24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. INVENTAMOS UN LEMA

26 outubro 2015

Imaxe do ilustrador Fran Bueno

"Biblioteca escolar, base de exploracións", e o lema elexido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

Elexiuse este lema, porque chama a traballar coa información, convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. Ofrécenos unha visión das  bibliotecas escolares como bases de exploración tanto persoal como colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de encontro consigo mesmo e cos outros.

No noso centro, para celebrar este día, o equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, organizou unha exposición de carteis con lemas inventados relacionados coa Biblioteca como Base de Exploracións.

Na nosa clase, cada un inventou un lema (a profe incluída). Escribímolos na pizarra, e sometímolos a votación: 

1.- Ler e explorar na biblioteca escolar. I

2.- A mellor aventura que podas imaxinar, na biblioteca vala atopar. I

3.- Ao ler, moitas boas aventuras vas a ter.

4.- Na biblioteca vas a explorar, os libros que atoparás.

5.- Se cada día les un libro, un incrible mundo poderás explorar.I

6.- Na biblioteca os libros explorarás, e se non o fas triste quedarás. II

7.- Á biblioteca irás e libros atopás, e con eles novos mundos explorarás.I

8.- Leo moitos libros, algúns de medo, outros de risa e todos para explorar cada día.II

9.- Se che gusta a aventura, na biblioteca busca unhas boas lecturas.I

10.- Nun país multicolor brilla a biblioteca Maciñeira baixo o sol. Xente de todo o mundo, ven de París ou de Madrid, para ler, disfrutar e coa lectura explorar.

11.- Tanto na Terra como na Lúa, disfruta dunha boa lectura. II

Como podedes observar, nesta primeira votación houbo un triple empate entre o 6, o 8 e o 11. Así que houbo que desempatar. E nunha segunda votación, con seis puntos, o lema gañador foi o de Sara Fernández:

" NA BIBLIOTECA OS LIBROS EXPLORARÁS
E SE NON O FAS TRISTE QUEDARÁS"

A continuación, coas aportacións de todos, fixemos o noso cartel para a exposición que nos quedou así de ben. Non credes?

0 comentarios: