Amosando publicacións coa etiqueta RÍO BELELLE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RÍO BELELLE. Amosar todas as publicacións
0 comments

O RÍO BELELLE AO NATURAL

O profesor Lois Anxo Rodríguez que é o autor dunha guía titulada "O río Belelle ao natural" veu hoxe ao noso centro.

Primeiro deunos unha charla sobre o ecosistema do río:




Ao finalizar, agasallounos cun exemplar da súa guía e non só iso senón que tamén nolo asinou a tod@s:


 Pero a cousa non quedou aí. A
 continuación levounos ao río onde nos convertimos en científicos por un día. 

Primeiro baixamos á beira do Belelle e alí coa axuda de Lois, collimos distintos invertebrados. Despois utilizamos estes invertebrados como bioindicadores para analizar a calidade das augas do río, e sabedes que? Pois resultou que as augas do noso río son excelentes.

Tamén dimos un pequeno paseo no que collimos follas das árbores próximas ao río. Había moitísimas: carballos, ameneiros, freixos, abeleiras, salgueiros, ... Coa axuda da guía, identificamos todas as follas e tamén as clasificamos. Lois contounos que antes coa madeira desas arbores facíanse zocas e tamén pezas para os carros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das fotos que sacamos:


PASÁMOLO FENOMENAL!


0 comments

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...

Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levarnos a dar unha pequena volta polo río Belelle.

Alí poidemos ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Falamos das árbores que había á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e dalgúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén aprendimos o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixemos algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ... Todo isto apuntámolo nun caderno de campo que nos deron. Foi unha gran experiencia para todos.