2ª PROXECCIÓN DE CINE E SAÚDE
Se onte tivemos a visita de Sara para facer a terceira e última charla do Plan Director, hoxe veu a visitarnos Mª José, pedagoga do Concello de Fene para presentarnos a segunda proxección deste trimestre: "O mellor verán da miña vida", unha película que resalta os valores da familia e os amigos.
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2021/22, PROGRAMA CINE E SAÚDE
CINENSINO: ABOMINABLE
A semana pasada vimos a segunda película do programa Cinensino: Abominable.
Unha bonita película coa que se traballan valores como o compañeirismo, a amizade, a perseverancia ,...
Este é o tráiler oficial da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2020/21
CINENSINO: O PARQUE MÁXICO
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2020/21
CINENSINO: "Mía y el león blanco"
Hoxe veu a pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira proxección da película deste curso do programa de CINENSINO. Titúlase "Mía y el león blanco" e trata da amizade e do coidado e respecto hacia os animais.
Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2019/20, PROGRAMA CINE E SAÚDE
CINENSINO II: LOS FUTBOLÍSIMOS
O xoves pasado, rematamos de ver a segunda película de CINENSINO deste curso: Los futbolísimos. Con esta película, trabállanse valores como o compañerismo e a amizade, a autonomía, a igualdade de xénero (as chicas poden xogar ao fútbol igual que os chicos), a importancia de disfrutar non de gañar,...
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2018/19
CINENSINO: "LA CHICA DORMIDA"
O venres viño a pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira proxección da película deste curso do programa de CINENSINO. Titulábase "La chica dormida" e entre outros temas trataba da pubertade e o acoso. A pesar de que era en inglés e que era subtitulada ao castelán, non nos resultou pesada para nada, ao contrario, gustounos moitísimo.
Aquí vos deixamos un tráiler da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2018/19
CINENSINO: WONDER
O pasado luns, vimos Wonder, a terceira e última película do programa Cinensino deste curso,unha película moi boa para concienciar aos nen@ sobre o acoso escolar (bullying). Wonder (dirixida por Stephen Chbosky e protagonizada por Julia Roberts, Jacob Tremblay, Owen Wilson, Mandy Patinkin e Millie Davis) nárranos a historia de August, un neno de 10 anos que ten unha deformidade na cara que fai que estude na casa e non vaia normalmente ao colexio. Cando chega o momento de asistir, terá que facer novos amigos, que conseguir que os demais nenos o coñezan tal cal é e sobre todo, terá que aprender a levantar a mirada sen o seu casco de astronauta.Unha fermosa película que vos recomendamos a tod@s.
Aquí vos deixamos o trailer oficial da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2017/18, PROGRAMA CINE E SAÚDE
CINE E SAÚDE II
O venres antes das vacacións, vimos a segunda película do programa Cine e Saúde, que como xa vos contamos é un programa que combina a proxección de películas nos centros co debate e o traballo arredor do seu contido, como fórmula de aprendizaxe de conceptos.
Esta segunda película foi "Hermanos del viento", película austríaca dirixida por Gerardo Olivares e Otmar Penker, que traballa o respecto pola natureza a través da estreita relación que establece o neno protagonista cun aguia, tendo como contrapunto a súa propia situación familiar.
Aquí vos deixamos o trailer oficial da película:
Ao finalizar as vacacións de Pascua, a partir do martes, empezaremos a traballar o seu contido. Xa vos contaremos.
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2017/18, PROGRAMA CINE E SAÚDE
CINENSINO: "DO REVÉS"
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2015/16, EDUCACIÓN EN VALORES
CINENSINO: "DIOS MÍO QUE TE HEMOS HECHO"
"Cinensino é un programa de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e do comportamento no campo escolar a través dos meidos audiovisuais e as TIC.
O propósito deste programa é proporcionar principios, orientacións e ferramentas para o desenvolvemento integral da persoa, implementando actividades dirixidas á práctica de valores e ao desenvolvemento de habilidades sociais dentro da aula, no fogar e no ámbito social, coa finalidade de xenerar unha transformación progresiva nos valores, actitudes e comportamentos do alumnado que actúen como factores de protección fronte aos procesos aditivos".
A primeira película que vimos foi: "Dios mío, que te hemos hecho" a partir da cal, traballamos distintos valores tanto positivos como negativos: tolerancia, respecto, interculturabilidad, tradición, familia, racismo, prexuizos, ...
Aquí vos deixamos o "trailer" oficial da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2015/16, EDUCACIÓN EN VALORES
















.png)















