Amosando publicacións coa etiqueta PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR. Amosar todas as publicacións
0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR

Un curso máis, o centro participa no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Este plan, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías,... impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Hoxe tivo lugar a primeira charla. Sara que pertence á Garda Civil, nos estivo explicando e informando dos riscos de Internet: descubrimos que todo o que se sobe a Internet queda en Internet para sempre e que non debemos falar polas redes con descoñecidos e moito menos facer cousas que nos pidan porque moitas veces pode suceder que realmente non sexan quen cremos que son.

 Tamén comentamos as cinco mensaxes da campaña "Móbil e videoxogos. Disfrutar sen abusar" promovida pola Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas que animan a ter un estilo de vida dixital de xeito equilibrado e saudable:

0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: DISCRIMINACIÓN E ODIO

 A segunda charla do Plan Director deste ano foi sobre discriminación e odio.

Unha vez máis, foi Sara, garda civil do posto de Fene, a encargada de falarnos de aporofobia, xenofobia, homofobia e outras formas de odio.

Vimos este video:

E quedamos moi sorprendidos ao ver que a xente non trataba igual á nena do video cando ía ben vestida ou cando ía sucia e mal vestida, incluso algunha xente separaba o seu bolso por medo a que lle roubara o pedía que a botaran fóra.

Despois da charla, todos e todas quedamos moito máis convencidos de que non debemos discriminar a ninguén por non ser do noso país, nin por ser diferente, nin por ter distinta orientación sexual.


0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: RISCOS DE INTERNET E ADICIÓNS (MÓBIL, VIDEOXOGOS, APOSTAS)

Comezamos as charlas do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para este curso.

Unha vez máis, a encargada de darnos a charla foi Sara, unha garda civil do cuartel de Fene.

Esta vez a charla tratou non so dos riscos de Internet senón tamén dalgunhas adicións de hoxe en día: o teléfono móbil, videoxogos para os que non temos idade todavía para xogar ou incluso apostas.

Descubrimos que todo o que se sobe a Internet queda en Internet para sempre e que non debemos falar polas redes con descoñecidos e por suposto non facer cousas que nos pidan porque moitas veces pode suceder que realmente non sexan quen cremos que son. Como exemplo do que non hai que facer vimos este video:

Coñecimos a Santiago, un ludópata rehabilitado que explicou a súa mala experiencia coas apostas:

Vimos a reacción violenta dun neno pequeno de sete anos cando a súa nai lle quitou o videoxogo co que estaba a xogar. Podedes ver o video neste enlace:

Adición á consola

E comentamos as cinco mensaxes da campaña "Móbil e videoxogos. Disfrutar sen abusar" promovida pola Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas que animan a ter un estilo de vida dixital de xeito equilibrado e saudable.






Na súa páxina tedes tamén unhas ligazóns para poder ver unha animación de cada unha das mensaxes en Youtube.

0 comments

SEGURIDADE VIAL

 A segunda charla do Plan Director foi de Seguriadade Vial. Durante preto dunha hora aprendimos por onde temos que cruzar,  que temos que levar cando imos en bici, precaucións que temos que tomar como pasaxeiros de coches e condutores de bicis ...

Foi unha charla moi entretida coa que aprendimos moito.



0 comments

1º CHARLA DO PLAN DIRECTOR


Hoxe recibimos a visita de Sara, unha garda civil, que veu para darnos unha charla informativa/formativa sobre o acoso escolar. Esta charla, a primeira das tres que nos van a dar (as outras dúas sobre outros temas que xa vos contaremos), pertence ao "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Durante a charla, quedounos moi clariño que o acoso escolar é calquer tipo de agresión non só a física senón  tamén a verbal (insultar, poñer motes, humillar ou inventar rumores sobre un compañeir@ tanto en persoa como por whatssapp, nas redes sociais,....) e a psicolóxica (aillar a un compañeiro, non deixalo xogar,....) coa intención de facer dano.


E sabedes que? É tan culpable a persoa que agrede como as testemuñas, é dicir, aquelas persoas que saben o que está a suceder e non fan nada para impedilo. 

