Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2014/2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2014/2015. Amosar todas as publicacións
2 comments

ESCRITURA BÓLA DE NEVE DE NADAL

A nosa terceira colaboración para o proxecto " PaLaBraS AzuLeS ", foi escribir unha historia colectiva relacionada co Nadal. Trátase dun xeito divertido de que os nosos estudiantes escriban colaborativamente.


INSTRUCCIÓNS

1º) Repartimos a cada alumn@ unha ficha cunha imaxe de Nadal diferente. Deben observar a fotografía e pensar unha historia que lles suxira. Lembramos que hai que pensar nos personaxes, o escenario, os conflictos que poidan xurdir,... Este primeiro escritor é o encargado de poñer en marcha a historia. Deixamos aproximadamente quince minutos para esta fase.

2º) A continuación cada estudante engurra a súa ficha como se fose unha bóla de neve e lánzaa á parte dianteira da clase. Todos se levantan e cada un colle unha bola de neve que non sexa a súa regresando ao seu pupitre.

3º) Alisan con coidado o papel, observan a imaxe e len o escrito ata agora. Este segundo escritor durante outros quince minutos, debe continuar a historia onde a deixou o primeiro engadido máis información sobre o personaxe, introducindo novos personaxes, novos conflictos,...

4º) Facemos o mesmo unha segunda vez. O terceiro escritor debe unir os cabos e rematar a historia.


5º) Para finalizar, devólvese ao escritor orixinal para que a revise e adapte, é dicir para que "a faga súa" e a  "pase a limpo" ilustrándoa se quere. Cando estea lista pode lela ao resto dos seus compañeiros.


Estas son as plantillas que utilizamos nós:


2 comments

3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA


O 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento. 

No noso centro estamos moi concenciados con este tema, así que aproveitamos esta data para invitar aos alumnos do CEE Terra de Ferrol, a vir ao noso cole para disfrutar dunha gran xornada de convivencia.

Foi unha experiencia fantástica. Chegaron sobre as once. Os alumnos de cuarto e quinto, fomos á aula de informática con eles e alí foron presentándose un a un e faláronnos das cousas que facían no seu centro. Amosáronnos unha película para que poidésemos ver as instalacións do seu colexio, como traballaban e as bonitas cousas que facían. Antes de saír para o recreo, algúns alumnos de terceiro quixéronlles facer unha demostración do baile que van a facer no festival de Nadal coa teacher de inglés Uxía.

A continuación disfrutamos dun recreo no que xogamos todos xuntos. Antes de finalizar a visita, visitamos á sala de radio e alí dous dos nosos alumnos, Alberto de sexto e Celtia de terceiro, lles fixeron unha entrevista que proximamente vos amosaremos. Ollade algunhas das fotos deste día:



FOI UNHA GRAN EXPERIENCIA!
 Moitísimas grazas chic@s pola vosa visita.

Ademáis , tamén montamos este video coas nosas voces, do conto "Mimi y la jirafa azul" da Editorial Salvatella que nos fala dunha xirafa á que lle nace un irmanciño con discapacidade:



GÚSTAVOS?

0 comments

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Hoxe queremos amosaros outra das láminas que fixemos en clase de plástica e que vimos no blogue WE HEART ART.


Así é como o fixemos:

-  Debuxamos un punto no centro da lámina.

-  A continuación trazamos coa axuda dunha regra grande, seis líneas rectas pasando polo centro.      Quédannos así a lámina dividida en doce seccións.

-  Repasamos as líneas cun rotulador groso permanente negro.

-  Comezamos debuxando caras felices (líneas curvas hacia arriba) en seccións alternas y coloreándoas alternando branco con outra cor.

-  Seguimos debuxando, pero esta vez caras tristes (líneas curvas hacia abaixo) nas seccións que quedan sen colorear e cubrimos alternando o branco con outra cor complementaria á que utilizamos no punto anterior.

- E xa para rematar, trazamos unha sombra polos bordes coa mesma cor que alternamos para dar a sensación de 3D.

GÚSTAVOS?

2 comments

PEPA E O GRAN LIBRO VIAXEIRO - DÍA 3: Traballando no libro

No diario de Pepa pode lerse isto do seu terceiro día no noso colexio:

Hoy quiero enseñaros lo bien que han estado trabajando los niños en el libro. Lo primero que han hecho es empezar a completar la página sobre su comunidad, repartiéndose el trabajo entre todos: la comida, los alimentos, el mapa, los árboles, ... y decidieron que la mejor forma de poner todo esto en el libro es haciendo ... un LAPBOOK.

Mirad, mirad, como trabajan:

- Recortando:


- Escribiendo y pegando:


- Montando:


Y este es el fantástico resultado:



7 comments

ESCRIBIMOS UNHA HISTORIA DE MEDO?

Esta é a nosa primeira aportación deste curso, para o proxecto "PALABRAS AZULES"

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Para celebrar a festa do Samaín, na clase de Lingua Castelá, escribimos unhas historias de medo.

PREPARACIÓN:

Empezar a escribir nunha folla en branco non é tarea sinxela, por iso, para axudarnos a profe preparou catro dados:

- COMEZOS: Nunha noite escura ía camiñando... , Sempre evitaba pasar por ... , Era unha noite de tormenta.Chovía..., Hai moito tempo .... , Contan os que lo viron que ... e Sempre me preguntei porque...

- PERSONAXES: unha momia, un monstruo, un científico loco, un ancián, unha meiga e unha pantasma.

- ESPAZOS: un bosque, un castelo en ruinas, un cemiterio, un barco pantasma, unha cova e unha casa abandoada.

- OBSTÁCULOS: O personaxe principal escoita un son estraño, o personaxe principal está eprdido e só, o personaje principal ten que salvar a alguén, o personaxe principal é atrapado, o personaxe principal é perseguido, o personaxe principal está abandoado.


DESENVOLVEMENTO:

1º) Por turnos, cada un de nos, foi tirando os dados e anotando nunha folla os resultados:


2º) A continuación fixemos un borrador da nosa historia. Cando estivemos contentos co resultado, escribímolas nunha das plantillas que xa estaban preparadas.

3º) Para finalizar, leímolas en voz alta. A profe gravounos coa gravadora dixital e editou os sons con Audacity, escaneou as nosas historias e subiunas a Calameo en forma de libro.

Aquí podedes ler e escoitar as nosas historias. Para poñelos a pantalla completa hai que clicar no símbolo de arriba á dereita e para escoitalas no icono de son que aparece en cada páxina:



E estes son os dados e plantillas que utilizamos:

7 comments

A CAÍDA DAS FOLLAS

A nosa primeira lámina de plástica tivo como centro de interés o OUTONO. Empezamos nunha esquina da folla trazando CÍRCULOS CONCÉNTRICOS cun COMPÁS e cando  xa non o podiamos estirar máis, comezamos a facer o mesmo na esquina contraria. A continuación recortamos as siluetas das follas da seguinte plantilla:



A consigna era debuxar a silueta de tres  follas encima dos círculos no lugar que quixeramos. Podía ser unha folla de cada tipo, repetir a mesma tres veces ,... E xa por fin coloreamos. Para colorear as follas tiñamos que utilizar tres CORES CÁLIDAS e alternalas facendo unha serie e para colorear os círculos tiñamos que utilizar tres CORES FRÍAS e tamén alternalas. Ollade que bonitos nos quedaron. Falta por subir un  que vos ensinaremos proximamente:

0 comments

PRESENTÁMONOS

Estes somos nós: