0 comments

PAPÁ CANIBAL

 

Se a semana pasada nos visitou Andrea Maceiras, hoxe tocoulle o turno a Antonio M. Fraga. Durante preto dunha hora, Antonio amosounos algúns dos lugares nos que se inspirou para a súa obra "Papa canibal" o segundo dos libros que limos no Club de Lectura, falounos de como se lle ocurreu escribir o libro, animounos a escribir e incluso nos ensinou como cantaba Fedora!!!!! 

E ao final, antes de irnos, adicounos o libro a tod@s.

0 comments

DÍA DA POESÍA

 Polo día da Poesía, primeiro inventamos uns fermosos poemas sobre a Primavera:



A continuación, escribímolos nunhas cintas de cores:


E para rematar, o venres, xunto con todo o cole, recitamos os nosos poemas na pista:

0 comments

ANDREA MACEIRAS E A FOLLA AZUL


 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria recibimos a visita de Andrea Maceiras a autora do primeiro libro que limos no Club de Lectura deste ano: A folla azul.

Durante preto dunha hora Andrea falounos do seu libro e cunha fermosa presentación fíxonos adentrarnos na selva e sentir moita das cousas que nela había.

Ao rematar, firmounos os nosos libros e como non, sacamos unha foto de grupo.


0 comments

MAQUETAS DE CÉLULAS

 Ollade que maquetas máis chulas facemos sobre as células animais e vexetais:












0 comments

AS PLANTAS

 En ciencias naturais estivemos a voltas coas plantas. Vimos as súas partes:



Aprendimos a clasificar follas:







Descubrimos como fabrican o seu propio alimento grazas a fotosíntese:




Tamén como se reproducen de forma asexual:


E sexual:




E para rematar fixemos unha cromatografía utilizando follas e xiz:








Este experimento permitiunos ver que e realidade hai dous tipos de clorofila, a A que é máis escura e a b que é máis clara e brillante e que ademais, as follas teñen outras substancias que dan cores alaranxadas chamadas carótenos.

0 comments

EXCURSIÓN AO ROQ PARK DE VIVEIRO

 


Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos de excursión ao Roq Park de Viveiro.

Pasámolo fenomenal facendo arborismo e disfrutando dos karts. Foi, sen dúbida, un gran día.

Podedes ver as fotos na galería da páxina web do cole ou clicando na ligazón de abaixo:

0 comments

APRENDEMOS LAS FRACCIONES EQUIVALENTES JUGANDO

 Para practicar as fraccións equivalentes, xogamos con dous xogos que atopamos en Internet:

- A PASTELERÍA DAS FRACCIÓNS que atopamos no blog PROFERECURSOS.COM


- XOGO FRACCIÓNS EQUIVALENTES que atopamos na páxina TWINKL.ES

Ollade que ben o pasamos e canto aprendimos: