0 comments

III CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA


O pasado sábado 23 de xuño, tivo lugar no noso centro a III Carreira Escolar organizada polo Concello de Neda na que participaron alumnado non só do Concello de Neda senón tamén doutros centros como o Ponte de Xubia e a Jorge Juan.

Podedes ver todas as fotos da xornada, na páxina web do cole:

0 comments

MEDALLAS SHUTTERBALL

O mércores 20, tivo lugar no ximnasio a entrega de medallas aos tres primeiros clasificados da liga de shutterball (unha variante do bádminton) que se estivo a desenvolver no colexio dende terceiro ata sexto de educación primaria.

Despois dunha reñida competición, a clasificación quedou así:

- Primeiras clasificadas: Inés e Laura de 6º de EP

- Segundos clasificados: Martín e David, tamén de 6º de EP

- E terceiros clasificados: Miguel e Carmen de 5º de EP.


NORABOA A TOD@S!

5 comments

SOMOS BUXAINA DE OUROOOOOO!


Este sábado, tivo lugar en MediaLAB Prado, en Madrid, a cerimonia de entrega dos XII Premios Espiral Edublogs nos que nos presentabamos na categoría de Alumnos de Primaria que Constrúen. A miña sorpresa foi inmensa cando vin que non gañábamos a buxaina de bronce nin a de prata senón que o noso blog era merecedor da BUXAINA DE OUROOOOOOO!




Cando recollín o premio, falei do noso pequeno colexio situado na zona rural de Neda, dinlle as grazas a Asociación Espiral e ao Xurado polo bo traballo que fixeran e por considerarnos merecedores deste premio e cando chegou o momento das dedicatorias, as miñas primeiras palabras foron para vós, porque para min sodes sen dúbida,  os verdadeiros gañadores da buxaina. Este blog non tería sentido sen os vosos traballos, sen as vosas  gañas de aprender, sen o voso entusiasmo para facer as cousas e acompañarme en todas as aventuras que os propoño,...  e por todo iso e por moitas cousas máis, esta buxaina é para vós. NORABOA RAPACES E RAPAZAS!

E como non podía ser menos, asi se guap@s nos tedes a todos posando coa nosa buxaina:


0 comments

SAÍDA AO PORTO DE MUGARDOS E Á PRAIA DA MAGDALENA


O venres 8, fixemos a saída que tiñamos pendente dentro do proxecto "Ondas de ilusión: Escolas do mar". Primeiro fomos ao porto de Mugardos e a continuación á praia da Magdalena en Cabañas para facer unha limpeza da mesma.
Como podedes ver na foto, fixemos un gran traballo, non si?



0 comments

NOVO LIM: A IDADE MEDIA

Portada feita cunha imaxe de Phillip Martin

Repasamos a Idade Media:

0 comments

OS NOSOS CÓMICS DE Mº VICTORIA MORENO

Imaxe montada a partir doutras atopadas na rede

Como xa vos informabamos nunha entrada anterior, este ano o día das Letras Galegas  estivo adicado á escritora Mª Victoria Moreno.

Na clase, estivemos a facer o caderno do Seminario Galán. e queremos amosarmos dúas das actividades que fixemos:

Por unha banda, os nosos cómics sobre a vida da escritora homenaxeada.



E pola outra, os retratos que lle fixemos. A que nos quedaron moi fermosos, non si?


0 comments

PRESENTACIÓN DO SACAÚNTOS

Imaxe extraída do blogue da nosa biblioteca: BIBLIOMACI

O pasado martes día 29, antes de saír para a nosa excursión de final de curso a Penaventura (Portugal), fomos á clase de terceiro para presentarlles ao personaxe que estivemos a traballar no proxecto de Galicia Máxica: O Sacaúntos.

Primeiro puxémoslles esta presentación que fixemos:


E a continuación, lémoslles o conto que escribimos entre todos a partir da plantilla  que nos proporcionou o equipo de Biblioteca:


E así foi como nos quedou este pequeno conto colectivo:

0 comments

CINENSINO: WONDER


O pasado luns, vimos Wonder, a terceira e última película do programa Cinensino deste curso,unha película moi boa para concienciar aos nen@ sobre o acoso escolar (bullying). Wonder (dirixida por Stephen Chbosky e protagonizada por Julia Roberts, Jacob Tremblay,  Owen Wilson, Mandy Patinkin e Millie Davis) nárranos a historia de August, un neno de 10 anos que ten unha deformidade na cara que fai que estude na casa e non vaia normalmente ao colexio. Cando chega o momento de asistir, terá que facer novos amigos, que conseguir que os demais nenos o coñezan tal cal é e sobre todo, terá que aprender a levantar a mirada sen o seu casco de astronauta.Unha fermosa película que vos recomendamos a tod@s.

Aquí vos deixamos o trailer oficial da película:

0 comments

ONDAS DE ILUSIÓN: "ESCOLAS DO MAR"


Este ano voltamos a participar no proxecto Ondas de Ilusión, que xa vai pola segunda edición. Como nos dín na súa páxina Web, "trátase dun proxecto de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar que constitúe un complemento de alto valor pedagóxico. Nesta segunda edición, preténdese a adquisición de coñecementos e valores que favorezan o respecto e promoción dos recursos ambientais, culturais e socioeconómicos do litoral do Golfo Ártabro norte, facendo especial éngase no tema da sustentabilidade eo valor dos recursos locais".

A campaña, consta dunha sesión divulgativa, unha unidade didáctica para traballar na aula e unha xornada de excursión.

O pasado luns, día 28, tivemos a charla. Da man da Ameixa Tareixa, a mascota do proxecto, descubrimos  que clase de animal son as ameixas, onde viven, quen son os seus "amigos" e "inimigos", cales son os problemas que atopa, como é a súa relación coas persoas,como se despraza ...


Tamén falamos dos plásticos e do tempo que tardan en degradarse e das cousas que podiamos facer nós para coidar a Tareixa e os seus amigos como por exemplo non tirar os bastonciños de algodón polo retrete, utilizar menos bolsas de plástico, ... Ollade cantas cousas se poden atopar nunha praia en menos de media hora:


E vimos un fragmento deste documental sobre as mareas:


Iamos ver tamén un video dunha ameixa enterrándose na area pero non foi posible por problemas técnicos co ordenador. Así que busqueino pola rede e ... Aquí o tedes:

1 comments

3ª CHARLA PLAN DIRECTOR: VIOLENCIA DE XÉNERO E DROGAS


O pasado xoves 24 de maio, tivemos a terceira e última charla do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar.

Comezamos falando da violencia de xénero.  Aprendimos que se fala de maltrato cando un home maltrata verbal ou psicolóxicamente a unha muller coa que mantén ou mantivo unha relación sentimental e que se a nosa parella quere influir en quen son os nosos amigos, en como imos vestidos, vixía todo canto facemos, míranos o teléfono móbil, ... iso non é unha mostra de cariño senón todo o contrario. Tamén, que todavía na actualidade hai moitos estereotipos e prexuizos hacia as mulleres, Conversamos sobre o importante que é que dende pequenos, fomentemos a igualdade entre os dous xéneros para evitar así que a violencia de xénero todavía teña cabida.

Ollade que atentos estabamos:



A continuación, tocoulle o turno ás drogas, entre elas o alcol e o tabaco. Foi unha charla moi interesante e ao rematar todos tiñamos moi clariño que ... NON QUERIAMOS SABER NADA DAS DROGAS!!!!!!!! nin das permitidas nin das prohibidas.

Vimos ademais este video onde dun xeito cómico nos fala de 10 drogas que nunca debemos tomar e máis se imos conducindo: