Amosando publicacións coa etiqueta MARCAPÁXINAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARCAPÁXINAS b>. Amosar todas as publicacións
OS NOSOS MARCAPÁXINAS
Posted by
Ana Martínez
en
13:43
Unha das primeiras actividades que facemos a principio de curso é facer os nosos marcapáxinas para poder empezar a disfrutar dos libros da nosa biblioteca de aula.
Ollade que bonitos nos quedaron:
Etiquetas CURSO 2020/21, MARCAPÁXINAS
MARCAPÁXINAS E ESLOGANS LECTORES
Posted by
Ana Martínez
en
00:00
Para os nosos libros da biblioteca de aula, sempre temos uns bonitos páxinas. Este ano, os nosos marcapáxinas son personalizados cen por cen.
Pola parte de diante, teñen escrito o noso nome utilizando a fonte: KG SECOND CHANCES. O deseño é de Catherine Reed do blog THE BROWN BAG TEACHER:
Pero a diferencia dos seus, nós pola parte de atrás en vez de poñer un poema, inventamos un eslogan:
E por suposto, para que non se non estropeasen co uso, plastificámolos.
QUE VÓS PARECEN? GÚSTANVOS?
Etiquetas BIBLIOTECA, CURSO 2017/18, MARCAPÁXINAS
MARCAPÁXINAS
Posted by
Ana Martínez
en
00:30
E estes son os marcapáxinas dos que vos falabamos na entrada anterior, que fixemos para a nosa biblioteca de aula:
GÚSTANVOS?
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, CURSO 2016/17, MARCAPÁXINAS
MARCAPÁXINAS TRENZADO
Posted by
Ana Martínez
en
23:08
Como xa vos contamos o ano pasado, cada vez que rematamos un libro, pintamos un, no noso lectómetro e ademais cubrimos unha pequena ficha onde contamos se nos gustou ou non o libro e tamén lembramos a parte que máis nos chamou a atención facendo un debuxo, copiando unha frase, contando algo, ... Podedes ver a ficha e o noso lectómetro clicando na imaxe.
Para saber onde nos quedamos lendo, este ano fixemos un marcapáxinas que sacamos da páxina de KROKOTAK. Cortamos dúas tiras de 2 cm de grosor dun folio branco tamaño A4 e dúas da cor que cada un quixo (azul, verde, laranxa, amarelo ou vermello) e comenzamos a trenzar.
Se queredes saber como se fan, clicade na imaxe para ver un titorial:
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, CURSO 2015/16, MARCAPÁXINAS
RINCÓN DA BIBLIOTECA DE AULA: materiais e marcapáxinas
Posted by
Ana Martínez
en
23:50
Hoxe queremos amosaros a nosa biblioteca de aula. Todavía non ten moitos libros pero pouquiño a pouco irémola enchendo. Iso si, xa dende o segundo día a utilizamos todos os días porque ademais de consulta, no noso centro temos o "Tempo de Lectura", vinte minutiños diarios (de 9 a 9,20) nos que podemos disfrutar da lectura do libro que queiramos da nosa biblioteca.
A principio de curso a profe preparou varios materiais para organizar a biblioteca. Ainda que son de elaboración propia, algúns están baseados nuns que viu no blogue Lapicero Mágico de Isabel Bermejo.
Estes son os materiais :
Estes son os materiais :
- O cartel do rincón da Biblioteca:
- O das normas:
- O LECTÓMETRO, para levar un control visual dos libros que levamos lidos. Cada vez que rematamos de ler un libro, coloreamos un dos libros da estantería:
Ollade como estase a encher:
- E o noso diario de lecturas no que completamos una ficha sobre o libro (autor, ilustrador, editorial,...) e lembramos a parte do libro que máis nos gustou copiando unha frase, facendo un debuxo, coas nosas palabras,...
Deuxámosvos todos os nosos materiais nun PDF para que poidades descargalos se vos gustan:
Ademais, para saber en cada momento en que páxina do libro nos quedamos, nas primeiras clases de PLÁSTICA, fixemos estes chulísimos marcapáxinas. Gústanvos?
Aquí os tedes nun libro que usamos de exemplo para que poidésedes ver o ben que quedan e os útiles que nos resultan:
Etiquetas BIBLIOTECA, CURSO 2014/15, MARCAPÁXINAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

























.jpg)







.png)















