Amosando publicacións coa etiqueta MATEMÁTICAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MATEMÁTICAS. Amosar todas as publicacións
0 comments

PRACTICANDO APROXIMACIONES

Hoxe practicamos as aproximacións dos números de ata 9 cifras, co xogo "O madgato das aproximacións" que atopamos no blogue "Maestros como Superhéroes". O obxectivo do xogo era conseguir cinco aproximacións de cada tipo en función da ficha resposta que tiñamos cada un.

Ainda que non nos deu tempo a acabar, practicamos moito e dun xeito moi divertido.




0 comments

OS NÚMEROS ENTEIROS

 


Estes días practicamos a facer operacións cos números enteiros e a utilizar as coordenadas cartesianas.

As operacións, con estes retos matemáticos que atopamos no blogue Recursos EP:


E as coordenadas cartesianas coa Ruleta de Ikea e este material de Susana Cantalapiedra que podedes descargar no seu drive de materiais (o link está na descrición do seu perfil na súa conta de Instagram) no que están as tarxetas da ruleta, plantillas de debuxos agochados,...

Tamén xogamos a Hundir a flota por parellas:





0 comments

XOGAMOS COAS POTENCIAS

 En matemáticas estivemos practicando e aprendendo moitas cousas sobre as potencias.

Un dos recursos que utilizamos, foi un xogo de tarxetas que atopamos no blog RECURSOS EP.

Repartimos todas as tarxetas desordenadas entre todos e movéndonos pola clase tiñamos que encontrar as tarxetas que nos faltaban para facer grupos de cinco (potencia en número, produto, resulto da potencia e lectura de dous xeitos diferentes).

Ademais de repasar, pasámolo fenomenal.

 



0 comments

APRENDEMOS LAS FRACCIONES EQUIVALENTES JUGANDO

 Para practicar as fraccións equivalentes, xogamos con dous xogos que atopamos en Internet:

- A PASTELERÍA DAS FRACCIÓNS que atopamos no blog PROFERECURSOS.COM


- XOGO FRACCIÓNS EQUIVALENTES que atopamos na páxina TWINKL.ES

Ollade que ben o pasamos e canto aprendimos:






0 comments

O CAMPIÓN DOS DECIMAIS

 
Dentro de pouco imos ter o exame de matemáticas. Para practicar e repasar utilizamos distintos recursos que atopamos na rede como a paleta de posición de números decimais que atopamos no blogue. "En nuestra clase de primaria":


E o xogo "O campión dos decimais" que atopamos no blogue de Actiludis. Co xogo, que é tradución do francés da páxina "La classe de Mallory", repasamos a transformación de decimal a fracción e viceversa, a escritura de números decimais e a súa posición.
E así xogamos:







E o noso gañador foi ... QUIQUE!!!

0 comments

UNIDADES DE MEDIDA


En matemáticas, andamos a voltas coas unidades de medida de lonxitude, capacidade e masa. Para que nos quedase máis clariño, vimos dous videos. Este de Óscar Alonso do blog "La Eduteca" :


E este de Practicopedia:

http://educacion.practicopedia.lainformacion.com/matematicas/como-convertir-medidas-16454

Ademais, seguindo unha idea que atopamos en Pinterest, fixemos unha escalera das medidas en 3D:


E  a súa interpretación na libreta:


E seguimos aprendendo e practicando con todos os recursos que temos recopilados no noso Google Sites de matemáticas sobre este tema, tanto na pizarra dixital como no ordenador:


Collages feitos con fotor

Aquí vos deixamos o enlace:

https://sites.google.com/site/matematicasenquinto/tema-10

0 comments

OS CORPOS XEOMÉTRICOS


No último tema de matemáticas, estivemos observando e analizando distintos corpos xeométricos e os seus principais elementos como vértices, aristas, caras laterais e bases.

Primeiro utilizamos as figuras que tiñamos na clase. A profe repartiunos un corpo xeométrico a cada un de nós. Mirámolo, remirámolo, apuntamos na libreta cales elas os seus elementos e cando xa o tiñamos dominado, explicámosllelos aos nosos compañeiros. Faltan Yago e Enma porque ese día non viñeron a clase.

Ollade que ben o fixemos.


Na segunda sesión, fixemos e decoramos corpos xeométricos en 3D utilizando cartolina branca:


O desenvolvemento dos corpos sacámolo de AQUÍ

E xa na terceira sesión, utilizamos escarvadentes para facer as aristas e plastilina para facer os vértices. Estas son algunhas das moitas figuras que fixemos.



 



Para axudarnos, utilizamos unhas plantillas que atopamos na páxina de Mumuchu:


Ollade que ben traballamos:


0 comments

E VAI DE FRACCIÓNS

Quen dixo que as matemáticas son aburridas? Neste último tema de matemáticas, estivemos a ver as fraccións e unha das actividades que fixemos foi este XOGO DE RULETA de recoñecemento de fraccións que atopamos na páxina de ACTILUDIS

Imaxe de Actiludis

So precisamos unha plantilla (que podedes obter se clicades na imaxe de arriba), un lapis, un clip e pinturas. Nós, comezamos xogando de dous en dous como viña nas instruccións, pero despois emocionámonos e rematamos xogando de tres en tres, de catro en catro, ...

Pasámolo moi ben ao mesmo tempo que practicamos, iso si, estabamos moi concentrados para non perder detalle. Ollade as nosas caras:


No noso google sites de matemáticas, podedes acceder a distintos recursos e información sobre as fraccións. Clicade na imaxe:


https://sites.google.com/site/matematicasencuarto/tema-6