Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO PUNTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DO PUNTO. Amosar todas as publicacións
0 comments

CELEBRANDO O DÍA DO PUNTO


Hoxe celebramos na clase o DÍA INTERNACIONAL DEL PUNTO, unha proposta artísitica que se debe a Peter H. Reynolds, autor do conto do mesmo título EL PUNTO. Dende hai uns dez anos, numerosos países de todo o mundo celebran "The International Day Dot" o 15 de setembro para alentar e estimular a creatividade dos nenos e nenas. 

Estas son as diferentes actividades que desenvolvimos nesta divertida xornada:

1º) Primeiro coñecimos o conto. Antes de ver este video que atopamos en youtube falamos de como nos sentimos cando empezamos algo novo ou cando temos que facer algo que nos parece moi difícil, de se lles gustaban debuxar ...


Despois de visionalo ademais de comentar o conto, cada un explicou o seu punto de vista sobre el, o que lle pareceu e tamén o que máis lle chamou a atención.

2º) A continuación repartimos uns puntos grandes para que poidesen deixar a súa pegada e o seu nome neles:

http://www.fablevisionlearning.com/pdfs/dotday_colar_page.pdf

Cada un decorouno e pintouno según lle dictaba a súa creatividade utilizando a técnica do Zentangle e unha vez que remataron ... coa tablet da clase e a APP colAR Mix, poideron ver como os seus puntos COBRABAN VIDA!!!!!!!!! Que divertido!



E polo traballo ben feito, cada un levou para casa un diploma acreditativo de participación na actividade:


QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!

3 comments

DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO I


O venres celebramos o Día Internacional do Punto en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de Educación Primaria. Para aquelas persoas que non o saiban, este día celébrase todos os anos  en moitos países, arredor do 15 de setembro, para fomentar a creatividade , tomando como base o libro "El punto" de Peter Reynolds.

Ao igual que en anos anteriores, Miren do blog "La clase de Miren" e máis eu decidimos organizalo conxuntamente e coas mesmas actividades para poder comparar a experiencia en distintos niveis: ela en Educación Infantil e nós en 5º de Primaria.

Para celebralo, reunímonos os doua cursos na aula de informática. Alí, lembramos o conto, con este video de Beatriz Quintero e falamos sobre el:



A seguinte actividade, foi facer unha MANDALA utilizando a técnica do MONOTIPO (Estampación por contacto dunha imaxe feita nun soporte ríxido antes de que se seque a pintura).

Primeiro, cortamos uns círculos grandes en cartón duro, forrámolos con papel de aluminio e pegámoslle por detrás un asa feito con cinta aillante:


A continuación, mesturamos nas paletas tres cores: amarelo, laranxa e vermello e pintamos a superficie prateada:


Cun bastonciño de algodón, fixemos o deseño da nosa mandala:


E estampamos en cartolina branca. Aínda que non saíron os resultados que esperabamos, quedaron moi bonitos igual, non si?


Unha vez secos, recortámolos en pegámolos no cartón que utilizamos para estampar, unha vez retirado o papel de aluminio. Pola parte de atrás, pegamos o noso nome escrito coa fonte CIRCLE CAPS que podedes descargar premendo no seu nome:



E levamos para casa, estes chulísimos marcapáxinas que preparamos:


Ademáis, na clase de Lingua Castelá fixemos outro traballiño relacionado que vos amosaremos na seguinte entrada.

Idea orixinal da mandala:
 http://www.teachkidsart.net/monoprint-mandalas/

1 comments

CELEBRAMOS O DÍA DO PUNTO


Ao igual que o ano pasado, este ano celebramos na clase o día internacional do punto. Para os que non o saibades, esta celebración ten lugar cada ano o 15 de setembro ( ainda que tamén pode celebrarse entre o 13 e o 17 deste mes ) porque nesta data, Peter Reynolds publicou o seu libro "EL PUNTO"  . Con ela trátase de fomentar a creatividade de grandes e pequenos  partindo da consigna de que ONDE HAI UN PUNTO HAI UN CAMIÑO.

Para comezar, fomos á aula de informática a ver un video do conto, nesta ocasión narrado por Beatriz Montero:


Despois de falar sobre o conto de Vasthi e de como se sentía ao principio e ao final do mesmo, deixamos voar a nosa  creatividade utilizando dúas fichas que se poden atopar na páxina de PeterReynolds.com/dot :


Primeiro debuxamos no lienzo en branco o que nese momento se nos ocurriu e despois coloreamos e recortamos o marco para ao igual que a profe de Vashti,  pendurar as nosas obras de arte nas paredes (neste caso na porta interior) da nosa clase. Ollade que bonita quedou cos puntos e debuxos tan creativos que fixemos:


Tamén quixemos deixar a nosa marca e a nosa firma para a posteridade , por iso fomos pasando de un en un a a poñela nun gran círculo branco:



Ata a profe deixou a súa marca . A ver se sodes capaces de averiguar cal é :




E xa para rematar unha celebración tan especial, non podía faltar a TECNOLOXÍA, así que como nos ordenadores do cole foi imposible,a profe descargou  nun pequeno ordenador seu, da páxina de FableVision  , unha versión de proba de quince días do software de Peter Reynolds, ANIMATION-ISH que como o seu nome indica, serve para facer animacións. E como co rato é moi difícil debuxar ...houbo que buscar outras opcións ji ji Ollade, ollade:




Así quedaron as animacións, son moi curtiñas, apenas duran uns segundos, pero para ser a primeira vez ... NON ESTIVO NADA MAL, non credes?



Ademais cada un levou para casa un pequeno imán conmemorativo para lembrar este día:


FAGAMOS QUE O DÍA DO PUNTO SEXAN TODOS OS DÍAS DO ANO E QUE NON SE PERDA A CREATIVIDADE NAS NOSAS AULAS!!!!!!!