Amosando publicacións coa etiqueta MARCHA CICLISTA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARCHA CICLISTA. Amosar todas as publicacións
0 comments

MARCHA CICLISTA ESCOLAR

Hoxe algúns de nós xunto con varios compañeiros/as de sexto e tres profes, participamos na Marcha Ciclista Escolar que organiza o Concello de Narón.

Fomos pedaleando ata o paseo de Xuvia e unha vez alí, comimos un bocata, bebimos auga, xogamos e vimos ademais un helicópero da DXT.


Podedes ver as fotos da xornada, na páxina web do cole. Para acceder preme na ligazón:

MARCHA CICLISTA ESCOLAR

0 comments

MARCHA CICLISTA 2018


O pasado venres, todos os alumnos e alumnas do CEIP de Maciñeria que quixeron, dende Educación Infantil a Educación Primaria, participaron na undécima Marcha Ciclista organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Policia Local, Protección Civil e o Speis (Extinción de incendios e salvamento de Narón) con meta no paseo de Xuvia. Foron máis de 1200 escolares de todos os centros educativos do concello de Narón, usuarios da asociación Nuestra Señora de Chamorro e por suposto tamén o noso.

O único malo da xornada foi o tempo, xa que lles choveu case todo o tempo e tiveron que virse antes sen poder ver a exhibición a cargo da Unidade Canina do Tercio Norte de Infantería de Mariña que comezaba pasadas as doce do mediodía.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:


2 comments

MARCHA CICLISTA


A maioría dos nenos e nenas  do noso cole, participamos o pasado venres, xunto co profe Antonio e a profe Lorena, na oitava marcha ciclista escolar, organizada polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón en colaboración coa Policía Local, Protección Civil, asociacións de ciclistas, profesorado e as ANPAS de colexios de Narón e Neda.

Despois dun curto percorrido onde fomos xuntándonos con nenos e nenas doutros centros,  reunímónos todos no paseo de Xubia, onde compartimos merenda e un rato de convivencia con preto de 1.200 alumnos e alumnas de colexios da zona como A Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, O Feal, A Gándara, Piñeiros, Jorge Juan e Ayala.

PASÁMOLO MOI BEN


Un xogo para aprender a maniobrar as bicis:


Lembrade que a bicicleta ten moitos beneficios: