0 comments

DÍA DA PAZ 2022

Para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, ao longo da semana, entre todas as clases estivemos a facer esta gran e colorida pomba:


e tamén decoramos bonitos carteis de Paz:


Este é o que fixemos nós:


Hoxe na clase, estivemos a coñecer máis sobre este día con este libro lim sobre a Paz:


E despois de recreo, xuntámonos todas as clases na pista de fútbol (iso si, separados en grupos burbulla) para facer unha solta de máis nin menos 100 POMBAS MENSAXEIRAS!!!!!



0 comments

O CAMPIÓN DOS DECIMAIS

 
Dentro de pouco imos ter o exame de matemáticas. Para practicar e repasar utilizamos distintos recursos que atopamos na rede como a paleta de posición de números decimais que atopamos no blogue. "En nuestra clase de primaria":


E o xogo "O campión dos decimais" que atopamos no blogue de Actiludis. Co xogo, que é tradución do francés da páxina "La classe de Mallory", repasamos a transformación de decimal a fracción e viceversa, a escritura de números decimais e a súa posición.
E así xogamos:







E o noso gañador foi ... QUIQUE!!!

0 comments

NOVAS DE MACÍN

 


Hai uns días cando entramos na clase atopamos de novo a caixa do Mago Macín, esta vez enriba da mesa de Quique.

Quique abriuna con cuidado e viu que dentro había unha carta e varias revistas.

Na carta, Macín nos poñía que nos deixaba unhas cantas revistas para a clase e tamén nos pedía que fixéramos dous debuxos relacionados co cine: películas, personaxes,... para como cada ano facer un calendario para todo o cole.

Así que nos puxemos mans á obra e fixemos os dous debuxos entre todos.

Un, sobre Harry Potter e as súas películas:


E outro sobre Minecraft:


GÚSTANVOS?

0 comments

A NOSA PLANTACIÓN

 Así de ben están a crecer os nosos repolos e as nosas coliflores:


0 comments

FELIZ DÍA DE REIS!

O último día do trimestre, tivemos a gran sorte de contar no cole coa visita das Súas Maxestades os Reis de Oriente.

Cada clase, foi ao patio cuberto a visitalos e a botar no buzón real a carta que escribiron. Estas son as nosas:


E aquí nos tedes falando con eles:



Moi feliz día de Reis para todos/as. Espero que esteades a ter unhas boas vacacións e merecidas vacacións de Nadal.