Se hai uns días amosábamosvos as fotos do noso apadriñamento lector aos nenos da clase de 4 e 5 anos da profe Pili na biblioteca, hoxe queremos amosarvos as fotos do apadriñamento lector que fixemos nas clase dos nenos de 3 e 4 anos da profe Victoria.
Todos os da clase de 5º , incluído Íker, ao que conseguimos convencer ;), leronlle un contiño ou dous ao seu "afillado":
APADRIÑAMENTO LECTOR 3 E 4 ANOS
29 abril 2015
Publicado por
Ana Martínez
en
22:35
3
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN LECTORA, APADRIÑAMENTO LECTOR, CURSO 2014/15
MERCADILLO DE LIBROS
26 abril 2015
Continuando coa celebración do libro, o venres a última hora fixemos un MERCADILLO DE LIBROS. Para iso, montáronse no corredor central do cole catro mesas, unha por cada ciclo, identificadas con distinto cor: azul, vermello, verde e amarelo.
Publicado por
Ana Martínez
en
23:23
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2014/15, DÍA DO LIBRO, MERCADILLO DE LIBROS
ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
23 abril 2015
Con motivo da celebración do día do Libro, ao longo deste mes, cada clase estivo preparando cos seus alumnos/as unhas LENDAS. Con elas adornouse o corredor central do cole:
Así nos quedaron as nosas:
E despois do recreo fixemos un programa especial de radio, presentado por Lucas de 4º e Celtia de 3º no que se leron tres lendas ou novas de cada clase. Queredes escoitalo? Aquí volo deixamos para que o poidades disfrutar:
Publicado por
Ana Martínez
en
23:58
0
comentarios
Etiquetas: AS NOSAS CREACIÓNS, CURSO 2014/15, DÍA DO LIBRO, ESCRITURA CREATIVA, LENDAS
22 DE ABRIL: E EU, QUE PODO FACER POLA TERRA?
22 abril 2015
- Reducir significa utilizar menos, por exemplo utilizar menos auga.
- Reutilizar significa utilizar outra vez en vez de tirar ao lixo. Por exemplo podemos reutilizar papel, cristal, roupa, caixas de cartón,...
- Reciclar significa construír algo novo a partir de algo vello. Podemos axudar á Terra reciclando papel, cristal, plástico, metais,...
- Cada un pintou un círculo feito nun filtro de café con rotulador verde e azul.
Publicado por
Ana Martínez
en
16:24
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2014/15, DÍA DA TERRA, MEDIO AMBIENTE
AS NOSAS CREACIÓNS DESTE CURSO
20 abril 2015
Publicado por
Ana Martínez
en
07:00
0
comentarios
Etiquetas: AS NOSAS CREACIÓNS, CURSO 2014/15
AUTORRETRATÁMONOS COMO VAN GOGH
17 abril 2015
Continuando co noso proxecto de Van Gogh, como xa vos dixemos noutra entrada anterior, ademais de coñecer a súa vida estamos a coñecer a súa obra. Comezamos cos seus AUTORRETRATOS. Sabiades que Van Gogh pintou 27 autorretratos? Si, si como o ledes. Ninguén sabe realmente cal deles é o máis parecido á realidade por iso é coñecido como "o pintor das mil caras".
Comezamos vendo este video de Philip Scott Johnson no que podemos apreciar os distintos cambios na fisonomía do pintor:
Publicado por
Ana Martínez
en
17:42
2
comentarios
Etiquetas: CURSO 2014/15, PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH, PROYECTO COLABORATIVO VAN GOGH
APADRIÑAMENTO LECTOR: 4/5 ANOS
15 abril 2015
Publicado por
Ana Martínez
en
16:26
6
comentarios
Etiquetas: ANIMACIÓN LECTORA, APADRIÑAMENTO LECTOR, CURSO 2014/15
BRINCALETRAS DO LIBRO: "VAN GOGH:LOS SENTIMIENTOS DE UN GRAN ARTISTA"
13 abril 2015
Publicado por
Ana Martínez
en
21:44
2
comentarios
Etiquetas: CURSO 2014/15, PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH, PROYECTO COLABORATIVO VAN GOGH
PARTICIPAMOS NO PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH 2015
10 abril 2015
Neste terceiro trimestre, co motivo do 125 aniversario da súa morte, participamos no proxecto colaborativo Van Gogh, coodinado por Vanessa Marín, aproveitando as clases de plástica para coñecer a vida e obra deste gran pintor holandés.
Comezamos lendo este sinxelo libro: Van Gogh, os sentimentos dun gran artista, escrito por Violeta Montreal e editado por Oxford Educación, co que aprendimos ademais de como se sentía, algunhas datas e acontecementos importantes da súa vida.
Por se alguén non o coñece, aquí volo deixamos.:
Publicado por
Ana Martínez
en
15:51
2
comentarios
Etiquetas: CURSO 2014/15, PROXECTO COLABORATIVO VAN GOGH, PROYECTO COLABORATIVO VAN GOGH
NÓS LEMOS, E TI?
02 abril 2015
Con ocasión da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, queremos recomendarvos a lectura destes libros en galego que a nós gustáronnos moito:
Publicado por
Ana Martínez
en
00:00
0
comentarios
Etiquetas: CURSO 2014/15, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL