0 comments

SAMAGOSTÍN



Este ano no cole, celebramos xuntos o Samaín e o Magosto. Coma sempre no Magosto, disfrutamos e saboreamos ricas castañas asadas e ricos bocadillos de pan de Neda con chourizo. Uhmmmm, estaban boísimos!!!!!

Na clase fixemos uns bonitos cestiños para poñer as nosas castañas:

Ollade que ben o pasamos:




Na páxina Web do cole pódense ver máis fotos:

0 comments

NOVO PROXECTO: A CONTORNA E O HORTO ESCOLAR

O proxecto a nivel de centro deste ano é "a NOSA CONTORNA e a HORTA ESCOLAR". O primeiro que fixemos foi pensar nunha mascota para o bancal que imos ter dentro do invernadoiro.
Tiña que ser un animal ou vexetal típico desta zona ou do horto. Entre todos e despois dunha reñida votación, eleximos ao ... RAPOSO e entre todos o debuxamos usando a técnica cooperativa do folio xiratorio:



0 comments

TEATRO: LAZARO DE TORMES


Hoxe  os rapaces e rapazas de 5º e 6º fomos ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra "Lázaro de tormes" a cargo da Compañía galega Pedras de Cartón.

Ainda que na obra non se falaba, rímonos moitísimo con ela.





0 comments

MAQUETA DO RELEVO DE ESPAÑA

Ademais do video que xa vos amosamos nunha entrada anterior, para aprender ben o relevo de España, por equipos cooperativos fixemos unha maqueta utilizando plastilina. Ollade que bonitas nos quedaron:



0 comments

EXCURSIÓN AO PARLAMENTO E A XUNTA DE GALICIA


Esta semana os nenos e nenas de quinto, fomos de excursión a Santiago xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto e sexto de primaria. Esta excursión forma parte do programa "Coñece as túas Institucións" impulsado e financiado pola Xunta e o Parlamento de Galicia para divulgar o papel das institucións autonómicas, explicar a separación de poderes e impulsar os valores democráticos. 
Aproveitamos ademais para ver o Museo Pedagóxico Galego que non o coñeciamos. Queredes ver o ben que o pasamos? Ollade o video:

0 comments

HISTORIA DA MAXIA CO MAGO TETO



Hoxe fomos as clases de 4º, 5º e 6º de Primaria á Casa da Cultura de Neda para disfrutar da "Historia da maxia" de mans do Mago Teto. Alí coincidimos cos nenos e nenas do CEIP de San Isidro.
Nesta actuación  incluída na campaña "Ler Conta Moito" (Programa de promoción á lecutra e dinamización das bibliotecas de Galicia) , o mago Teto fai un percorrido pola historia da maxia  con incribles trucos e moi bo humor.


1 comments

UNIDADES DE RELEVO

No primeiro tema de Ciencias Sociais aprendimos as principais unidades de relevo de España e de Galicia.

Practicamos con mapas e tamén con exercicios tanto online como escritos utilizando os recursos do noso sites:


E finalmente gravamos este video co aprendido:

0 comments

UNHA CARTA PARA MIN MESMO

O ano pasado realicei  a actividade "Unha carta para min mesmo". Dita actividade consistía en escribir una carta para nós mesmos contando o que esperabamos aprender e facer durante este curso e abrila os últimos días de clase. Aos meus alumnos gustoulle moitísimo por iso este ano repetín a actividade coa nova promoción.


Aquí temos as cartas preparadas para meter no buzón: