Amosando publicacións coa etiqueta LER CONTA MOITO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LER CONTA MOITO. Amosar todas as publicacións
0 comments

CIRCO NA BIBLIOTECA


 Hoxe fomos á Casa da Cultura para ver o espectáculo de malabares, equilibrio e clown,  "Circo  na Biblioteca" de Dani Blanco, incluído no ciclo "Do cole á biblio" co que o Concello de Neda celebra o Día da Biblioteca.

Esta iniciativa, impulsada co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa "Ler conta moito", busca achegar á rapazada a este espazo cultural, a través de accións de dinamización e espectáculos. 


0 comments

EN SAMAÍN TOCA... MAXIA!


Dentro das actividades  do programa "Ler conta moito" e tendo en conta que nuns días vai ser o Día das Bibliotecas Escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP do cole, fomos hoxe á Casa da Cultura de Neda para ver o espectáculo "En Samaín toca ... Maxia!" da compañía de Vigo, Magia en la Manga.

Durante preto dunha hora, Óscar sorprendeunos cos seus trucos de maxia: dende cordas de distintos tamaños que acaban iguais, panos de distintas cores, cartas que desaparecían, boliñas que cambiaban de lugar .... e todo iso ambientado de Samaín.

Pasámolo fenomenal!!!!! 

0 comments

HISTORIA DA MAXIA CO MAGO TETO



Hoxe fomos as clases de 4º, 5º e 6º de Primaria á Casa da Cultura de Neda para disfrutar da "Historia da maxia" de mans do Mago Teto. Alí coincidimos cos nenos e nenas do CEIP de San Isidro.
Nesta actuación  incluída na campaña "Ler Conta Moito" (Programa de promoción á lecutra e dinamización das bibliotecas de Galicia) , o mago Teto fai un percorrido pola historia da maxia  con incribles trucos e moi bo humor.


0 comments

DIVERMAXIA CO MAGO PACO


O pasado luns, dentro do programa "LER CONTA MOITO" cuxo fin é fomentar a lectura e dinamizar as bibliotecas escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, fomos á Casa da Cultura de Neda a ver ao Mago Paco (Fran Otero) e o seu espectáculo Divermaxia: A illa dos nenos.

Ao longo de case hora e media, disfrutamos dun espectáculo de maxia e humor a través de contos como: O capitán Calabrote, Son un artista, A maxia de cores, Tres galiñas e un pavo,... no que algúns dos nenos e nenas do noso cole participaron activamente convertíndose en magos por uns intres.

Aquí podedes ver algunhas fotos:


(Podedes ver a presentación a pantalla completa, poñendo o rato enriba e clicando nos dous recadros de abaixo á dereita)