Amosando publicacións coa etiqueta LC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LC. Amosar todas as publicacións
0 comments

COMEDEIROS DE DITONGOS E HIATOS

 


En lingua galega e castelá estamos a estudiar os ditongos e hiatos. Para repasar dun xeito un pouco máis divertido utilizamos "OS COMEDEIROS DE DITONGOS E HIATOS" que atopamos no blog LA MADEMOISELLE DU FLE e que podedes descargar na súa páxina.

A profe puxo os dous comedeiros na pizarra e repartiu os ósos entre todos. Por orde, saímos a colocar os nosos ósos no comedeiro correspondente.







Despois, copiamos todas as palabras na libreta, clasificámolas e correxímolas pola pizarra.

0 comments

REPASAMOS LINGUA CASTELÁ

 


Para repasar o tema 1 de Lingua Castelá fixemos un concurso no que tiñamos que pasar unha primera ronda, unha segunda, unha terceira e por último a ronda final.

O concurso fixémolo con Power Point seguindo este videotitoral de PREGUNTAS  do profe Víctor o cal modificamos ao noso gusto por exemplo engadindo un cronómetro personalizado que fixemos seguindo estoutro videotitorial CRONÓMETRO de Soporte TI CCNA.

Facendo clic na imaxe superior ou no enlace de abaixo podedes acceder ao recurso.

https://docs.google.com/presentation/d/17VOi9XD3WaeTjxS0tvCN50efKLin8A25JyEkA5q_Rjs/edit?usp=sharing

 Esperamos que vos resulte útil.

0 comments

ACENTUACIÓN DE PALABRAS

Despois de ver unha entrada no blogue La mademoiselle du FLE na que repasaba acentuación utilizando unha ruleta de Ikea e imaxes de palabras, ocurríusenos facer a mesma actividade cambiando a ruleta de Ikea por unha ruleta que preparamos online coa App Sorteos:

https://app-sorteos.com/wheel/E2GGG
 
Por turnos, cada neno/a fixo xirar a ruleta, descubriu a palabra que lle tocaba, escribiuna co seu rotulador (por isto no coronavirus) na pizarra , rodeou a sílaba tónica e clasificouna en agudas, graves e esdrúxulas.