Amosando publicacións coa etiqueta FRAGAS DO EUME. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FRAGAS DO EUME. Amosar todas as publicacións
0 comments

CHARLA FRAGAS DO EUME

 

Hoxe, grazas ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) que conta co apoio da Deputación da Coruña, tivemos unha charla sobre o parque natural das Fragas do Eume co obxecto de coñecer a importancia e o valor que ten.

Durante preto dunha hora coñecimos a flora e a fauna da Fraga, as especies que están ameazadas, algunhas especies invasoras, o seu patrimonio etnográfico e histórico e tamén os principais problemas ambientais que sofre e como entre tod@s podemos axudar a protexela.

Proximamente, faremos unha ruta guiada polas Fragas para poder ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos durante a charla.

0 comments

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

 A finais de setembro tivemos unha charla da asociación CEIDA no cole sobre os parques naturais e en concreto sobre as Fragas do Eume. A idea era que unha semana máis tarde fósemos ás Fragas para ver en directo todo o aprendido pero por culpa do mal tempo e por falta de datas, non puidemos facer a saída ata hoxe.

E hoxe a pesar de que chovía un pouco, por fin fixemos a visita. Durante a camiñata polas Fragas ata o mosteiro de Caaveiro, descubrimos distintas especies vexetais (como os seus fentos de gran  tamaño) e animais (como o caracol de cuncha plana).

Gustounos moitísimo!

0 comments

VISITAMOS AS FRAGAS DO EUME

Hoxe por fin visitamos as Fragas do Eume. Primeiro fixemos unha ruta circular polo río . Durante a mesma puidemos disfrutar da bonita paisaxe, da flora (os fentos xigantes e os máis pequenos, castiñeiros, carballos, ...) e tamén da fauna (o caracol de Quimper que ten a cuncha plana, unha pequena rá, eirugas, opilion - araña de patas longas-, ...).


Despois dun pequeno descanso para merendar, visitamos o que queda do Mosteiro de Caaveiro do século X.II, e grazas ao guía do mesmo e ao noso monitor Ángel, aprendemos moitas cousas sobre el.

Queredes ver algunhas fotos da saída?

0 comments

CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de EP tivemos unha charla a cargo de Ángel Prieto que traballa para a asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta asociación tal e como eles anuncian na súa páxina, "promove a educación ambiental así como o intercambio científico e cultura, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido".

Ángel, a través dunha pequeña presentación, falounos de xeito sinxelo e ameno das características dun espazo natural protexido que temos preto de nós, "As fragas do Eume" e tamén dalgunhas medidas que podemos tomar nós para preservalo.









A vindeira semana veremos en vivo e en directo moitas das plantas e dos animais que nos amosou Ángel na presentación. Estamos desexando ir.