Se estamos sufrindo acoso escolar ou sabemos de alguén ao que lle pase, o primeiro que hai que facer e falar cun adulto co que teñamos confianza e non responder tamén con violencia xa que magnificariamos o problema e non o arreglaríamos.

Nas nosas mans está parar o acoso escolar.

0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR

 

A segunda charla do Plan Director foi sobre un tema por desgraza tan de actualidade como é o Acoso Escolar máis coñecido polo seu nome en inglés Bullying.

Por acoso escolar entendemos non só todas as formas de actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que ocorren sen motivación evidente, adoptadas por un ou máis estudantes contra outro u outros, a través de constantes ameazas, agresións,... senón tamén os insultos, os motes, os rumores inventados sobre un compañeir@, deixar de lado a alguén ,aillalo, non deixalo xogar, apartalo,...

Se somos testigos de acoso escolar, non debemos estar calados senón todo o contrario, debemos informar a un adulto para evitar que isto siga sucedendo.

Algúns videos interesantes sobre acoso escolar:




LEMBRA:

0 comments

PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO

 Un curso máis, no cole participamos no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Este plan, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías,... impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Así que hoxe, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria,  tivemos a primera charla informativa da man de Sara que pertence á Garda Civil. Durante preto dunha hora, Sara estivo falándonos da violencia de xénero tanto da física como da psicolóxica así como dos estereotipos.

Vimos ademais este video no que aprendimos que a través das novas tecnoloxías tamén pode haber violencia de xénero, por exemplo humillando a outra persoa (parella ou exparella) compartindo fotos íntimas sen o seu consentimento e que facer isto é un delito.

0 comments

3ª CHARLA PLAN DIRECTOR: NOVAS TECNOLOXÍAS

Onte tivemos a terceira e última das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos". Durante unha sesión, Sara falounos dos beneficios de Internet pero tamén dos seus perigos.

Quedounos moi clariño, que en Internet temos que comportarnos igual que na nosa vida diaria, evitando as situacións de perigo e non abusando do seu uso. 

Vimos dous videos, un de Pantallas Amigas:


co que aprendimos que non debemos entrar en páxinas non axeitadas á nosa idade, nin aceptar a persoas descoñecidas nas nosas redes sociais e moito menos deixar que a cámara nos grabe con pouca ou ningunha roupa. Nunca sabemos quen pode estar ao outro lado da pantalla e antes de subir unha foto debemos facernos unha serie de preguntas como: dame vergoña que a vexa a miña familia? os meus amigos? os meus mestres e mestras? Unha vez que subimos unha foto a Internet ainda que a suprimamos ao pouco tempo xa nunca desaparecerá da rede.

E tamén vimos  este que falaba dos riscos de facer algúns dos retos que propón a popular rede Tic Toc cos que xa morreron alomenos cinco persoas:

0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR

Hoxe tivemos a segunda das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Durante unha sesión,  falounos das distintas situacións de acoso escolar e do importante que é o papel do testigo/a para que frene o acoso.



Vimos tamén un video onde se entrevistaba a dous rapaces que sufriron acoso escolar. Podedes velo na páxina web da Sexta premendo na imaxe:

0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: A VIOLENCIA DE XÉNERO NON TEN IDADE




A semana pasada tivemos a primeira das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Durante unha sesión, Sara, unha garda civil, falounos dos estereotipos, do maltrato verbal e psicolóxico dalgúns homes hacia mulleres coas que manteñen ou mantiveron algunha relación sentimental, dos prexuizos e do importante que é fomentar a igualdade.

Tamén vimos algúns videos como este, cos que aprendimos que o control sobre o noso móbil, a roupa que usamos ou os nosos amigos e amigas non é sinónimo de amor.

0 comments

OS PERIGOS DE INTERNET


O pasado 18 de xaneiro, Jose, un cabo da Garda Civil, veu a darnos unha charla sobre os Riscos de Internet. Esta charla pertence ao Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Durante preto dunha hora, Jose falounos dos perigos que podemos atopar cando usamos Internet sen seguridade, ensinounos como crear contrasinais seguras e que os principais perigos parten dos nosos seguidores e por iso, aconsellounos que nunca aceptásemos a ninguén que non coñecésemos en persoa. 

