERAN TRANSPARENTES!!!!  Mágoa que non temos ningunha foto para que o vexades!

0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: AREA HIDRÓFOGA

Nesta terceira sesión, seguimos a investigar con distintos materiais. Comezamos dividíndonos por parellas para experimentar coa area hidrófoga. Primeiro, botamos unha pouca area nun recipiente plano e con ela fixemos unha especie de rampla ou tobogán. A continuación botámoslle enriba unhas poucas pingas de auga cunha micropipeta e vimos que a auga resbalaba, non se absorbía.



A continuación, botamos a area dentro dun vaso con auga e despois retirámola coa axuda dunha culler. A AREA ESTABA SECA!!!!!!!


Por último mollamos a area con aceite e despois mergullámola en auga outra vez. Cando a retiramos ... AGORA A AREA ESTABA MOLLADA!!!!!!


Grazas aos experimentos e á información do proxecto, descubrimos que esta area leva un tratamento cun líquido que fai que repela a auga e que sempre a notemos seca. Pero tamén descubrimos que este tratamento non é efectivo contra o aceite por iso cando lle botamos aceite e a mergullamos en auga, a area si que se molla..

0 comments

DETECTIVES DE MATERIAIS: PINTURA NEGRA E CINTA GECKO

 Nesta segunda sesión, convertímonos en "detectives de materiais" e experimentamos cos dous primeiros: a pintura máis negra do mundo e coa cinta adhesiva inspirada no animal Gecko.

Sabíades que a pintura negra non é realmente do todo negra, que o negro perfecto non existe? Por equipos, pintamos a plantilla que viña no kit con distintas pinturas negras: rotuladores, ceras brandas, ceras duras, lápices de cores, témpera, ...


E descubrimos que en todos os recadros que pintamos a nosa pintura negra era moito máis clara que o recadro que viña xa cun negro de imprenta. Tamén que nunha habitación escura, esa pintura era a que máis custaba ver. Sabedes como a crearon? Pois ben,  utilizando un pigmento que case non brilla para fabricala. Esta pintura pode ter varias distintas aplicacións como esta:

A continuación tocoulle o turno á cinta Gecko. Primeiro pegámola e despegámola entre si varias veces e comprobamos que seguía pegando igual que ao principio,  pegámola en distintas superficies: no armario, no cristal da ventá, na mesa, na parede e comprobamos que se pegaba en calquer material, que se podía quitar sen deixar restos de pegamento, que era moi forte e aguantaba moito peso,  ...







Despois coa axuda das micropipetas, mollamos a superficie da cinta e comprobamos que ainda mollada, a cinta seguía pegando igual de ben.



A que non sabedes porque esta cinta é diferente ás outras cintas adhesivas e pega moito mellor? Poi porque a súa superficie está chea de pequenos filamentos, millóns de pequenos pelos con forma de fungo que lle dan esa capacidade de pegar tan distinta ás demais.

0 comments

HISTORIA DOS MATERIAIS

Hoxe fixemos a primeira sesión do proxecto "Factoría de Novos materiais". Empezamos aprendendo algo de historia dos materiais como a súa orde de aparición (pedra, madeira, metais, téxtil,...), buscamos en Internet con que estaban fabricados distintos obxectos como unhas campás, unha lata de conservas, unha espada romana,... e por que se utilizaron eses materiais para fabricalos e non outros, descubrimos que a materia está formada por unhas partículas moi pequenas chamadas átomos e coa axuda de tres globos simulamos unha molécula de auga:





0 comments

Programa D’tec – Proxecto escolar “Factoría de Novos Materiais”

 


A principios de mes, apuntámonos ao Programa D´tec - Proxecto escolar "Factoría de Novos materiais" dirixido ao alumnado de quinto e sexto de primaria e tivemos a gran sorte de ser un dos trinta colexios seleccionados de toda Galicia.
Este proxecto, como eles din, consiste na achega aos estudiantes dos novos materiais que existen na actualidade a través de actividades amenas e prácticas buscando despertar a curiosidade pola innovación e a investigación. Entre outros, os contidos que se traballan son:

- Conceptos básicos sobre os novos materiais e as súas propiedades. Vantaxes e inconvintes do seu uso.

- Detectives de materiais: experimentacion coa pintura máis negra do mundo, cinta adhesiva inspirada no animal Gecko, area hidrofóbica e hidroxeles.

- Investigación sobre os polímeros mediante a fabricación de pelotas saltarinas e obxectos con plástico termo moldeable.

- Creación de biomateriais experimentando coa fabricación de materiais orgánicos biodegradables utilizando leite.

Para poder acadar estes contidos e os obxectivos do programa, uns días despois recibimos no centro, un kit con todos os materiais necesarios para desenvolver as actividades anteriores. Estes son algúns dos materiais que recibimos: