REFLEXIÓN E REFRACCIÓN
Hoxe tocou experimentar o fenómeno da refracción e da reflexión facendo tres experimentos:
- A frecha máxica
- O lapis que se rompe
- O raio láser que rebota na auga
Hoxe tocou experimentar o fenómeno da refracción e da reflexión facendo tres experimentos:
Etiquetas CCNN, CURSO 2024/25, EXPERIMENTOS, REFLEXIÓN, REFRACCIÓN
Como este mes é o mes da ciencia en galego, os alumnos e alumnas de quinto e sexto que somos voluntarios na biblioteca, fixemos uns experimentos durante os recreos para o resto de nenos e nenas do cole.
Etiquetas CURSO 2023/24, EXPERIMENTOS, MES DA CIENCIA EN GALEGO
Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos ao CIS Tecnoloxía e Deseño un organismo que pertence a Axencia Galega de Innovación para facer dous talleres.
Os de quinto comezamos co taller de TECNOLAB. Alí aprendimos moitas cousas sobre electrónica e placas programables educativas como Microbit. Primeiro aprendimos a programar un saúdo na placa, a controlar luces e sinais inalámbricas e para finalizar nos enfrontamos ao reto de construir un sistema de alarma que resistise a instrusión.
O segundo taller foi sobre A QUÍMICA E A COSMÉTICA. Na primeira parte aprendimos dun xeito divertido as principais características da materia e a súa estructura interna: os átomos, os estados da materia e os cambios de estado :
a) Descubrimos que non todos os gases pesan o mesmo a través de demostracións con helio para comprobar a súa lixereza e estabilidade e mesturando bicarbonato e vinagre para xenerar dióxido de carbono co que podemos apagar velas de xeito case máxico, démonos conta de que os gases son invisibles utilizando un bazooka de aire e unha máquina de fume )
b) Observamos distintas propiedades dos líquidos como o PH e a densidade: calculamos distintos pH e creamos unha columna de densidades .
c) Aprendimos as principais características dos sólidos.
d) Vimos demostraciones "máxicas" con reactivos como a nitrocelulosa.
e) Por último elaboramos unas bombas de baño para descubrir a importancia da química en cousas tan cotiás como os cosméticos.
Fai clic na imaxe para ver algunhas fotos da xornada:
Etiquetas CCNN, CCSS, CIS, CURSO 2023/24, EXPERIMENTOS, SAÍDAS
No tema das plantas descubrimos que as plantas son verdes porque as súas células teñen uns orgánulos chamados cloroplastos que á súa vez conteñen clorofila.
Para ver de onde saía esa cor verde fixemos unha cromatografía.
1º) Cortamos as follas de espinacas en anaquiños pequenos e puxémolos nun vaso de papel.
2º) Engadimos alcol e unha pouquiña auga ata cubrir os anaquiños e removimos ben cunha culler.
3º) Coamos a mestura e deixamos repousar un rato.
4º) Por último, cortamos unha tira de papel de filtro, pegámola a un pauciño e a colocamos en posición vertical (apoiando o pau no vaso) de forma que só quede o extremo en contacto coa mestura.Que pasou?
A acetona, disolveu as substancias que lle dan cor ás follas. Estas substancias, foron arrastradas cara arriba do papel a medida que a acetouna as empapaba.
Este experimento permitiunos ver por unha banda que en realidade hai dous tipos de clorofila, a A de cor verde escura, e a B, máis brillante e pola outra, que ademais as follas tamén adoutan ter outras substancias que dan cores alaranxadas, chamadas carótenos.
Etiquetas CCNN, CROMATOGRAFÍA, CURSO 2023/24, EXPERIMENTOS
Onte fomos de excursión a A Coruña. Primeiro visitamos a Domus. Alí fixemos un obradoiro chamado "Bocados" sobre hábitos alimenticios no que coñecimos diferentes cereais tanto a súa planta a través de imaxes como a súa semente:
Fixemos un Kahoot con eles:
Etiquetas A DOMUS, CASA DE LA CIENCIAS, CURSO 2022/23, EXCURSIÓNS, EXPERIMENTOS
En ciencias naturais estivemos a voltas coas plantas. Vimos as súas partes:
Etiquetas CCNN, CROMATOGRAFÍA, CURSO 2021/22, EXPERIMENTOS, PLANTAS
Estes días, na clase estamos a falar das consecuencias do uso da enerxía e entre elas, da chuvia ácida e do efecto invernadoiro.
Para que nos quedase máis clariño fixemos dous experimentos. Queredes velos?
- EXPERIMENTO CHUVIA ÁCIDA:
- EXPERIMENTO EFECTO INVERNADOIRO:
Etiquetas CCNN, CHUVIA ÁCIDA, EFECTO INVERNADOIRO, EXPERIMENTOS
Seguindo cos nosos experimentos, chegoulle o turno á densidade. Sabemos que uns obxectos flotan ou non dependendo da súa densidade e tamén que non todos os corpos teñen a mesma densidade. Para demostralo fixemos un pequeno experimento.
Collimos cinco substancias: auga, alcohol, aceite, mel e lavavaixelas e un botellín de auga. Primeiro a profe dounos esta ficha para que puxeramos en que orde críamos que se ían a dispor as distintas substancias dentro da botella:

Despois de ver os resultados, chegamos a conclusión que de maior a menor densidade, quedaría así:
mel > lavavaixelas > auga > aceite > alcohol
Polo tanto a substancia máis densa é o mel e a menos densa é o alcohol. E así o puxemos na nosa ficha:
Non nos confundimos tanto nas nosas predicións, non si?
Etiquetas CCNN, CURSO 2021/22, DENSIDADE, EXPERIMENTOS, MATERIA, PROPIEDADES MATERIA
| 0 | ||||||||||||||||||||
|