Durante a charla, vimos algúns videos como este:




Unha semana antes, tamén tivemos o taller "Desenrédate!Prevención das redes sociais" esta vez a cargo do Concello de Fene en colaboración co Concello de Neda co obxecto de ensinar aos nenos e nenas un uso sensato e responsable das redes sociais.

1 comments

3ª CHARLA PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO E DROGAS


O pasado xoves 24 de maio, tivemos a terceira e última charla do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar.

Comezamos falando da violencia de xénero.  Aprendimos que se fala de maltrato cando un home maltrata verbal ou psicolóxicamente a unha muller coa que mantén ou mantivo unha relación sentimental e que se a nosa parella quere influir en quen son os nosos amigos, en como imos vestidos, vixía todo canto facemos, míranos o teléfono móbil, ... iso non é unha mostra de cariño senón todo o contrario. Tamén, que todavía na actualidade hai moitos estereotipos e prexuizos hacia as mulleres, Conversamos sobre o importante que é que dende pequenos, fomentemos a igualdade entre os dous xéneros para evitar así que a violencia de xénero todavía teña cabida.

Ollade que atentos estabamos:



A continuación, tocoulle o turno ás drogas, entre elas o alcol e o tabaco. Foi unha charla moi interesante e ao rematar todos tiñamos moi clariño que ... NON QUERIAMOS SABER NADA DAS DROGAS!!!!!!!! nin das permitidas nin das prohibidas.

Vimos ademais este video onde dun xeito cómico nos fala de 10 drogas que nunca debemos tomar e máis se imos conducindo:

0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR


O venres, tivemos a segunda charla do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. O tema desta nova charla foi: "O ACOSO ESCOLAR" tamén coñecido como BULLYING.

Aprendimos que é tan culpable o acosador como o que está de espectador e non fai nada para frear o acoso informando a un adulto e tamén que nunca debemos responder a unha situación de acoso con violencia, unha porque se pode magnificar a situación e non solucionaríamos nada e outra, porque nos poñeriamos ao mesmo nivel que o acosador.

Vimos estes dous videos:





Outros videos para falar do acoso en Educación Primaria:

0 comments

3ª CHARLA PLAN DIRECTOR: "ACOSO ESCOLAR"


O 23 de maio tivemos a terceira e derradeira charla do plan director, neste caso adicada a un tema tan de actualidade como é o acoso escolar.

Collage feito con Fotor

Por acoso escolar entendemos non só todas as formas de actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que ocorren sen motivación evidente, adoptadas por un ou máis estudantes contra outro u outros, a través de constantes ameazas, agresións,... senón tamén os insultos, os motes, os rumores inventados sobre un compañeir@, deixar de lado a alguén ,aillalo, non deixalo xogar, apartalo,...

Quedounos moi clariño que en caso de sufrir ou observar algún caso de acoso, non debemos tomar a xusticia pola nosa man senón que temos que informar sempre a unha  persoa adulta: pais, profesores,... e que tan grave é o que fai o acosador como ser testemuña e non dicir nada.

Durante a charla, visionamos estes videos sobre o acoso e algún tamén relacionado coa violencia de xénero:




Na rede atopei este fantástico libro en forma de cómic para falar cos máis pequenos do tema:


E tamén esta presentación de María Sebastian White con actividades sobre o mesmo:


LEMBRA:


3 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: "NON XOGUES COAS DROGAS"


O xoves da semana pasada, tivemos no cole a segunda charla do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar. Nesta ocasión o tema foron as drogas e entre elas o alcol e o tabaco. Foi unha charla moi interesante e ao rematar todos tiñamos moi clariño que ... NON QUERIAMOS SABER NADA DAS DROGAS!!!!!!!! nin das permitidas nin das prohibidas.

Durante a charla visionamos varios videos como estes:

-Para sensibilizar aos xóves sobre os riscos do consumo do alcol:



- Ou para informarnos  dun xeito cómico, de que non debemos de tomar drogas e moito menos se estamos ao volante:



Ademais pola rede, atopei este video de prevención de adicciones a través de marionetas, que pode resultar moi útil para os cursos máis pequenos:


Algunhas fotos da charla ...


Presentación feita con PhotoScape

0 comments

1ª CHARLA PLAN DIRECTOR: NAVEGACIÓN SEGURA POR INTERNET


Un curso máis, solicitamos o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon ao noso dispor a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este Plan consiste en tres charlas informativas/formativas que se dan nos centros para alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, sobre temáticas como; acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, ...

O mes pasado, tivemos a primera destas charlas, a cargo de José Antonio , da Comandancia de A Coruña, e tratou sobre os Riscos de Internet. José Antonio falounos dos riscos de navegar por internet sen a suficiente seguridade e tamén do coidado que temos que ter á hora de subir imaxes tanto as redes sociais como facebook, twitter, instagram como ao whatssap.

Para mostra, estes tres videos que vimos:

     



Ollade que atentos estabamos todos:


Para saber que temos que facer, neste video de PANTALLAS AMIGAS; están AS DEZ CLAVES PARA USAR INTERNET CON SEGURIDADE:


E podemos ver canto sabemos con este estupendo xogo. Clica na imaxe para acceder:

0 comments

TERCEIRA CHARLA DO PLAN DIRECTOR: "NON XOGUES COAS DROGAS"

A principios de mes,  tivemos a terceira e última charla do Plan Director. Nesta ocasión, Jesús falounos das drogas,  tanto das permitidas como o alcohol ou o tabaco como das prohibidas como a marihuana.


Comenzounos falando do tabaco e das consecuencias que podía ter para o noso organismo o seu consumo. Primeiro ensinounos esta imaxe onde podiamos ver algúns dos componentes dun cigarro e comentamos algún deles:


A continuación vimos un experimento no que uns alumnos de 1º de Bachiller do IES Nuestra Señora de la Consolación en Madrid, extraían todo o alquitrán contido nun cartón de tabaco. Quedamos abraiados cos resultados!!!!!! Aquí volo deixamos:


Despois tocoulle o turno ao consumo de alcohol Vimos algunhas imaxes nas que se podían ver algunhas das consecuencias de inxerir bebidas alcohólicas: xente en coma etílico, accidentes de tráfico, ....


E xa para rematar, Jesus falounos das drogas prohibidas como a marihuana e o hachís: das consecuencias para o organismo;das penas  por delitos de tráfico, consumo e/ou elaboración, ...


Aprendimos moitísimas cousas sobre o tema. Ollade que atentos estabamos:



Foi unha charla moi interesante!!!!!!

0 comments

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR: RISCOS DE INTERNET


Jesús, un garda civil, veu onte ao colexio para darnos unha charla informativa/formativa sobre os riscos de Internet. Esta charla, a primeira das tres que nos van a dar (as outras dúas sobre outros temas que xa vos contaremos), pertence ao "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Foi unha charla do máis interesante. Ao longo de preto dunha hora, Jesús falounos dos perigos cos que nos podemos atopar cando usamos Internet (tanto no ordenador como en móbiles e  tablets) para as redes sociais como tuenty, facebook, twitter, instagram, snapchat,... e o whatssap e aconsellounos coñecer ben os programas antes de descargalos nos nosos dispositivos para saber que é o que estamos aceptando e non ter que arrepentirnos no futuro.

Isto non quere dicir  que o uso de Internet sexa malo, ao contrario xa que  ten grandes e moi boas vantaxes, só que debemos utilizar a rede con precaución sobre todo cando subimos información nosa para crear un perfil ou cando compartimos imaxes. 

Estivemos moi atentos para non perder detalle:


E para non olvidar o aprendido, quen mellor que Phineas e Ferb para lembrárnolo:


Ademais na páxina da Xunta temos: "NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPACIO" "unha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con precaución pola Rede evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet e se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos". Este Plan, inclúe ademais dunha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias; un xogos para aprender lendo e xogando.


E xa para rematar deixámosvos unha infografía sobre Boas Prácticas nas Redes Sociais:

Feita con Piktochart