TARXETAS DE NADAL
Etiquetas CURSO 2022/23, ELECTRICIDADE, NADAL, NAVIDAD, TARXETAS
ELECTRICIDADE ESTÁTICA E MAGNETISMO
Na clase de Ciencias Naturais andamos a falar da electricidade estática. Utilizamos este simulador:
Simulador de electricidade estática
E fixemos dous sinxelos experimentos cun globo: atraer anaquiños de papel e levantar os pelos.
Tamén fixemos un compás caseiro cunha agulla imantada para que sempre nos indique o norte:
Despois, subimos todas as fotos ao noso muro virtual de experimentos:
Etiquetas CCNN, CURSO 2022/23, ELECTRICIDADE, ELECTRICIDADE ESTÁTICA, MAGNETISMO
EXPERIMENTOS MOI ELECTRIFICANTES
Cun polímetro, dous cables de cobre (que actúan como ánodo, é dicir carga negativa) e un parafuso (que actúa como cátodo, é dicir carga positiva) , medimos a electricidade que produce unha pataca (0,96 V), unha mazá (0,97 V ) e un limón (0,99 V) comprobando que canto máis ácido é o produto que utilizamos máis electricidade produce.
Facemos un circuito cunha pila de petaca, unha bombilla e uns cables de cobre. Deixamos un lado aberto para poder comprobar se un coitelo de metal ou unha regra de plástico pechan o circuito e segue circulando a electricidade (material condutor) ou este paso se interrumpe (material illante). Comprobamos que os metais son bos condutores da electricidade e que o plástico é un material illante.
Etiquetas CCNN, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2020/21, ELECTRICIDADE, EXPERIMENTOS
ELECTRICIDADE E MAGNETISMO
Tarxetas para repasar os contidos fundamentais deste tema:
Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez
Tamén podedes repasar xogando con estes xogos que preparei para vos con WordWall:
- O concurso das cargas eléctricas:
- Unir os compoñentes dun circuíto eléctrico coa súa función:
Etiquetas CCNN, CURSO 2020/21, ELECTRICIDADE





















.png)















