Amosando publicacións coa etiqueta YO EN 100 PALABRAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta YO EN 100 PALABRAS. Amosar todas as publicacións
4 comments

EU EN 100 PALABRAS

Imaxe feita con https://www.nubedepalabras.es/

Unha das primeiras actividades que fixemos este curso foi: "EU EN 100 PALABRAS" unha actividade que atopamos na rede e que cremos que é orixinal de Estrela Aguilar do blogue "Toma la palabra".

Nesta actividade, cada un presentouse, contounos algúns rasgos da súa personalidade e tamén que cousas lles gustaría facer ou mellorar este vindeiro curso.

Primeiro, escribimos nun papel a nosa presentación, e unha vez correxida, levámola para casa para practicar un pouco.

Na seguinte sesión, gravámonos por parellas coa cámara de video da profe.


E despois de montado, así quedou o noso video presentación. Tedes que perdoar porque se move un pouquiño pero é que todavía non temos moita práctica :)


O venres pasado, ollámolo na pizarra dixital da clase e fixemos unha sesión de COAVALIACIÓN utilizando esta rúbrica que preparamos a partir doutras que atopamos por Internet:

(Se clicamos enriba podemos vela a maior tamaño)

Con ela, avaliamos non só a nosa actuación senón tamén a dos nosos compañeir@s. Pola parte de atrás escribimos o que nós pensabábamos que mellor e peor nos saíra e despois dunha posta en común, o que os nosos compañeir@s pensaban.

Sen dúbida, foi unha actividade moi completa.