0 comments

SAMAGOSTÍN

 Onte, celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN, unha mestura entre o Magosto e o Samaín.

Fixemos unha exposición de cabazas:

Viñemos disfrazados a clase:


Xogamos a terroríficos xogos no patio cuberto:






Participamos nun obradoiro de experimentos, chapas e calcamonías organizado pola ANPA:



E para rematar comimos ricas castañas e boliños preñados tamén por cortesía da ANPA:






Podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte ligazón:

SAMAGOSTÍN 2022

0 comments

COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

 Dentro do programa Coñece as túas institucións, hoxe fomos a Santiago. Primeiro visitamos o Parlamento 

y a continuación a Xunta de Galicia.

Ademais,  aproveitamos para facer unha visita  por toda a cidade subidos no tren turístico. Pasámolo fenomenal a pesar de que a última hora o tempo non nos acompañou moito.




E por si queredes ver máis fotos da excursión ...

0 comments

MARCADORES PARA A BIBLIOTECA

O outro día, cando estabamos na biblioteca, comezamos a facer os marcadores para colocar nas estanterías cando collamos un libro e así saber onde o temos que deixar cando o devolvamos. 




Así que nos puxemos cómodos e comezamos a decoralos. A consigna era que había que decoralos con algo relacionado co proxecto de sostenibilidade deste ano pero ... creo que algúns non o entenderon ben, non credes?

0 comments

1º NOVAS DE MACÍN: MOCHILA VIAXEIRA

 Lembrádesvos de Macín, a mascota da nosa biblio? Pois ben, onte mentras estabamos na biblioteca tivemos as primeiras novas sobre él. Resulta que enriba dunha mesa estaba a caixa de sexto de primaria de Macín. Quique que estaba cerca dela foi o encargado de abrila e cando o fixo ... o primeiro que atopou foi esta carta:


Na carta dicíanos que dentro da caixa estaba a Mochila Viaxeira.
 
Que ben!




Cando chegamos a clase abrímola para ver que contiña e vimos que había un libro de lectura, un de poemas, un cómic, un divulgativo, un en inglés, un para as familias e este ano a maiores por mor do novo proxecto... UN DE MANUALIDADES CON MATERIAIS DE REFUGALLO!

A ver se algún de nós se anima a facer unha e mandar unha foto ou traer a manualidade ao cole para facer unha gran exposición entre todas.

0 comments

NOVO PROXECTO: "SOSteño o mundo coas miñas mans"

 Hoxe fomos á biblioteca cos nosos compañeiros e compañeiras de quinto. Alí a coordinadora, Sonia, púxonos este video (que ainda que é para felicitar as festas serviu para darnos a coñecer o novo proxecto a nivel de centro deste ano):

E a continuación preguntounos de que críamos que ía ser o proxecto: uns dixemos que sobre a reciclaxe, outros que do medio ambiente,... ao final díxonos que que o proxecto deste ano é:

"SOSteño o mundo coas miñas mans"
Que vos parece?

0 comments

MANUALIDADES DE SAMAÍN I: FACEMOS NIÑOS DE ARAÑAS

 

Este mes estamos a traballar a temática do Samagostín que é un termo que nos "inventamos" no noso cole para agrupar a festividade do Samaín e a do Magosto.

Unha das manualidades que fixemos foi uns terroríficos "Niños de araña" para decorar os corredores do cole. 

Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade,...

0 comments

PRACTICAMOS TENIS

 Se o outro día practicábamos e aprendíamos a xogar ao balonmán co Clube Balonmán Narón, esta semana tocoulle o turno ao tenis. Grazas a Escola de Tenis "Justo al revés" de Fene, coñecimos algo máis deste deporte.

Primeiro practicamos a darlle á pelota e a continuación fixemos un pequeno partido: