3 comments

APRENDEMOS A DESCRIBIR PERSOAS


E que mellor xeito de facelo que a través dun conto?
Na PRIMEIRA SESIÓN, pechamos as persianas, colocamos as cadeiras diante do encerado, apagamos a luz e a profe coa axuda dunha lanterna ... contounos unha  lenda brasileira: Había unha vez un SACÍ PERERÉ, iso si, omitindo a parte onde nos di como é e as cousas que fai.

Aquí tedes a lenda:


Unha vez que rematamos de escoitala, comezou o noso turno. Entre todos empezamos a dicir como pensabamos que era o SACÍ PERERÉ:


Na SEGUNDA SESIÓN: Escribimos a nosa descrición de xeito individual e debuxamos ao SACÍ PERERÉ:


E xa para rematar fixemos unha AVALIACIÓN FIGURO-ANALÓXICA na que cada un se autoavaliou e indicou as súas razóns na elección das imaxes:



Como nos quedamos coa intriga de como sería, uns días máis tarde, voltamos a escoitar a historia pero esta vez sen que faltase nada e por fin descubrimos como era realmente o SACÍ PERERÉ:


ALGÚNS RECURSOS PARA TRABALLAR  AS DESCRICIÓNS:

  • Exercicios interactivos:



3 comments

DEBUXAMOS EN PAPEL DE XORNAL


Como xa vos contamos con anterioridade, dentro do noso traballo da SEMANA DA PRENSA, fixemos uns debuxos tomando como base unha folla de xornal. Agora que xa os rematamos queremos ensinarvos como nos quedaron:


GÚSTANVOS?

0 comments

VISITAMOS SOGAMA


O xoves pasado fomos cos nosos compañeiros de sexto, de excursión a Cerceda, concretamente a SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que é un complexo medioambiental no que se produce a separación dos materiais reciclables depositados na bolsa amarela (envases plásticos, latas e bricks) e na bolsa negra (orgánicos). Alí, valórense os residuos que se poden aproveitar e se eliminan os que non son reutilizables ou reciclables.

Primeiro, unha das nosas guías, explicounos como era o complexo a través dunha gran maqueta:





A continuación fomos a unha sala onde vimos unha presentación na que nos quedou moi clariña a REGRA DAS TRES 5: reducir, reutilizar, reciclar.





Cando rematou a charla e a presentación, equipámonos adecuadamente con casco, marcarilla e chaleco refrectante e realizamos á visita ás instalacións:







Foi unha visita moi instructiva na que aprendimos o que se fai coas bolsas de lixo das nosas casas.

2 comments

RECICLAMOS LATAS DE REFRESCOS


Na nosa clase estamos moi concienciados co Medio Ambiente e por iso reciclamos todo o que se nos poña diante. Esta vez tocoulle o turno ás latas de refrescos.

Collimos as latas e con elas fixemos un pequeno cuenco que nos pode servir de cinceiro, de portavelas , de portachaves ou de calquera outro uso que lle queramos dar.

Ollade que concentrados estabamos facéndoo:


E que bonitos nos quedaron:


Unhas sinxelas instruccións para facelos:


Como podedes ver, primeiro coa axuda dun cúter cortamos a parte superior da lata. Retocamos coas tesoiras para que quede toda a parte de arriba o máis igualada posible e non corte. A continuación lles facemos uns cortes de aproximadamente un centímetro ou centímetro e medio hacia a base da lata. Abrimos hacia fóra e agora só nos queda ir poñendo cada tira por encima da seguinte e procurando que quede por debaixo da terceira. Así ata chegar ao final. Para que nos quede ben rematado pola parte de atrás hai que ir dobrando cara atrás cada un dos trozos de tira que asoman.


QUE VÓS PARECEN?

4 comments

DÍA DA POESÍA: ESCRIBIMOS BIOPOEMAS


Con motivo do día da poesía  na clase estivemos a facer uns BIOPOEMAS que son nin máis nin menos que poemas sobre a nosa vida.

Estes poemas teñen que seguir una determinada estructura pero están abertos a todo o tipo de modificacións que un queira facerlle.

Nos nosos había que seguir estas indicacións:

1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido

Aquí vos deixamos as instruccións e as plantillas que utilizamos nós, tanto en GALEGO como en CASTELÁN:



Para ilustralos, collimos unhas fotos nosas e  as convertimos en debuxos a lapiz coa aplicación online PicJoke:

Así que escribimos os nosos poemas, coloreamos as nosas fotos e ... ISTO É O RESULTADO. Esperamos que vos gusten:

3 comments

SEMANA DA PRENSA II

Imaxe de Phillip Martin

Como xa vos contamos, durante esta semana entre exame e exame estivemos a traballar a PRENSA tal e como se nos indica no calendario escolar da Xunta de Galicia. Ademáis de converternos en xornalistas por un día coas novas que poidéchedes ler na entrada anterior, aprendimos moitas cousas dos xornais: cal é cabeceira, que información nos aporta, cales son as seccións dun xornal, que podemos atopar en cada unha ,....


Fixemos ademais un traballo de investigación sobre algúns datos de interese como cal era o xornal máis leído ou  cal era o máis pequeno. E temos pendente ver os tipos de xéneros periodísticos que deixaremos para a vindeira semana.

Esta é a unidade didáctica que preparamos para esta semana:


Ademais na hora de plástica de hoxe comezamos a facer uns debuxos utilizando como soporte unha folla do xornal. Así están a quedar:


Xa volas amosaremos cando estean rematados.

2 comments

SEMANA DA PRENSA


Como podedes ler no xornal, esta semana estamos a celebrar no cole a Semana da Prensa. Dende o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, se nos propuxo inventar unha noticia para facer despois unha exposición con todas elas.

Así que, aunque xa a vimos no primeiro trimestre, repasamos un pouquiño o que é unha noticia: Unha noticia é unha narración obxetiva dun feito actual e de interese xeral que ten que dar resposta a estas preguntas: 


Tamén lembramos que as partes principais dunha noticia son:


Por exemplo:
Imaxes do libro de Lingua Galega de 5º EP. Celme. Edit. SM

Así que puxémonos mans á obra e estas son as novas que inventamos:


Ollade que bonita está a entrada do noso cole coas noticias de todos os nenos do centro e a exposición de xornais antigos:


Algúns recursos  para traballar as noticias:





0 comments

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 5: HIXIENE NA COCIÑA


Cris, rematou o noso obradoiro de nutrición desta semana falándonos das catro normas básicas que se deben seguir na manipulación de alimentos:
  •  LIMPAR: Hai que lavar ben as mans antes de tocarlle aos alimentos e despois de tocar carne ou pescado crú. Asemade temos que limpar ben a superficie na que imos traballar e os utensilios que imos utilizar.
  • SEPARAR: Debemos separar os alimentos crús dos cociñados e utilizar utensilios diferentes.
  • COCIÑAR: Temos que cocer suficientemente os alimentos para eliminar as posibles bacterias que poidan conter.
  • ENFRIAR:  É convinte gardar as comidas cociñadas no refrigerador xa que a temperatura ambiente as bacterias se propagan máis rapidamente.


Como as veces anteriores, para que nos quedase ben clariño fixemos un sinxelo experimento:

- Cris repartiu a cada un un trozo de polo (bóla de plastilina amarela) que como estaba crú tiña algunhas bacterias (purpurina de cor azul), así como coitelos de plástico e tamén un forno para ca equipo:


- A continuación repartiunos o pan e os ingredientes necesarios para facer o noso bocata de polo: leituga, tomate, cebola, pepino, queixo, ovo,.... e nos puxemos mans á obra. Tivemos que cortar o polo, poñelo no forno e colocar o resto de ingredientes no noso bocata:


- Ollade que pinta máis deliciosa tiñan:


Cando rematamos os nosos bocadillos, Cris explicounos o que fixemos mal e é que non lavamos as mans nin antes de empezar a cociñar nin despois de tocar o polo crú polo que as bacterias do polo antes de ser cociñado pasaron ao pan e ao resto dos ingredientes.

E xa para finalizar a sesión de hoxe, plasmamos estas conclusións nunha sinxela ficha para non olvidarnos:


MOITÍSIMAS GRAZAS CRIS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS ESTA SEMANA!!!!!