Amosando publicacións coa etiqueta OBRADOIRO DE NUTRICIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OBRADOIRO DE NUTRICIÓN. Amosar todas as publicacións
0 comments

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 5: HIXIENE NA COCIÑA


Cris, rematou o noso obradoiro de nutrición desta semana falándonos das catro normas básicas que se deben seguir na manipulación de alimentos:
  •  LIMPAR: Hai que lavar ben as mans antes de tocarlle aos alimentos e despois de tocar carne ou pescado crú. Asemade temos que limpar ben a superficie na que imos traballar e os utensilios que imos utilizar.
  • SEPARAR: Debemos separar os alimentos crús dos cociñados e utilizar utensilios diferentes.
  • COCIÑAR: Temos que cocer suficientemente os alimentos para eliminar as posibles bacterias que poidan conter.
  • ENFRIAR:  É convinte gardar as comidas cociñadas no refrigerador xa que a temperatura ambiente as bacterias se propagan máis rapidamente.


Como as veces anteriores, para que nos quedase ben clariño fixemos un sinxelo experimento:

- Cris repartiu a cada un un trozo de polo (bóla de plastilina amarela) que como estaba crú tiña algunhas bacterias (purpurina de cor azul), así como coitelos de plástico e tamén un forno para ca equipo:


- A continuación repartiunos o pan e os ingredientes necesarios para facer o noso bocata de polo: leituga, tomate, cebola, pepino, queixo, ovo,.... e nos puxemos mans á obra. Tivemos que cortar o polo, poñelo no forno e colocar o resto de ingredientes no noso bocata:


- Ollade que pinta máis deliciosa tiñan:


Cando rematamos os nosos bocadillos, Cris explicounos o que fixemos mal e é que non lavamos as mans nin antes de empezar a cociñar nin despois de tocar o polo crú polo que as bacterias do polo antes de ser cociñado pasaron ao pan e ao resto dos ingredientes.

E xa para finalizar a sesión de hoxe, plasmamos estas conclusións nunha sinxela ficha para non olvidarnos:


MOITÍSIMAS GRAZAS CRIS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS ESTA SEMANA!!!!!

2 comments

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 4: LAVADO DE MANS

Na sesión de hoxe, Cris, amosounos o importante que é unha boa hixiene de mans para evitar contaxios e enfermidades varias.

Comezamos poñéndonos en grupos de tres para facer un sinxelo experimento:

- GRUPO 1: A primeira persoa do grupo  NON se lavou as mans, deulle un apretón de mans á segunda persoa do grupo e ésta á terceira..


- GRUPO 2: A primeira persoa do grupo lavou as mans con AUGA FRÍA e XABÓN e a continuación deulle a man á segunda e ésta a terceira.


- GRUPO 3:  A primeira persoa do grupo lavou as mans con AUGA QUENTE e XABÓN e a continuación fixo o mesmo ca as anteriores.


Despois disto, pechamos as persianas, apagamos a luz e cunha lanterna de LUZ ULTRAVIOLETA (xa case parecía o CSI ji ji) observamos as mans de cada un.


Os resultados foron ABRAIANTES:

No grupo 1 as dúas primeiras persoas tiñan as mans MOI SUCIAS e a terceira BASTANTE SUCIA. O reflexamos nesta ficha:


No grupo 2, a primeira persoa tiña as mans SUCIAS, a segunda BASTANTE SUCIAS e a terceira UN POUCO SUCIAS.


No grupo 3, a primeira persona tiña as mans POUCO SUCIAS, a segunda CASE NADA SUCIAS e por último a terceira as tiña LIMPAS DE TODO.


Conclusión, se queremos ter as mans limpas e non contaxiar nin ser contaxiados temos que lavar as mans a miúdo e sobre todo antes e despois das comidas, despois de ir ao baño, de tocar animais, de sonar os mocos, .... con AGUA QUENTE ( que abre os poros) e XABÓN (que arrastra a graxa e os microbios).

