Amosando publicacións coa etiqueta PRIMAVERA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PRIMAVERA. Amosar todas as publicacións
0 comments

DÍA DA POESÍA

 Polo día da Poesía, primeiro inventamos uns fermosos poemas sobre a Primavera:



A continuación, escribímolos nunhas cintas de cores:


E para rematar, o venres, xunto con todo o cole, recitamos os nosos poemas na pista:

4 comments

MURAL DE PRIMAVERA


Por fin rematamos o mural de primavera que adorna o corredor principal do noso centro.
Empezamos coloreando as letras que atopamos na páxina da MAESTRA MARY:


Para o talo, aproveitamos os tubos de cartón hixiénico e de cociña que gardábamos na nosa clase e para as follas, utilizamos uns globos de cor verde.

A continuación, puxemos unhas bolboretas que como podedes ver, son iguais as que adornan unha das nosas ventás de clase, e xa vos explicamos nunha entrada anterior como se facían:


Tamén fixemos uns bonitos paxariños con folios de cores para colocar nos cristais:

feito por PHOTOMONTAGER

Para facelos, seguimos estas sinxelas instrucións que atopamos pola rede. Non vos podo poñer o enlace porque pon que está bloqueado. Se alguén sabe de quen son as instrucións, que mo diga e poño o enlace:


E por último, fixemos unhas bonitas flores de cores:


E estas son as instrucións para facelas que atopamos AQUÍ:


QUE VOS PARECE O NOSO MURAL DE PRIMAVERA? GÚSTAVOS?

2 comments

VENTÁS PRIMAVERAIS

A primavera xa chegou as nosas clases. Así de  bonitas están as nosas ventás coa sinxela pero vistosa decoración:

  • Temos a ventá dos paxariños de cores:
  • E a ventá das bolboretas:

Para facer os paxaros utilizamos cinta negra que pegamos ao cristal con cinta de dobre cara e estas siluetas de paxaros que copiamos e recortamos en papel de seda:



Para as bolboretas, utilizamos folios de cores e limpiapipas e seguimos estas instruccións:


QUE VOS PARECE?