Completamos unha ficha coas nosas conclusións:


E para finalizar todos aprendimos a lavarnos ben as mans: botamos xabón, refregamos, limpamos entre os dedos, rascamos para limpar as uñas e xa para rematar frotamos as xemas dos dedos. Ollade que ben o fixemos:

0 comments

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 3: AS ETIQUETAS

Se estes días estivemos a falar dos distintos grupos de alimentos, hoxe tocoulle o turno ás ETIQUETAS. Da man de Cris, aprendimos a "ler" unha etiqueta. Descubrimos que os fabricantes teñen que poñer os ingredientes do seu produto non de calquera xeito senón seguindo unha orde de maior a menor cantidade, así dun xeito rápido podemos comparar dous produtos similares para ver cal é máis san.

Agrupados por parellas tivemos que intentar unir cada produto coa súa etiqueta correspondente:


Despois comprobamos se acertamos "lendo"  as etiquetas dos produtos:


Contestamos unhas pequenas cuestións sobre cales eran os ingredientes que predominaban ou a que se debía o saber doce dalgúns:


E rematamos creando a nosa propia etiqueta:


E agora, apetécevos botar unha partidiña ao xogo SÚBETE AO XOGO DAS ETIQUETAS ALIMENTICIAS ? Clicade na imaxe:

2 comments

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 2: AS GRAXAS E OS AZUCRES


Hoxe Cris, veu á nosa clase a falarnos das graxas pero das graxas boas non vos creades, falounos do Omega 3 que está no pescado e que nos axuda a que sexamos moito máis listos .

E despois falounos do azucre. Cris preguntounos se tomabamos moito azucre e todos dixemos que non, só un pouco ou polo menos iso críamos. 

Para saber canto sabiamos sobre o tema, xogamos ao xogo do SI  (cartel verde) ou NON (cartel vermello) con preguntas como:

- Cres que se tomamos azucre de máis nos produce sobrepeso?
- Pensas que o exceso de azucre se converte en graxa?
- Este exceso de azucre nos protexe das caries?
- Se tomamos demasiado azucre podemos ter enfermidades do corazón?
- E enfermidades como a DIABETE?
- Cres que en España se toma como media uns 50 kilos de azucre ao ano por persoa?



Parece que algo sabemos sobre o  tema porque algúns acertamos case todas.

A continuación , fixemos grupos de tres, e nos repartiu a cada grupo un envase dun produto como coca cola, m&m, galletas Oreo, helados, .... Tiñamos que buscar na etiqueta cantos gramos de azucre había no produto e despois facendo unha sinxela división, averiguar a cantas culleradas equivalía.



 Por último, botamos nun vaso as culleradas que non saían e .... QUEDAMOS ABRAIADOS AO VER A GRAN CANTIDADE DE AZUCRE QUE HABÍA NESTES PRODUTOS! En algúns ATA 16 CULLERADAS!!!!!!!

Ollade, ollade:


Así que a todos nos quedou moi clariño que non debemos abusar dos doces, das comidas precociñadas nin das bebidas con moito azucre se queremos previr enfermidades como a DIABETE:

1 comments

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 1: DIETA EQUILIBRADA



Ao longo desta semana, da man de Cris, unha  especialista en nutrición que nos mandou o Concello de Neda, teremos un obradoiro de nutrición unha hora cada día.

Hoxe comezamos aprendendo como ten que ser unha dieta equilibrada. Falamos de que na nosa dieta non deben faltar as froitas e as verduras que nos aportan moitas vitaminas, as proteínas que son moi beneficiosas para os músculos, os cereais que si ademais son integrais teñen moita fibra e son moi útiles para axudar a ir ao baño e ademáis nos dan moita enerxía e por suposto os lácteos para que os nosos ósos crezan sans e fortes.

Para que nos quedase moi clariño, fixemos un pequeno puzzle cun prato de cartón, puxémoslle nome as pezas, buscamos distintos alimentos en folletos de alimentación, cubrimos unha ficha e falamos de cal era a nosa comida favorita e a nosa bebida.

Ollade canto aprendimos e canto disfrutamos:



Algúns recursos para seguir traballando a dieta equilibrada: